Saltar ao contido

Carlos IV de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos IV de España

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Carlos IV Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1748 Editar o valor en Wikidata
Portici (Reino de Nápoles) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1819 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor en Wikidata
Monarca de España
5 de maio de 1808 – 6 de maio de 1808
← Fernando VIIXosé I de España →
Xefe de Estado de España
14 de decembro de 1788 – 19 de marzo de 1808 (Q111719947 Traducir)
← Carlos III de EspañaFernando VII →
Monarca de España
14 de decembro de 1788 – 19 de marzo de 1808 (Q111719947 Traducir)
← Carlos III de EspañaFernando VII →
Príncipe de Asturias
1759 – 1788
← Carlos III de EspañaFernando VII → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de España
Rei de Navarra
Rei de Galicia
Rei de Granada
Rei de León
Rei de Aragón
Rei de Castela
Rei de Xerusalén Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaría Luísa de Parma (1765–) Editar o valor en Wikidata
FillosCarlos Clemente Antonio de Padua de Borbón y Borbón, Carlota Xoaquina de Borbón, María Luisa Carlota Juliana Teresa de Borbón y Borbón, Maria Amália de Espanha, Carlos Domingo Eusebio Rafael de Borbón y Borbón, Maria Luísa, Duquesa de Lucca, Carlos Francisco de Paula de Borbón y Borbón, Felipe Francisco de Paula de Borbón y Borbón, Fernando VII, Carlos María Isidro de Borbón, Maria Isabel de Bourbon, María Teresa Felipina de Borbón y Borbón, Felipe de Borbón, Francisco de Paula de Borbón Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos III de España Editar o valor en Wikidata  e María Amalia de Saxonia Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Ludovica de Borbón y Sajonia
Maria Josefa de Espanha
Infante Felipe, Duque de Calábria
Gabriel de Borbón
Antonio Pascual de Borbón
Fernando I das Dúas Sicilias
Francisco Xavier de Espanha Editar o valor en Wikidata
ParentesFilipe V de España, avó paterno Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih,
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1725384 WikiTree: Bourbon-71 Find a Grave: 3967 Editar o valor en Wikidata

Carlos IV de Borbón, nado no Palacio Real de Portici (Reino de Nápoles) o 11 de novembro de 1748 e finado en Roma (Estados Pontificios) o 20 de xaneiro de 1819, foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 até o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando, príncipe de Asturias.

Era fillo e sucesor de Carlos III e da súa esposa María Amalia de Saxonia.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Cando naceu, seu pai era o rei das Dúas Sicilias. Foi bautizado co nome de Carlos Antonio Pascual Francisco Javier Juan Nepomuceno José Januario Serafin Diego.

No verán de 1765 foi chamado polo seu pai, sendo xa rei de España, para informalo do noivado que lle fora decidido, como Príncipe de Asturias, coa súa prima irmá a princesa María Luísa de Parma.

Acceso ao trono

[editar | editar a fonte]

Sucedeu ao seu pai, Carlos III, ao morrer este o 14 de decembro de 1788.

Accedeu ao trono cunha ampla experiencia nos asuntos de Estado, aínda que o seu reinado foi desastroso, porque se viu superado pola repercusión dos sucesos acaecidos en Francia en 1789 e tamén pola súa falta de enerxía persoal, que fixo que deixara o goberno en mans da súa esposa María Luísa de Parma e do seu valido, Manuel Godoy, de quen se dicía que era amante da raíña. Porén, hoxe en día esas afirmacións foron desmentidas por varios historiadores.[1][2]

Carlos IV, mozo.

Estes acontecementos frustraron as expectativas coas que iniciou o seu reinado. Á morte de Carlos III, o empeoramento da economía e a desorde da administración revelaban os límites do reformismo, mentres que a Revolución francesa poñóa enriba da mesa unha alternativa ao Antigo Réxime.

Pode dicirse, por tanto, que coa morte de Carlos III rematou a historia do reformismo ilustrado en España, pois o estalido case inmediato da Revolución francesa ao ano seguinte provocou unha reacción de terror que converteu o reinado do seu fillo e sucesor, Carlos IV, nun período moito máis conservador.

Ao final do reinado deste último, a invasión francesa arrastraría ao país a un ciclo de revolución e reacción que marcaría todo o século XIX, sen deixar espazo para continuar un reformismo sereno como o que desenvolvera Carlos III.[3]

Goberno do conde de Floridablanca

[editar | editar a fonte]
Retrato do Conde de Floridablanca por Pompeo Batoni.
Retrato do Conde de Aranda por Francisco Jover y Casanova.

As primeiras decisións de Carlos IV mostraron uns propósitos reformistas. Confirmou no seu posto (por consello do seu pai) como primeiro Secretario de Estado e de Despacho a Xosé Moñino e Redondo, conde de Floridablanca, un ilustrado que iniciou a súa xestión con medidas como a condonación do atraso das contribucións, a limitación do prezo do pan, a restrición da acumulación de bens das mans mortas, a supresión de vinculeiros e morgados e o impulso do desenvlvemento económico. O propio monarca tomou a iniciativa de derrogar a lei sálica imposta polo seu antecesor Filipe V, medida ratificada polas Cortes de 1789, pero que non se chegou a promulgar (esta falta da promulgación foi un dos motivos alegados polos tradicionalistas que emprenderon, á morte de Fernando VII, as Guerras carlistas).

O estalido da Revolución francesa en 1789 cambiou radicalmente a política española. Conforme ían chegando as noticias de Francia, o nerviosismo da Corona crece e acaba por pechar as Cortes que, controladas por Floridablanca, se reuniran para recoñecer ao príncipe de Asturias.

O illamento parece ser a receita para evitar a propagación das ideas revolucionarias a España. Floridablanca, ante a gravidade dos feitos deixou en suspenso os Pactos de Familia, establecieu controus na fronteira para impedir a expansión revolucionaria e efectuo unha forte presión diplomática en apoio a Lois XVI.

Tamén puxo fin aos proxectos reformistas do reinado anterior e substituínos polo conservadorismo e a represión (fundamentalmente a cargo da Inquisición, que detivo a Cabarrús, desterrou a Jovellanos e despoxou dos seus cargos a Campomanes).

Goberno do conde de Aranda

[editar | editar a fonte]

En 1792, Floridablanca foi substituído polo conde de Aranda, amigo de Voltaire e doutros revolucionarios franceses. O Rei encomendoulle a tarefa de salvarlle-la vida ao rei Lois XVI tralo fracaso da fuga de Varennes e a aceptación da Constitución francesa de 1791.

Porén, a radicalización revolucionaria a partir de 1792 e a saída do trono de Lois XVI coa proclamación da Primeira República Francesa provocou a caída do conde de Aranda e a chegada ao poder de Manuel Godoy o 15 de novembro de 1792.

Primeiro goberno de Manuel Godoy

[editar | editar a fonte]
Godoy en 1792. Retratado por Francisco Bayeu. Academia de San Fernando, Madrid.
Manuel Godoy como "Príncipe da Paz". Francisco de Goya, 1801.
Real Academia de San Fernando, Madrid.

Manuel Godoy era un garda de corps que ascendeu rapidamente na Corte grazas á amizade e confianza que lle outorgaron os reis. En poucos anos pasou de ser un fidalgo a converterse en duque de Alcudia e de Sueca, capitán xeneral e, desde finais de 1792, en «ministro universal» de Carlos IV, cun enorme poder.

De pensamento ilustrado impulsou medidas reformistas como as disposicións para favorecer a ensinanza das ciencias aplicadas, a protección das Sociedades Económicas de Amigos do País e a chamada desamortización de Godoy de bens pertencentes a hospitais, casas de misericordia e hospicios rexentados por comunidades relixiosas.

Pero a Revolución francesa condicionou a súa actuación na política española. As sías primeiras medidas encamiñáronse a salvar a vida de Lois XVI, procesado e condenado a morte. Pese aos esforzos de todas as Cortes europeas, o monarca francés foi guillotinado en xaneiro de 1793, o que xeneralizou unha guerra das potencias europeas contra a Francia revolucionaria coñecida como a guerra da Convención, na que España participou e foi derrotada pola Francia republicana, froito do desastroso abastecemento, a pésima preparación do exército e a escasa moral da tropa fronte aos enardecidos sans culottes franceses.

Un exército de 25.000 homes[Cómpre referencia] dirixido polo xeneral Ricardos entrou no Rosellón e logrou algúns éxitos (como a toma de Perpiñán). Pero a partir de 1794 as tropas españolas víronse forzadas á retirada. Os franceses, pola súa parte, ocuparon Figueres, Irún, San Sebastián, Bilbao, Vitoria e Miranda de Ebro.

Godoy subscribiu entón con Francia a Paz de Basilea, en 1795. A República francesa devolveu a España as prazas ocupadas, a cambio do territorio español da illa A Española —colonia de Santo Domingo—. En agradecemento, o rei Carlos IV concedeulle a Godoy o título de príncipe da Paz.

En 1796, concluída a fase máis radical da Revolución, Godoy asinou o Tratado de San Ildefonso, polo que España se converteu en aliada de Francia. Este cambio de postura buscaba o enfrontamento con Gran Bretaña, principal adversario da Francia revolucionaria e tradicional inimiga de España, coa que disputaba a hexemonía marítima e, concretamente, o comercio con América.

La escuadra española sufriu unha severa derrota fronte ao cabo de San Vicente en 1797, pero Cádiz e Santa Cruz de Tenerife resistiron os ataques do almirante Nelson. En América, os británicos ocuparon a illa Trinidad, e sufriron unha derrota en Porto Rico. Isto provocou a caída de Godoy, en maio de 1798.

Gobernos de Saavedra e Urquijo

[editar | editar a fonte]

Tras isto, dous ilustrados, Francisco de Saavedra e Mariano Luís de Urquijo, sucedéronse á fronte do goberno entre 1798 e 1800.

Segundo goberno de Manuel Godoy

[editar | editar a fonte]
Estatua de Carlos IV en Cidade de México.[4]
A Batalla de Trafalgar, por Turner.

A chegada ao poder de Napoleón en 1799 e a súa proclamación como emperador en 1804 alterou as relacións internacionais, e España renovou a alianza con Francia. Napoleón necesitaba, na súa loita contra os británicos, contar coa colaboración de España, sobre todo da súa escuadra. Por iso, premeu a Carlos IV para que restablecera a súa confianza en Godoy. Este asumiu de novo o poder en 1800 asinou o Convenio de Aranjuez de 1801 polo que poñía a disposición de Napoleón a escuadra española, o que implicaba de novo a guerra contra Gran Bretaña.

Godoy declarou en 1801 a guerra a Portugal, principal aliado británico no continente, antes de que o fixera Francia. Este conflito, coñecido como a guerra das Laranxas, significou a ocupación de Olivenza por España que, ademais obtivo o compromiso de Portugal de impedir o atraque de buques británicos nos seus portos.

Pero en 1805 a derrota da escuadra franco-española na batalla de Trafalgar pola armada británica modificou a situación radicalmente. Fronte á hexemonía de Gran Bretaña nos mares, Napoleón decretou o bloqueo continental, medida á que se sumou España. E en 1807 foi subscrito o Tratado de Fontainebleau que establecía a repartición de Portugal entre Francia, España e o propio Godoy, ademais de conceder o dereito de paso por España das tropas francesas encargadas da ocupación dese país.

Crise final

[editar | editar a fonte]

Con tal sucesión de guerras agravpise até o extremo a crise da facenda, e os ministros de Carlos IV mostráronse incapaces de solucionala; entre outras cousas, porque o temor á revolución lles impedía introducir as necesarias reformas, que lesionarían os intereses dos estamentos privilexiados, alterando a orde tradicional.[5]

A presenza de soldados franceses en territorio español (moitos máis dos permitidos polo tratado de Fontainebleau, e que, ademais, no canto de ir cara a Portugal ocuparan numerosas prazas) aumentou a oposición cara a Godoy, enfrontado cos sectores máis tradicionais pola súa política reformista e entreguista cara a Bonaparte.

A finais de 1807 produciuse a conxura de El Escorial, conspiración encabezada por Fernando, príncipe de Asturias, que pretendía a substitución de Godoy e o destronamento do rei. Pero, frustrado o intento, o propio Fernando, no chamado proceso de El Escorial, delatou aos seus colaboradores.

Fernando, príncipe de Asturias.

En marzo de 1808, ante a evidencia da ocupación francesa, Godoy aconsellou aos reis que, imitando á Familia Real portuguesa, abadoaran España. Pero produciuse o Motín de Aranjuez, levantamento popular (instigado, unha vez máis, polo príncipe Fernando e a súa camarilla) en contra dos reis, aproveitando a súa presenza no Palacio Real de Aranjuez. Godoy foi apresado polos amotinados. Carlos IV, ante o cariz dos acontecementos, abdicou no seu fillo Fernando, que se convertía así en Fernando VI.

Napoleón, receoso ante o cambio de monarca, e vendo o comportamento e debilidade da Famlia Real, convocou a toos os seus membros a un encontro na localidade francesa de Baiona.

Fernando VII, baixo a presión do emperador e dos seus pais, devolveu a Coroa a Carlos IV o día 6 de maio, sen saber que a véspera Carlos IV pactara a cesión dos seus dereitos en favor de Napoleón quen, finalmente, designou como novo rei de España ao seu irmán Xosé.

Carlos permaneceu prisioneiro de Napoleón, residindo en Marsella, até a derrota final do emperador en 1814. Nese mesmo ano Fernando VII foi reposto no trono español pola Xunta Central. Pero Fenando mantivo ao seu pai desterrado por temor a que lle disputara o poder. Carlos e a súa esposa continuaron o exilio na Corte papal, residindo no palazzo Borghese.[5]

Carlos IV morreu en Roma o 20 de xaneiro de 1819, poucos días despois de que falecera a súa esposa María Luísa. Posteriormente os restos mortais da parella foron trasladados á Cripta Real do mosteiro do Escorial.

Un dos violíns do Quinteto palatino.

Carlos interesouse desde a súa xuventude pola arte.

Violinista afeccionado, en 1775 comprou para a Corte o quinteto de instrumentos Stradivarius conservado no Palacio Real de Madrid (os chamados Stradivarius Palatinos) rodeándose dun grupo de notábeis músicos dirixido polo violinista e compositor Gaetano Brunetti.

Tamén se interesou pola pintura, encargando obras a Luis Meléndez, Claude Joseph Vernet e Luis Paret, e nomeando a Francisco de Goya pintor de cámara en 1789.

Matrimonio e fillos

[editar | editar a fonte]

Carlos IV contraeu matrimonio en 1765 coa súa prima María Luísa de Borbón-Parma (era filla de Filipe I, duque de Parma, fillo de Filipe V).

Tiveron 14 fillos das vinte e catro veces que María Luísa estivo embarazada, pero só sete chegaron á idade adulta:

A Familia de Carlos IV, por Francisco de Goya
Museo do Prado (Madrid).
O infante Francisco de Paula, fillo máis pequeno de Carlos IV. Retrato por Vicente López.

Xenealoxía

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Lois XIV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Delfín Lois de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Tareixa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
4. Filipe V de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Fernando María de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
9. María Ana de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Henriqueta Adelaida de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos III de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Renato II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
10. Eduardo II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Isabel de Este
 
 
 
 
 
 
 
5. Isabel de Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Filipe Guillerme I, elector palatino
 
 
 
 
 
 
 
11. Dorotea Sofía de Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel Amalia de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
1. Carlos IV de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Xoán Xurxo III de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
12. Augusto II de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ana Sofía de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
6. Augusto III de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Cristián Ernesto, nargrave de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
13. Cristiana Eberardina de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Sofía Luísa de Württemberg
 
 
 
 
 
 
 
3. María Amalia de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Leopoldo I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
14. Xosé I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Leonor Magdalena do Palatinado-Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
7. María Xosefa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xoán Federico, duque de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
15. Guillermina Amalia de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Benedita Henriqueta de Simmern
 
 
 
 
 
 

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Parra (2002).
  2. Rúspoli (2004).
  3. Biografias y Vidas. "Carlos III de España". Consultado o 24 de xuño de 2004. 
  4. Coñecida popularmente como El Caballito
  5. 5,0 5,1 Biografías y Vidas. "Carlos IV de España". Consultado o 24 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Libros de historia

[editar | editar a fonte]
  • Anes, Gonzalo (1975): El Antiguo Régimen: los Borbones. Historia de España Alfaguara. IV. Madrid: Alienza Editorial / Alfaguara. ISBN 978-84-206-2044-0.
  • Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara. V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara. ISBN 978-84-2062-046-7.
  • Lynch, John (1999): La España del siglo XVIII. 2ª ed. Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-74-23-961-3.
  • Parra López, E. La (2002): Manuel Godoy: la aventura del poder. Barcelona: Tusquets. ISBN 978-84-8310-405-7.Crítica en "El Cultural" do diario El Mundo (España), 03/10/2002.
  • Rúspoli, E. (2004): Godoy: La lealtad de un gobernante ilustrado. ISBN 978-84-8460-387-0. Barcelona: Temas de Hoy (Grupo Planeta). Crítica[Ligazón morta] en Forum Libertas.com

Novelas históricas

[editar | editar a fonte]
  • Pérez Galdós, Benito (1983): Trafalgar. Episodios Nacionales, 1ª Serie, nº 1. Madrid: Alianza Editorial / Librería y Casa Editorial Hernando. ISBN 978-84-206-5001-3.
  • Pérez Galdós, Benito (1983): La Corte de Carlos IV. Episodios Nacionales, 1ª Serie, nº 2. Madrid: Alianza Editorial / Librería y Casa Editorial Hernando. ISBN 978-84-206-5002-1.
  • Pérez Galdós, Benito (1983): El 19 de Marzo y el 2 de Mayo. Episodios Nacionales, 1ª Serie, nº 3. Madrid: Alianza Editorial / Librería y Casa Editorial Hernando. ISBN 978-84-2065-003-X.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Rei Carlos VII das Dúas Sicilias (Futuro Carlos III de España)

Príncipe de Asturias
1760-1788

Sucesor:
Fernando de Borbón
e de Borbón-Parma
Predecesor:
Carlos III

Rei de España

1788-1808
Sucesor:
Fernando VII