Antía Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 1982 (42 anos) A Estrada, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, actriz, editora |
Familia | |
Cónxuxe | Martiño Noriega |
Antía Otero Rodríguez, nada na Estrada o 14 de setembro de 1982, é unha poeta e actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Historia da Arte na especialidade de arte contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Práctica Escénica e Cultura Visual de Arte-a, Raíña Sofía e Universidade de Alcalá e máster en Historia e Estética do Cinema pola Universidade de Valladolid. Formada na Escola de teatro e danza Espazoaberto,[1] na Escola de Teatro e Danza Espacio Aberto da man de Carlos Neira; na técnica vocal por Cristina Domínguez e Nuria Gullón; na Historia do Teatro con Deborah Pérez; en Claqué e Body Percusión por Rubén Sánchez; en cabaret e espectáculo por Ángel Burgos.[2]
A súa traxectoria é interdisciplinar, pois vén conxugando a escrita coa arte e a interpretación, entendida a maior parte das veces dende a investigación da imaxe, a palabra e a práctica escénica.
Dende 2003 formou parte do Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Impartiu o obradoiro de nova creación O ollo da arte en NORMAL (A Coruña). Deu recitais e sesións poéticas en moitos centros de ensino e bibliotecas. Creou con Isaac Garabatos o traballo de perfopoesía (Retro)Visor [3] con Antonio Rodríguez forma parte do colectivo Derodríguez.[4] Valéndose dun exercicio de metateatro e metacine e do espazo -TRANS- que ambas disciplinas deixan entre elas, creou con Carlos Neira Operatorio en 2011.[5]
Dende 2014 codirixe Apiario Editora xunto con Dores Tembrás[6] .
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É parella de Martiño Noriega, con quen ten unha filla e un fillo.[7]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- O son da xordeira (2003). Espiral Maior. 70 páxs. ISBN 84-95625-72-5. Prólogo de Marica Campo.[8]
- (Retro)visor (2010). Xerais. 72 páxs. ISBN 978-8499140858.[9]
- O cuarto das abellas (2016). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-8491211280.[10]
- Barroco (2022). Apiario. 68 páxs. ISBN 9788412453027.[11][12]
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O branco non pinta! (2017). Apiario. 32 páxs. ISBN 978-8494321085.[13]
Outros
[editar | editar a fonte]Rolos: Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa: [exposición] (2005). Dirección Xeral de Promoción Cultural. 32 páxs. ISBN 978-8494321085.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Xerais.
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- As que rubimos montañas, 2012, Meubook/Implicadas.
- Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas, 2014, Apiario.[14]
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañou VII Certame Francisco Añón co poemario De porta un Horizonte en 2003.[15]
- Premio á mellor obra poética da II Gala do Libro Galego no 2017, por O cuarto das abellas.
- Premios VIII Gala do Libro Galego en 2023 a Barroco nas categorías de Mellor libro de poesía e Mellor libro editado.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Fábula. A Terra Meiga (Alén da maxia). 2003. Curtametraxe dirixida por Tomás Piard. Intérprete.[16]
- MM con M de Metáfora. 2007. Documental sobre Maruxa Mallo. Dirección.[17]
- Historia da arte. 2007. Curtametraxe dirixida por Javier Batanero. Intérprete.[18]
- Os Atlánticos. 2008. Serie de TV para TVG. Intérprete: Silvia.[19]
- Reliquias. 2009. Longametraxe para TV dirixida por Toño López. Intérprete.[20]
- 24. 2010. Curtametraxe dirixida por Senem Outeiro. Intérprete.[21]
- Ínsula. 2011. Curtametraxe dirixida por Senem Outeiro. Intérprete.[22]
- Tamén colaborou no Luar da TVG en 2008; en O país dos ananos, TVG, 2008; en Criaturas, TVG, 2008-2010.[23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ asescollaselectivas (2013-02-16). "Antía Otero". As Escollas Electivas. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Antía Otero. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "(retro)visor". (retro)visor. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ Coruña, Ayuntamiento de A. Coruña / Concello da. "Poetas di(n) versos : SERGEJ TIMOFEJEV y ANTÍA OTERO". Ágora (en castelán). Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Creación. Antía Otero". www.antiaotero.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Quen somos - Apiario". apiario.eu. Consultado o 2019-04-08.
- ↑ "Martiño Noriega, padre por segunda vez de un varón que se llama Airas". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xuño de 2018.
- ↑ "O son da xordeira.Espiral Maior. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «(Retro)visor», de Antía Otero. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 24 de abril de 2020.
- ↑ Nicolás, Ramón (2016-12-05). "O cuarto das abellas, de Antía Otero". Caderno da crítica. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ Xmeyre, ~ (2023-03-07). "a propósito de BARROCO, de Antía Otero". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2023. Consultado o 2023-04-13.
- ↑ Porto, Lorena (abril, maio, xuño 2023). "Galicia no cadro". Grial LXI (238): 83–84. ISSN 0017-4181.
- ↑ "O branco non pinta! - Apiario". apiario.eu. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas"
- ↑ "Ficha de Antía Otero". www.xerais.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Fábula. A Terra Meiga (Alé da maxia). AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "MM con M de Metáfora. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Historia del arte. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Os Atlánticos. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Reliquias. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "24. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Ínsula. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Antía Otero". IMDb. Consultado o 2019-01-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antía Otero |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Montse Dopico (3 de xuño de 2017). "Antía Otero: “Reivindico a emoción, unha das poucas cousas que aínda non puideron negarnos”". Praza Pública.
- Encontros coa poesía: Antía Otero
- Páxina web de Antía Otero Arquivado 04 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- Blog da autora Arquivado 22 de maio de 2018 en Wayback Machine.