Elvira Ribeiro Tobío
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1971 (53 anos) Cerponzóns, España |
Formación profesional | Filoloxía galego-portuguesa e maxisterio |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Xénero artístico | Poesía, ensaio e narrativa |
Premios | |
Elvira Ribeiro Tobío, nada en Cerponzóns (Pontevedra) o 5 de maio de 1971, é unha poeta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no lugar do Cunchido, na pontevedresa parroquia de Cerponzóns, aínda que pasou case toda a súa infancia e mocidade na casa familiar do lugar de Guxilde, na freguesía de Alba, tamén pertencente ao municipio de Pontevedra. Criada nunha familia de extracción humilde, é diplomada en Maxisterio pola Universidade de Vigo e licenciada en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi, ademais, bolseira do Instituto Camões na Universidade Nova de Lisboa e, a seguir, bolseira na Universidade de Coímbra. En 1999 fórmase en olería e cerámica da man da ceramista Berta Pazos, o que a leva a dedicarse en parte a esta arte. Ten traballado fundamentalmente como docente de lingua, cultura e literatura galegas no ensino medio e na Universidade de Vigo, así como na formación de persoas adultas. Dedícase igualmente á tradución e á elaboración de materiais didácticos, alén de impartir obradoiros de creación literaria[1] e animación á lectura[2]. O seu labor no ámbito da literatura levouna ás universidades de Tübingen e Heidelberg (Alemaña), á Universidade de Zadar (Croacia), ou á Universitat de les Illes Balears[3]. Tras unha etapa de tres anos na Corga de Arriba (Cequeril, Cuntis), desde o ano 2012 reside en Vigo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comeza a difundir a súa obra poética a través de publicacións colectivas e por Internet a partir dos primeiros anos do século XXI. En 2005 publica en papel dous libros da súa autoría: Andar ao leu (Colección Tambo da Deputación de Pontevedra, a cargo de Luís Rei Núñez) e Arxilosa (Colección Hipocampo Amigo da editorial Litoral das Rías, ao coidado do histórico editor Sabino Torres). Nesta última obra inclúense os poemas que foran premiados en 2003 no certame Rosalía de Castro da asociación homónima de Cornellà (Barcelona). En 2004 recibe un accésit no Premio Faustino Rey Romero de Isorna (Rianxo) por 12 estampas sobre a cidade e o desexo, que sairá publicado algún tempo despois nun volume que recolle as obras galardoadas neste certame. Finalista do Premio Merlín de literatura infantil en 2007 por pAlAbrAs brAncAs, este conxunto de versos monovocálicos recibe o premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores á mellor edición infanto-xuvenil do ano 2008[4]. No 2009 recolle o premio Victoriano Taibo de poesía convocado pola entidade menor de Morgadáns e o Concello de Gondomar. A obra galardoada é, Biografía da Multitude,[5] escrita a dúas mans en colaboración coa poeta viguesa Silvia Penas e que edita o Instituto de Estudos Miñoranos ese mesmo ano. No ano 2010 sae no número 186 da revista Grial o micro-poemario Siberia, mon amour, oito textos arredor do exilio e o regreso. En 2011 gaña a sexta edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas co poemario carnia haikai[6], onde indaga na forma oriental do haicu. Corpos transitivos[7][8] é o seu seguinte libro, galardoado nesta ocasión co Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada en 2013 e que sae á luz no mesmo ano en Edicións Fervenza. En 2014 publica o álbum ilustrado As redes de Inés, que é escollido polos/as lectores/as de Fervenzas literarias entre os mellores libros de literatura infantil do ano. En 2015 acadou o IV Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro do Concello de Mondoñedo con Playlist para unha retirada[9].
Interesada na poesía experimental, colaborou co portal culturagalega cunha sección denominada Inventario Indócil. En 2010 entra en contacto coa dj alemá Carina Posse, coa que colabora en diversos proxectos nos que a música e a videocreación cobran importancia a par dos textos poéticos. Froito desta colaboración, participa no espectáculo Tristecentos versos (con Silvia Penas, Xabier Xil Xardón e Carina Posse). Con esta última fai incursións na videopoesía (A máis fermosa do país, 2011, coa participación de Sara Ribeiro) e a performance (Poetic Dj, 2012; o canastro que fala, 2013 e Balada do peep-show[10], 2013). O seu último proxecto, mar de mazá (que pode seguirse en Facebook), é un álbum ilustrado que combina texto da súa autoría, debuxo (Begoña G. Arce) e música (Corecass e Carina Posse).
Algúns dos seus poemas foron traducidos ao inglés[11], ao alemán[12] e ao croata[13]; así mesmo, conta con numerosos poemas traducidos ao castelán en diversas antoloxías[14][15][16][17]. Ademais, ten algún texto musicado, coma a "Balada do peep-show"[18], poema que se converteu nun dos temas máis coñecidos do grupo Fanny + Alexander baixo o título de "Danzarei para ti"[19] e pertencente ao seu álbum Finais dos 70s, comezos dos 80s (2007). Deste mesmo tema fixo un remix Projecto Mourente.
Pertence á AELG e adoita participar en recitais[20][21] e festivais poéticos[22], especialmente dentro do territorio galego[23][24].
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Andar ao leu (Colección Tambo, Deputación de Pontevedra, 2005).
- Arxilosa (Colección Hipocampo Amigo, Litoral das Rías, 2005).
- 12 estampas sobre a cidade e o desexo (en Premio Faustino Rey Romero. 10 anos de poesía, Concello de Rianxo, 2008)
- Biografía da Multitude (IEM, 2009, escrito xunto con Silvia Penas)
- Siberia, mon amour (en Grial nº 186, 2010)
- carnia haikai (A. C. Caldeirón, 2012).
- corpos transitivos (Edicións Fervenza, 2013).
- playlist para unha retirada (pendente de publicación).
- Welcome to Sing Sing (Barbantesa, 2017).[25]
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- pAlAbrAs brAncAs (2008). Xerais. Con ilustracións de Fino Lorenzo. 80 páxs. ISBN 978-84-9782-727-0.
- As redes de Inés (2014). Xerais, Col. Merliño. Con ilustracións de Fino Lorenzo. 40 páxs. ISBN 978-84-9914-633-1.
- Ola! Son un bicho bóla!! (2019). Con ilustracións de Noelia González Caamaño. Apiario. 28 páxs. ISBN 978-84-947389-4-4.
- Mar de mazá (2020). Galaxia. Ilustracións de Begoña G. Arce. 36 páxs. ISBN 978-84-9151-560-9.
- Lagarta, Lagarta! (2022). Galaxia. 40 páxs. ISBN 978-84-9151-908-9.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Descubrir Pontevedra (Edicións do Cumio, 2008).
- Mulleres bravas da nosa historia. Maruja Mallo (Urco, 2017).
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Selección de relatos publicados na páxina da AELG
Antoloxías
[editar | editar a fonte]- Das sonorosas cordas (Eneida, Madrid, 2005)
- Pontevedra literaria. Antoloxía de textos en homenaxe á Boa Vila (Concello de Pontevedra/Fundación CaixaGalicia, 2009)
- Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010)
- Veinte puntos de fuga (El perro y la rana, Caracas, 2011)
- Poetízate (Xerais, 2011)
- Novas de poesía. 17 poetas (Fundación Uxío Novoneyra, 2013)
- 10 anos na porta (antoloxía d'A Porta Verde do Sétimo Andar, 2015)
Traducións
[editar | editar a fonte]- Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo (Galaxia, 2009).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Relatos de verán 2001 (Ir Indo, 2001)
- Relatos de verán 2002 (Ir Indo, 2002)
- Sempre Mar. Cultura contra a Burla Negra, (2003)
- Poetas na rúa 2003 (Concello de Poio, 2003)
- Os gozos e as sombras. 10+10 novas visións (Deputación de Pontevedra, 2005)
- Poética da casa (Xunta de Galicia, 2006)
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006)
- Homenaxe dos poetas galegos a Federixo García Lorca contra a súa morte (Pen Clube de Galicia/Foro pola Memoria Republicana de Galicia, 2006)
- Os Dias Da Criação (Incomunidade, 2006)
- Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario (Xerais, 2007)
- A porta verde do sétimo andar (A porta verde do sétimo andar, 2007)
- Traslatio literaria e xacobea (Imagine Eds, 2007)
- Poetas na rúa 2007 (Concello de Poio, 2007)
- Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008)
- Premio Faustino Rei Romero. 10 anos de poesía (Concello de Rianxo, 2008)
- O segredo da lanterna verde (Xunta de Galicia, 2009). Con Mar Guerra, Antón Fortes Torres e Xelís de Toro
- Poetas con Rosalía V (Fundación Rosalía de Castro, 2010)
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011)
- Dairas (IES Manuel García Barros, A Estrada, 2011)
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón, 2013)
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega, 2015)
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015)
- Dez anos na Porta (A porta verde do sétimo andar, 2015)
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (Fervenza, 2016).
Vídeocreación
[editar | editar a fonte]- A máis fermosa do país, 2011. En colaboración coa dj Carina Posse e Sara Ribeiro.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) en 2003, por Arxilosa.
- Accésit no Premio Faustino Rey Romero (Rianxo) en 2004, por 12 estampas sobre a cidade e o desexo.
- Finalista do Premio Merlín en 2007, por pAlAbrAs brAncAs.
- Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil en 2008, por pAlAbrAs brAncAs.
- Premio de poesía Victoriano Taibo en 2009, por Biografía da Multitude, escrito con Silvia Penas.
- Certame de poesía erótica Illas Sisargas en 2011, por carnia haikai.
- Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada en 2013, por corpos transitivos.
- Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro do Concello de Mondoñedo en 2015, por playlist para unha retirada.
- 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego[26] por Mar de mazá.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Obradoiro de poesía visual con Elvira Ribeiro".
- ↑ ""Palabras brancas" no club de lectura Lendo Contigo".
- ↑ "Congrés internacional La poesia en la contemporaneïtat".
- ↑ "Noite da edición 2008". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015.
- ↑ "Biografía da multitude". culturagalega.gal. Consultado o 30/05/2018.
- ↑ «Carnia Haikai» faise co certame Illas Sisargas
- ↑ "Elvira Riveiro gaña o Avelina Valladares".
- ↑ "Elvira Ribeiro escribe contra a esperanza en "Corpos transitivos", o poemario co que gañou o Avelina Valladares".
- ↑ ""Playlist para unha retirada" na web do concello de Mondoñedo". Consultado o 19/11/2015.
- ↑ "Balada do peep-show no Festival Pontepoética".
- ↑ "Poemas de "carnia haikai" traducidos ao inglés".
- ↑ "pel ou asfalto - haut oder asphalt".
- ↑ "poema traducido ao croata".
- ↑ "Das sonorosas cordas". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015.
- ↑ "Erato bajo la piel del deseo".
- ↑ "Veinte puntos de fuga".
- ↑ "Novas de poesía. 17 poetas". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015.
- ↑ "Elvira Ribeiro e Fanny + Alexander".
- ↑ ""Danzarei para ti" de Fanny + Alexander".
- ↑ "Elvira Ribeiro no Picaversos". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015.
- ↑ "Picaversos - a perda".
- ↑ "Elvira Ribeiro no cartel do Festival Pontepoética". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015.
- ↑ "XXVII Festival da Poesía no Condado". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015.
- ↑ "Elvira Ribeiro recita no XXI Festival da Poesía no Condado". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015.
- ↑ Ribeiro, Elvira (14 de febreiro de 2020). "O desexo é realmente o que nos move. Se algo somos quen de facer, é por sermos suxeitos desexantes". Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Elvira Ribeiro Tobío na Biblioteca Virtual Galega.
- Ficha da autora en Xerais
- Perfil en As escollas electivas
- Elvira Ribeiro responde ao Cuestionario Proust de Ramón Nicolás
- XXIV Festival de Poesía no Condado, con textos de Elvira Ribeiro
- Elvira Ribeiro no blog de Antonio García Teijeiro 27/4/2014.
- Merja Virolainen e Elvira Ribeiro no ciclo Poetas Di(n)versos da Coruña (en castelán).
- Recitado para o Diario Cultural da Radio Galega 7/5/2013.