Derbi entre Celta e Deportivo
O derbi entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña é o enfrontamento deportivo entre os dous principais clubs de fútbol galegos, o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña. Téñense enfrontado en máis de 200 ocasións, ao longo dun século dunha rivalidade que naceu no mesmo ano da fundación do Celta, 1923.[1] Os dous primeiros enfrontamentos producíronse na tempada 1924/25 do Campionato de Galicia, gañando o primeiro deles o Deportivo por 3-0, no antigo campo de Riazor, idéntico resultado ao obtido no partido de volta no campo de Coia, desta vez con vitoria céltica. Dende entón sucedéronse os encontros entre os dous equipos en diferentes categorías e campionatos, a maioría deles en Primeira e Segunda División, pero tamén en Segunda B, Copa do Rei e outras competicións, incluídos partidos amigables como os disputados no Trofeo Cidade de Vigo ou o Teresa Herrera.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]Tradicional e historicamente chamado o derbi galego[2][3][4][5][6][7] —nome que tamén se emprega para describir outros enfrontamentos entre clubs deportivos galegos—,[8][9][10][11] o apelativo o noso derbi foi publicitado nos medios desde o ano 2011.[12][13][14][15][16]
Historia
[editar | editar a fonte]Inicialmente a rivalidade do Deportivo da Coruña a partir da súa fundación en 1906 era principalmente co outro conxunto da cidade, o Real Club Coruña. Cando este desapareceu en 1919, comezou rivalidade cos dous equipos de Vigo, o Fortuna e o Vigo Sporting. O primeiro enfrontamento entre coruñeses e vigueses do que se ten testemuño data de agosto de 1907, nun partido correspondente ao Campionato de Galicia e Asturias no que o Fortuna venceu ao Deportivo por 7 goles a 1, con xogadores como Grffin, Lende, Pancho Estévez e Hambly por parte do Fortuna, e Rincón, Deus, Long e Fojón por parte do Deportivo.[17][18][19] A primeira filmación dun partido de fútbol en España fora un encontro entre o Deportivo e o Vigo Foot-ball Club, antecesor do Vigo Sporting en 1911.[20]
A actual rivalidade entre celestes e branquiazuis ten a súa orixe en 1923, ano da fundación do Celta de Vigo. En agosto dese ano produciuse a fusión dos dous equipos de fútbol máis importantes de Vigo da época, o Fortuna e o Sporting, nacendo desa unión o actual Celta. Esta fusión non lles gustou a tres xogadores de ambos os equipos vigueses, Ramón González, Chiarroni e o medallista olímpico Luis Otero, polo que decidiron abandonar a entidade para fichar polo Deportivo.[21] Este feito foi considerado unha ofensa para o club vigués e foi un dos detonantes da histórica rivalidade co equipo coruñés.[22] As posteriores protestas do Celta, que acusaron o Deportivo de ter subornado aos xogadores vigueses, levaron a Federación Galega a inhabilitar os tres futbolistas tránsfugas, acusándoos de profesionalismo, mentres que o Deportivo foi descualificado do Campionato de Galicia 1923/24.[21] Porén, o Deportivo recorreu ante a Real Federación Española de Fútbol, a cal se pronunciou en favor dos herculinos e anulou a sanción contra o club por entender que non existira suborno, instando á FGF a que readmitise o Deportivo no campionato, aínda que si mantivo a sanción sobre os tres xogadores por existir duplicidade de fichas.[23][24] A FGF enviou un escrito de protesta á RFEF, mais esta reafirmouse na súa decisión,[25] polo que a FGF convocou unha asemblea extraordinaria[26] na que acordou por maioría acepta-lo veredicto da RFEF.[27]
Pouco despois xurdiu outra polémica parecida con Isidro, porteiro do Celta que solicitou a baixa do club nas vésperas do Campionato de Galicia 1924/25 e mudou o seu domicilio á Coruña, aínda que non puido fichar por outro equipo durante esa tempada xa que o Celta non o autorizou. No inicio da seguinte tempada (1925/26) tentou fichar polo Deportivo da Coruña, mais o Celta declarouno en “rebeldía” e a Federación Galega de Fútbol denegou a fichaxe.[28][29] Porén, a Real Federación Española de Fútbol acordou en decembro de 1925 que a ficha de Isidro fose traspasada ao Deportivo.[30]
Os dous primeiros derbis foron disputados no Campionato de Galicia 1924/25. O primeiro xogouse o 9 de novembro de 1924 no antigo campo de Riazor[31] baixo unha intensa choiva. O deportivista Leonardo anotou de penalti o primeiro gol no minuto 55, mentres que Emilio Pereiro marcou o segundo e o terceiro gol, deixando o marcador nun 3-0, nun mal partido do porteiro celeste Rubido.[32][22] No partido de volta no campo de Coia, foi o Celta quen venceu por 3-0, con goles de Balbino de penalti, Gerardito e Chicha, producíndose ademais as expulsións de Polo no Celta e Otero no Deportivo.[33]
O Celta foi o dominador dos derbis durante os primeiros anos, principalmente no Campo de Coia, no que o club celeste xogou ata decembro de 1928 e onde o Deportivo nunca foi capaz de gañar. Nese campo e ese ano produciuse tamén a maior goleada nun derbi, na polémica vitoria por 13-0 do Celta. Foi o 2 de decembro, na penúltima xornada da tempada 1928/29 do Campionato de Galicia. O Deportivo chegara a Vigo pensando máis na decisiva seguinte xornada, onde xogarían o título fronte ao Racing de Ferrol no Inferniño, polo que tras ir perdendo 3-0 no descanso e con varios xogadores lesionados,[34] o club coruñés saíu ao campo na segunda parte con só sete xogadores (e sen o porteiro Isidro),[35] para xogar no treito final con só cinco, mentres o Celta incrementaba o marcador ata os 13 goles, cinco deles de Polo.[36] Tralo encontro, algúns xornais cualificaron de farsa a actitude do Deportivo,[37] mentres que outros xornais criticaron o xogo violento do Celta.[38][39][40][41]
Apenas 5 anos despois da fundación do Celta, creáronse os campionatos nacionais de Liga que se disputan na actualidade e que comprenden a totalidade dos clubs de España. O Celta e o Deportivo quedaron encadrados na Segunda División.[42] O primeiro enfrontamento en Segunda foi ese mesmo ano, con vitoria deportivista por 4-2.[43] Durante eses anos disputáronse ademais numerosos amigables entre os dous equipos, chegando a xogarse ata catro nun só ano, como en 1929.[44]
Na campaña 1941/42, tempada do debut do Deportivo na máxima categoría, producíronse os dous primeiros encontros en Primeira División entre ambos os clubs, 2-1 a favor dos vigueses en Balaídos (con dous goles de Agustín por parte celeste e un gol de Chacho por parte branquiazul) e 4-0 a favor dos coruñeses en Riazor (dous goles de Guimeráns e dous de Chao).
O 8 de decembro de 1977 os dous equipos saíron ao campo de Riazor coa bandeira galega como símbolo a prol da autonomía.[45] A rivalidade continuou nas décadas posteriores, tanto en Primeira como en Segunda, sendo cada vez os encontros entre os dous equipos máis competidos e disputados. Durante eses anos eran habituais os recibimentos hostís e os disturbios nas entradas de Vigo e A Coruña, con lanzamentos de botellas ou pedras aos autobuses dos xogadores e outros incidentes extradeportivos.[46] A finais da década de 1990 e comezos do século XXI vivíronse algúns dos derbis máis lembrados entre ambas as entidades. Nas tempadas que abarcaron ese período (1997-2004) Celta e Deportivo contaban cos cadros de xogadores máis potentes das súas respectivas historias e atopábanse asentados nas posicións altas da táboa, sendo ademais habituais as súas presenzas nas competicións europeas.
O 15 de abril de 2003 disputouse un partido amigábel solidario no Estadio Santiago Bernabéu que enfrontou o Real Madrid contra un combinado unificado de xogadores do Celta e do Deportivo. A finalidade deste partido era recadar fondos para os damnificados do naufraxio do Prestige. Celebrouse baixo o lema Xuntos por Galicia e o equipo formado por olívicos e herculinos, que vestía de cor verde, formou cos seguintes xogadores: Molina, Manuel Pablo, Cáceres, César, Juanfran, Mauro Silva, Ángel, Mostovoi, Fran, Benni McCarthy e Diego Tristán. No partido tamén participaron Luque, Pinto, Coira, Donato, Berizzo, Romero, Giovanella, Scaloni, Víctor, Gustavo López e Catanha. O partido finalizou con vitoria branca por 3 goles a 0.[47]
Encontros oficiais
[editar | editar a fonte]Liga
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1929 | Segunda División | 10-03-1929 | Deportivo | Celta | |||
26-05-1929 | Celta | Deportivo | |||||
1931–32 | Segunda División | 03-01-1932 | Celta | Deportivo | |||
06-03-1932 | Deportivo | Celta | – | ||||
1932–33 | Segunda División | 15-01-1933 | Deportivo | Celta | |||
19-03-1933 | Celta | Deportivo | |||||
1933–34 | Segunda División | 03-12-1933 | Celta | Deportivo | |||
04-02-1934 | Deportivo | Celta | |||||
1934–35 | Segunda División | 16-12-1934 | Celta | Deportivo | |||
03-02-1935 | Deportivo | Celta | |||||
1935–36 | Segunda División | 08-12-1935 | Deportivo | Celta | |||
26-01-1936 | Celta | Deportivo | – | ||||
1939–40 | Promoción | 15-05-1940 | Celta[nota 1] | Deportivo | – | ||
1941–42 | Primeira División | 19-10-1941 | Celta | Deportivo | |||
25-01-1942 | Deportivo | Celta | – | ||||
1942–43 | Primeira División | 15-11-1942 | Celta | Deportivo | – | ||
28-02-1943 | Deportivo | Celta | |||||
1943–44 | Primeira División | 12-12-1943 | Celta | Deportivo | – | – | |
26-03-1944 | Deportivo | Celta | |||||
1946–47 | Primeira División | 08-12-1946 | Deportivo | Celta | |||
06-04-1947 | Celta | Deportivo | |||||
1948–49 | Primeira División | 28-11-1948 | Celta | Deportivo | |||
10-04-1949 | Deportivo | Celta | |||||
1949–50 | Primeira División | 13-11-1949 | Deportivo | Celta | |||
12-03-1950 | Celta | Deportivo | |||||
1950–51 | Primeira División | 24-09-1950 | Deportivo | Celta | |||
14-01-1951 | Celta | Deportivo | |||||
1951–52 | Primeira División | 09-12-1951 | Deportivo | Celta | – | ||
06-04-1952 | Celta | Deportivo | |||||
1952–53 | Primeira División | 12-10-1952 | Celta | Deportivo | – | ||
15-02-1953 | Deportivo | Celta | |||||
Promoción | 07-06-1953 | Deportivo | Celta | ||||
12-07-1953 | Celta | Deportivo | |||||
1953–54 | Primeira División | 27-09-1953 | Celta | Deportivo | |||
24-01-1954 | Deportivo | Celta | – | – | |||
1954–55 | Primeira División | 10-10-1954 | Deportivo | Celta | |||
23-01-1955 | Celta | Deportivo | – | ||||
1955–56 | Primeira División | 13-11-1955 | Celta | Deportivo | |||
18-03-1956 | Deportivo | Celta | – | ||||
1956–57 | Primeira División | 11-11-1956 | Deportivo | Celta | – | ||
03-03-1957 | Celta | Deportivo | |||||
1959–60 | Segunda División | 25-10-1959 | Deportivo | Celta | |||
14-02-1960 | Celta | Deportivo | – | ||||
1960–61 | Segunda División | 09-10-1960 | Deportivo | Celta | – | ||
05-02-1961 | Celta | Deportivo | – | ||||
1961–62 | Segunda División | 24-09-1961 | Celta | Deportivo | |||
14-01-1962 | Deportivo | Celta | – | ||||
1963–64 | Segunda División | 22-12-1963 | Celta | Deportivo | – | ||
12-04-1964 | Deportivo | Celta | |||||
1965–66 | Segunda División | 21-11-1965 | Celta | Deportivo | – | – | |
27-02-1966 | Deportivo | Celta | – | – | |||
1967–68 | Segunda División | 29-10-1967 | Deportivo | Celta | – | ||
18-02-1968 | Celta | Deportivo | |||||
1969–70 | Primeira División | 07-12-1969 | Celta | Deportivo | |||
05-04-1970 | Deportivo | Celta | – | ||||
1971–72 | Primeira División | 14-11-1970 | Deportivo | Celta | – | ||
19-03-1972 | Celta | Deportivo | |||||
1972–73 | Primeira División | 03-12-1972 | Deportivo | Celta | – | ||
22-04-1973 | Celta | Deportivo | – | ||||
1975–76 | Segunda División | 23-11-1975 | Deportivo | Celta | – | ||
04-04-1976 | Celta | Deportivo | |||||
1977–78 | Segunda División | 08-12-1977 | Deportivo | Celta | |||
23-04-1978 | Celta | Deportivo | – | ||||
1979–80 | Segunda División | 02-12-1979 | Celta | Deportivo | – | ||
27-04-1980 | Deportivo | Celta | |||||
1980–81 | Segunda División B | 26-10-1980 | Celta | Deportivo | – | ||
08-03-1981 | Deportivo | Celta | |||||
1981–82 | Segunda División | 25-10-1981 | Deportivo | Celta | |||
28-02-1982 | Celta | Deportivo | – | ||||
1983–84 | Segunda División | 04-12-1983 | Celta | Deportivo | – | – | |
22-04-1984 | Deportivo | Celta | |||||
1984–85 | Segunda División | 11-11-1984 | Deportivo | Celta | |||
24-03-1985 | Celta | Deportivo | – | ||||
1986–87 | Segunda División | 23-11-1986 | Deportivo | Celta | – | ||
22-03-1987 | Celta | Deportivo | – | ||||
03-05-1987 | Celta | Deportivo | – | ||||
06-06-1987 | Deportivo | Celta | – | ||||
1990–91 | Segunda División | 09-12-1990 | Deportivo | Celta | – | ||
04-05-1991 | Celta | Deportivo | – | – | |||
1992–93 | Primeira División | 06-09-1992 | Deportivo | Celta | – | ||
31-01-1993 | Celta | Deportivo | – | – | |||
1993–94 | Primeira División | 05-09-1993 | Deportivo | Celta | – | – | |
23-01-1994 | Celta | Deportivo | – | – | |||
1994–95 | Primeira División | 21-12-1994 | Deportivo | Celta | |||
21-05-1995 | Celta | Deportivo | – | ||||
1995–96 | Primeira División | 11-11-1995 | Celta | Deportivo | – | – | |
27-03-1996 | Deportivo | Celta | |||||
1996–97 | Primeira División | 08-09-1996 | Celta | Deportivo | |||
09-02-1997 | Deportivo | Celta | |||||
1997–98 | Primeira División | 25-10-1997 | Deportivo | Celta | |||
01-03-1998 | Celta | Deportivo | |||||
1998–99 | Primeira División | 30-08-1998 | Celta | Deportivo | – | – | |
31-01-1999 | Deportivo | Celta | |||||
1999–00 | Primeira División | 18-12-1999 | Deportivo | Celta | – | ||
30-04-2000 | Celta | Deportivo | |||||
2000–01 | Primeira División | 26-11-2000 | Deportivo | Celta | – | ||
21-04-2001 | Celta | Deportivo | |||||
2001–02 | Primeira División | 30-09-2001 | Deportivo | Celta | |||
05-02-2002 | Celta | Deportivo | – | ||||
2002–03 | Primeira División | 04-01-2003 | Deportivo | Celta | – | ||
24-05-2003 | Celta | Deportivo | – | ||||
2003–04 | Primeira División | 03-01-2004 | Celta | Deportivo | – | ||
15-05-2004 | Deportivo | Celta | – | ||||
2005–06 | Primeira División | 17-12-2005 | Celta | Deportivo | – | ||
29-04-2006 | Deportivo | Celta | – | ||||
2006–07 | Primeira División | 19-11-2006 | Deportivo | Celta | – | ||
15-04-2007 | Celta | Deportivo | – | ||||
2011–12 | Segunda División | 13-11-2011 | Deportivo | Celta | |||
15-04-2012 | Celta | Deportivo | |||||
2012–13 | Primeira División | 27-10-2012 | Celta | Deportivo | |||
15-03-2013 | Deportivo | Celta | |||||
2014–15 | Primeira División | 23-09-2014 | Celta | Deportivo | |||
21-02-2015 | Deportivo | Celta | – | ||||
2015–16 | Primeira División | 21-11-2015 | Deportivo | Celta | – | ||
02-04-2016 | Celta | Deportivo | |||||
2016–17 | Primeira División | 23-10-2016 | Celta | Deportivo | |||
19-03-2017 | Deportivo | Celta | - | ||||
2017–18 | Primeira División | 23-12-2017 | Deportivo | Celta | |||
05-05-2018 | Celta | Deportivo |
Copa do Rei
[editar | editar a fonte]Tempada | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|
1928 | 19-02-1928 | Celta | Deportivo | |||
18-03-1928 | Deportivo | Celta | ||||
1941 | 20-04-1941 | Deportivo | Celta | |||
27-04-1941 | Celta | Deportivo | – | |||
1970–71 | 20-05-1971 | Deportivo | Celta | – | – | |
26-05-1971 | Celta | Deportivo | – | |||
1980–81 | 17-09-1980 | Deportivo | Celta | |||
01-10-1980 | Celta | Deportivo | ||||
1998–99 | 20-01-1999 | Celta | Deportivo | – | ||
03-02-1999 | Deportivo | Celta |
Copa da Liga
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1984 | Copa da Liga de Segunda División |
02-06-1984 | Celta | Deportivo | |||
06-06-1984 | Deportivo | Celta | – | ||||
1985 | Copa da Liga de Segunda División |
25-05-1985 | Celta | Deportivo | |||
30-05-1985 | Deportivo | Celta |
Campionato Mancomunado Galaico-Ástur
[editar | editar a fonte]Tempada | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|
1934–35 | 21-10-1934[nota 2] | Celta | Deportivo | – | ||
04-11-1934 | Celta | Deportivo | ||||
25-11-1934 | Deportivo | Celta | – | |||
1935–36 | 15-09-1935 | Celta | Deportivo | |||
20-10-1935 | Deportivo | Celta |
Campionato de Galicia
[editar | editar a fonte]Tempada | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|
1924–25 | 09-11-1924 | Deportivo | Celta | – | ||
18-01-1925 | Celta | Deportivo | – | |||
1925–26 | 31-01-1926 | Deportivo | Celta | – | ||
07-02-1926 | Celta | Deportivo | ||||
1926–27 | 31-10-1926 | Celta | Deportivo | |||
05-12-1926 | Deportivo | Celta | ||||
09-01-1927 | Celta | Deportivo | ||||
06-02-1927 | Deportivo | Celta | ||||
1927–28 | 30-10-1927 | Celta | Deportivo | |||
04-12-1927 | Deportivo | Celta | ||||
1928–29 | 25-11-1928 | Deportivo | Celta | – | ||
02-12-1928 | Celta | Deportivo | – | |||
1929–30 | 10-11-1929 | Deportivo | Celta | |||
24-11-1929 | Celta | Deportivo | ||||
1930–31 | 12-10-1930 | Celta | Deportivo | |||
16-11-1930 | Deportivo | Celta | – | |||
1931–32 | 20-09-1931 | Deportivo | Celta | |||
25-10-1931 | Celta | Deportivo | ||||
1932–33 | 16-10-1932 | Celta | Deportivo | |||
20-11-1932 | Deportivo | Celta | – | |||
1933–34 | 10-09-1933 | Deportivo | Celta | – | ||
12-10-1933 | Celta | Deportivo | – | |||
1936–37 | 15-11-1936 | Celta | Deportivo | – | ||
03-01-1937 | Deportivo | Celta | ||||
1937–38 | 15-05-1938 | Celta | Deportivo | – | ||
05-06-1938 | Deportivo | Celta | ||||
26-06-1938 | Deportivo | Celta | – | |||
17-07-1938 | Celta | Deportivo | ||||
1939–40 | 15-10-1939 | Celta | Deportivo | |||
12-11-1939 | Deportivo | Celta | – |
Copa Galicia
[editar | editar a fonte]Tempada | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|
1945–46 | 23-06-1946 | Celta | Deportivo | |||
29-06-1946 | Deportivo | Celta | ||||
08-09-1946 | Deportivo | Celta | – | |||
22-12-1946 | Celta | Deportivo |
Encontros amigables
[editar | editar a fonte]Data | Evento | Campo | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
04-08-1926 | Copa Domecq[48] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
15-08-1926 | Copa Domecq[49] | Campo de Coia | Celta | Deportivo | |||
14-08-1928 | Copa dos Alcaldes[50] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
19-08-1928 | Copa dos Alcaldes[51] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | – | ||
25-07-1929 | Festas do Apóstolo[52] | Campo da Choupana (Santiago de Compostela) | Deportivo | Celta | – | ||
05-08-1929 | Festas de Vigo[53] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
17-08-1929 | Festas de María Pita[54] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
08-09-1929 | Homenaxe a Queralt[55] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
15-06-1930 | A beneficio das Asociacións de Prensa[56] |
Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | – | ||
17-08-1930 | A beneficio das Asociacións de Prensa[57] |
Campo de Riazor | Deportivo | Celta | – | ||
31-05-1931 | [58] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
07-06-1931 | [59] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
26-06-1932 | Homenaxe a Reigosa[60] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | – | ||
10-07-1932 | Homenaxe a Fariña[61] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
19-07-1936 | Copa doada polo alcalde Suárez Ferrín |
Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
03-09-1936 | Homenaxe a Millán-Astray[62][63] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | – | ||
25-07-1939 | [64] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
01-09-1940 | Copa dos Alcaldes[65] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | – | ||
08-09-1940 | Copa dos Alcaldes[66] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | – | ||
13-09-1942 | Copa Osborne[67] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
20-09-1942 | Copa Osborne (homenaxe a Venancio)[68] |
Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
11-04-1943 | Homenaxe a Nolete[69] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
18-04-1943 | A beneficio dos clubs modestos da Coruña[70] |
Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
09-09-1945 | Homenaxe a Yayo[71] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | – | ||
16-09-1945 | [72] | Estadio de Riazor | Deportivo | Celta | – | ||
26-05-1946 | Homenaxe a Guimeráns[73] | Estadio de Riazor | Deportivo | Celta | – | ||
29-08-1948 | [74] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
05-09-1948 | [75] | Estadio de Riazor | Deportivo | Celta | |||
15-05-1949 | Copa Club Santiago[76] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
12-06-1949 | Copa Club Santiago[77] | Campo de Santa Isabel (Santiago de Compostela) | Deportivo | Celta | – | ||
28-08-1949 | Copa Club Santiago[78] | Estadio de Riazor | Deportivo | Celta | |||
09-06-1955 | I Trofeo Corpus[79] | Campo dos Miñóns (Lugo) | Deportivo | Celta | |||
31-05-1956 | II Trofeo Corpus[80] | Campo dos Miñóns (Lugo) | Deportivo | Celta | |||
31-08-1957 | Trofeo Concepción Arenal[81] | Estadio Manuel Rivera (Ferrol) | Celta | Deportivo | |||
31-08-1958 | I Trofeo da Amizade[82] | Estadio de Riazor | Deportivo | Celta | |||
08-09-1958 | I Trofeo da Amizade[83] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
23-08-1959 | II Trofeo da Amizade[84] | Estadio de Riazor | Deportivo | Celta | |||
30-08-1959 | II Trofeo da Amizade[85] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
01-07-1961 | III Trofeo da Amizade[86] | Estadio de Riazor | Deportivo | Celta | |||
15-04-1962 | III Trofeo da Amizade[87] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
22-05-1963 | VIII Trofeo Santa Rita[88] | Estadio da Lomba (Vilagarcía de Arousa) | Celta | Deportivo | – | ||
23-05-1964 | IX Trofeo Santa Rita[89] | Estadio da Lomba (Vilagarcía de Arousa) | Celta | Deportivo | |||
26-06-1965 | Trofeo Corpus[90] | Estadio José Antonio (Ourense) | Celta | Deportivo | |||
01-05-1968 | A beneficio dos clubs modestos de Vigo[91] |
Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
15-08-1969 | II Trofeo Conde de Fenosa[92] | Estadio de Riazor | Deportivo | Celta | – | ||
17-08-1976 | VI Trofeo Cidade de Vigo[93] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
27-07-1986 | XVIII Trofeo Conde de Fontao | Campo Martínez Otero (Foz) | Deportivo | Celta | – | ||
15-08-1986 | Trofeo Vila de Cedeira[94] | Campo do Beco (Cedeira) | Deportivo | Celta | – | ||
30-08-1992 | Trofeo Xacobeo 93[95] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | – | ||
16-08-1996 | XXVI Trofeo Cidade de Vigo[96] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
13-08-1999 | LIV Trofeo Teresa Herrera[97] | Estadio de Riazor | Deportivo | Celta | |||
20-05-2008 | I Copa Galiza | Estadio do Couto (Ourense) | Celta | Deportivo | – | – | |
13-08-2014 | I Trofeo Federación Galega[98] | Estadio de Pasarón (Pontevedra) | Celta | Deportivo | – | ||
21-07-2016 | [99] | Estadio Gran Parque Central (Montevideo) | Deportivo | Celta | – |
Comparativa
[editar | editar a fonte]- Datos do 14 de xaneiro de 2021
Categoría | Vitorias CELTA |
Empates | Vitorias DEPORTIVO |
Partidos totais |
Goles CELTA |
Goles DEPORTIVO |
---|---|---|---|---|---|---|
Primeira División | 26 | 19 | 25 | 70 | 94 | 99 |
Segunda División | 19 | 8 | 17 | 44 | 71 | 64 |
Segunda División B | 1 | 1 | 0 | 2 | 2 | 1 |
Promoción entre 1ª e 2ª División | 2 | 0 | 1 | 3 | 4 | 4 |
Copa do Rei | 4 | 3 | 3 | 10 | 25 | 16 |
Copa da Liga | 0 | 1 | 3 | 4 | 6 | 10 |
Campionato Mancomunado Galaico-Ástur[nota 3] | 3 | 0 | 2 | 5 | 14 | 7 |
Campionato de Galicia | 13 | 5 | 12 | 30 | 66 | 53 |
Copa Galicia | 1 | 2 | 1 | 4 | 6 | 9 |
Total en partido oficial | 69 | 39 | 64 | 173 | 288 | 263 |
Encontros amigables | 24 | 8 | 22 | 53 | 96 | 92 |
Total | 93 | 47 | 86 | 226 | 384 | 355 |
Máximos goleadores
[editar | editar a fonte]Pos | Xogador | Equipo | 1ª División | 2ª División | Copa do Rei | C. de Galicia | C. Galaico-Astur | Copa Galicia | Amigables | Goles |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Nolete | Celta | 1[n2 1] | 10 | 1 | 3 | 4 | — | 1 | 20 |
2 | Chacho | Deportivo | 1 | 2 | — | 7 | 2 | — | 6 | 18 |
3 | Ramón Polo | Celta | — | — | 2 | 11 | 1 | — | 3 | 17 |
4 | Pereiro | Deportivo | — | — | 4 | 3 | — | — | 7 | 14 |
5 | Rogelio | Celta | — | 1 | — | 8 | — | — | 4 | 13 |
6 | Chicha | Celta | — | — | — | 9 | — | — | 3 | 12 |
7 | Pahiño | Ambos[n2 2] | 7 | — | — | — | — | 2 | 1 | 10 |
= | Diz | Deportivo | — | 5 | — | 4 | — | — | 1 | |
= | Agustín | Celta | — | 1 | 3 | — | — | — | 3 | |
10 | Paco León | Deportivo | — | 3 | — | 4 | 1 | — | 1 | 9 |
= | Triana | Deportivo | — | 3 | — | 2 | 1 | — | 3 | |
12 | Machicha I | Celta | — | 3 | — | 5 | — | — | — | 8 |
= | Eguía | Ambos[n2 3] | — | — | 1 | 7 | — | — | — | |
14 | Roig | Celta | — | — | 3 | — | — | 2 | 2 | 7 |
= | Del Pino | Celta | 1 | — | 2 | — | — | — | 4 | |
= | Venancio | Celta | 1 | — | 1 | 4 | — | — | 1 | |
17 | Guimeráns | Deportivo | 4 | — | 1 | 1 | — | — | — | 6 |
= | Hilario | Deportivo | — | 1 | — | 3 | — | — | 2 | |
= | Gonzalo | Celta | — | 3 | — | 3 | — | — | — | |
= | Baltazar | Celta | — | 4 | — | — | — | — | 2 | |
= | Iago Aspas | Celta | 5 | — | — | — | — | — | 1 |
Xogador aínda en activo |
Equipos filiais
[editar | editar a fonte]Ao longo da historia foron tamén numerosos os encontros entre os respectivos equipos filiais, o Celta de Vigo B (antes chamado Celta Turista) e o Real Club Deportivo Fabril, especialmente en Segunda División B e mais en Terceira División. Na tempada 2020/21, tras a caída do Deportivo da Coruña á Segunda División B, este tivo que enfrontarse ao Celta B, unha situación inédita exceptuando algúns enfrontamentos nos anos 70 e 80 contra o Gran Peña, que tiña un convenio de colaboración co Celta aínda que actuaba como club independente. Así pois, en 2020 foi a primeira vez que o Deportivo se enfrontaba en partido oficial a un equipo filial do club vigués que forma parte da súa propia estrutura. No partido de ida en Riazor a vitoria foi para o equipo celeste por 1-2, con dous goles de Alfon,[100] mentres que no partido de volta en Barreiro foi o Deportivo o vencedor por 0-3, os tres goles do venezolano Miku.[101]
Encontros oficiais
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Data | Campo | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2020/21 | Segunda división B | 13-12-2020 | Riazor | Deportivo | Celta B | |||
14-03-2021 | Barreiro | Celta B | Deportivo | |||||
2021/22 | Primeira División RFEF | 29-08-2021 | Riazor | Deportivo | Celta B | |||
27-03-2022 | Balaídos | Celta B | Deportivo | |||||
2022/23 | Primeira División RFEF | 24-09-2022 | Balaídos | Celta B | Deportivo | |||
26-03-2023 | Riazor | Deportivo | Celta B | |||||
2023/24 | Primeira División RFEF | 8-10-2023 | Riazor | Deportivo | Celta Fortuna | |||
28-01-2024 | Balaídos | Celta Fortuna | Deportivo |
Xogadores que militaron nos dous clubs
[editar | editar a fonte]Máis de 40 xogadores vestiron ambas as camisolas,[104] destacando a figura de Pahiño, un ídolo para as dúas afeccións.[105] Tamén hai varios casos de irmáns que xogaron un no Deportivo e outro no Celta, como Francisco e Manuel Reboredo, Luis e Pepiño Suárez, Suco e Suco II ou Patxi e Julio Salinas, así como de pais e fillos, tal é o caso de Francisco Trigo García, porteiro do Deportivo cuxo fillo, Francisco Trigo Guillemette, foi dianteiro do Celta, ou Joaquín e Santiago Vázquez, pai e fillo, xogadores do Deportivo e Celta respectivamente.
1923-1950
[editar | editar a fonte]1950-1970
[editar | editar a fonte]1970-2000
[editar | editar a fonte]2000-actualidade
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xogado en campo neutral.
- ↑ O partido perdeu validez para os efectos de clasificación cando se reiniciou o campionato.
- ↑ Inclúe o partido que quedou sen efecto cando o campionato foi reiniciado.
- Referencias
- ↑ Carlos Miranda (8 de novembro de 2024). "Deportivo-Celta, un siglo de derbis gallegos". La Opinión (en castelán).
- ↑ "Ante el Gran Derby del fútbol gallego". La Noche (en castelán) (9.704). 3 de abril de 1952. p. 3.
- ↑ "Ante el Derby gallego. Celta-Deportivo en busca de un acuciante triunfo en Riazor". El Progreso (en castelán) (18.214). 26 de febreiro de 1966. p. 6.
- ↑ "El derby gallego Celta-Coruña el domingo, en Balaídos". El Pueblo Gallego (en castelán) (14.111). 19 de decembro de 1963. p. 10.
- ↑ "El derby gallego". La Región (en castelán) (48.857). 22 de marzo de 1972. p. 23.
- ↑ "Celta y Deportivo exaltan el derby gallego". El País (en castelán). 30 de agosto de 1998.
- ↑ "O derbi máis galego dos últimos tempos". Vieiros.com. 16 de novembro de 2006.
- ↑ "O Breogán derrota o Obradoiro no derbi galego da ACB (64-59)". G24.gal. 7 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Deportivo e Rácing prepáranse para o derbi galego na Primeira RFEF". G24.gal. 10 de decembro de 2022.
- ↑ "4-5. O Burela FSF lévase o trepidante derbi galego ante o Poio Pescamar". El Progreso. 27 de febreiro de 2016.
- ↑ "El Arosa visita al Compos en un derbi gallego de muchas urgencias para los dos equipos". Diario de Arousa (en castelán). 24 de abril de 2022.
- ↑ "O derbi Dépor-Celta ferve na Rede". 10 de novembro de 2011.
En twitter un dos hashtags máis utilizados para discutir sobre a rivalidade A Coruña-Vigo é #onosoderbi.
- ↑ "López Acera pitará el derbi". riazor.org (en castelán). 4 de novembro de 2011.
[...] el encuentro entre las plantillas gallegas está dando mucho que hablar en las redes sociales, especialmente en Twitter. En esta plataforma los seguidores de los dos equipos utilizan el hashtag #onosoderbi para hablar del asunto
- ↑ "En Directo: R.C.Deportivo – Celta". riazor.org (en castelán). 13 de novembro de 2011.
[...] en Twitter a través del hashtag #onosoderbi
- ↑ "Las webs del Deportivo se unen a la iniciativa "Por un derbi galego sen violencia"". moiceleste.com (en castelán). 13 de abril de 2012.
#onosoderbi
- ↑ "Celta-Dépor, un encuentro para apoyar el fútbol base gallego". El Diario de Pontevedra (en castelán). 29 de xuño de 2014.
El partido fue bautizado como ‘O noso derbi’ hace varias temporadas [...]
- ↑ Cudeiro, Juan L. (22 de decembro de 2017). "Historia e historias del derbi gallego". El País (A Coruña). Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ "Celta - Depor: historia de una rivalidad" (en castelán). 21 de outubro de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ "Campeonato de Galicia y Asturias. La prueba final". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 1907. p. 1.
- ↑ "Un derbi galego, a primeira filmación dun partido de fútbol en España". Praza Pública. 14 de setembro de 2014.
- ↑ 21,0 21,1 "Ecos deportivos. El pleito del día". Galicia: diario de Vigo nº 384 (en castelán). 25 de outubro de 1923. p. 6. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ 22,0 22,1 "El nacimiento del derbi gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de novembro de 2011. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ "El pleito Federación-Deportivo. Texto integro del fallo de la Federación Española". El Ideal Gallego nº 1.952. 23 de decembro de 1923. p. 3.
- ↑ "Ecos deportivos. Un fallo de la nacional". Galicia: diario de Vigo nº 437 (en castelán). 26 de decembro de 1923. p. 6.
- ↑ "Ecos deportivos. El pleito gallego. Fallo de la nacional". Galicia: diario de Vigo nº 461. 23 de xaneiro de 1924. p. 6. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Federación gallega. Nota oficial". Galicia: diario de Vigo nº 469. 1 de febreiro de 1924. p. 6.
- ↑ "Deportes. Asamblea de la Federación Gallega". El Ideal Gallego nº 1.993. 12 de febreiro de 1924. p. 3. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El pleito del fútbol gallego". El Pueblo Gallego nº 548 (en castelán). 1 de novembro de 1925. p. 3.
- ↑ "El caso Isidro. Dicen los clubs Celta y Deportivo". El Ideal Gallego nº 2.408 (en castelán). 26 de setembro de 1925. p. 2.
- ↑ "Se resuelve el pleito gallego". El Ideal Gallego nº 2.471 (en castelán). 9 de decembro de 1925. p. 8.
- ↑ Gallego Arzuaga, F. (1997): R.C. Celta 1923-1998. 75 años de historia. Faro de Vigo. Páx. 21.
- ↑ "Brillante victoria del Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán). 11 de novembro de 1924. p. 8. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ "El Deportivo es vencido por el Celta por tres a cero". El Ideal Gallego (en castelán). 20 de xaneiro de 1925. p. 8. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Referancia del partido". El Pueblo Gallego nº 1.494. 4 de decembro de 1928. p. 6.
- ↑ "1918: Organización definitiva". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de novembro de 1969. p. 22.
- ↑ "Una mala jornada de fútbol en Vigo y un mal partido en Monelos". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 4 de decembro de 1928. p. 5.
- ↑ "El comienzo de la farsa". El Pueblo Gallego (en castelán). 4 de decembro de 1928. p. 5. Consultado o 5 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El 'match' de boxeo celebrado anteayer en Vigo. El Celta 'aplasta' al Deportivo". El Orzán nº 3.263 (en castelán). 4 de decembro de 1928. p. 4.
- ↑ "La furia céltica y la derrota viguesa del domingo". Progreso: diario independiente nº 10.649. 4 de decembro de 1928. p. 1. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El match de Vigo. El monstruoso espectáculo de antideportividad registrado ayer en el campo de Coya". El Eco de Santiago nº 14.285. 3 de decembro de 1928. p. 2.
- ↑ "Un bochornoso y antideportivo espectáculo en Coya". El Noroeste nº 13.913. 4 de decembro de 1928. p. 3.
- ↑ "La Asamblea Nacional de Fútbol". El Pueblo Gallego (en castelán). 24 de novembro de 1928. p. 3. Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Deportivo - Celta 1929". bdfutbol.com. Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ De Llano López, Pedro; Muíños Díaz, Eladio (1988). "Partidos jugados entre el Deportivo-Celta. Partidos amistosos". 82 Años de historia: Real Club Deportivo de La Coruña (en castelán). p. 546. ISBN 978-84-4041-433-5.
- ↑ "Todo para el Celta". La Voz de Galicia. 9 de decembro de 1977. p. 31.
- ↑ "Núñez: «Cuatro desalmados no pueden empañar un derbi»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de setembro de 1993. p. 42.
- ↑ "El Real Madrid se medía a un combinado de Celta y Deportivo en un amistoso solidario". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de abril de 2020. Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ "Nuestras fiestas. El partido de ayer". El Ideal Gallego nº 2.653. 5 de agosto de 1926. p. 2.
- ↑ "De Sport". Progreso: diario independiente nº 9.481. 17 de agosto de 1926. p. 2.
- ↑ "El Celta y el Deportivo empatan a tres tantos". El Ideal Gallego (en castelán). 15 de agosto de 1928. p. 2. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El partido del domingo". El Ideal Gallego (en castelán). 21 de agosto de 1928. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Comentarios al match Celta-Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán). 27 de xullo de 1929. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "En el Stadium". El Pueblo Gallego (en castelán). 6 de agosto de 1929. pp. 3–4. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Deportivo 3; Celta 1". El Ideal Gallego (en castelán). 18 de agosto de 1929. p. 13. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Deportes". El Ideal Gallego (en castelán). 10 de setembro de 1929. p. 2. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ Alar (16 de xuño de 1930). "Ha vencido el Deportivo por un goal a cero". El Pueblo Gallego (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Torneo Vigo-Coruña". El Ideal Gallego (en castelán). 19 de agosto de 1930. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Un empate a dos entre célticos y deportivistas". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de xuño de 1931. p. 7. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Deportivo 3, Celta 1". El Ideal Gallego (en castelán). 9 de xuño de 1931. p. 4. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El homenaje a Reigosa". El Pueblo Gallego (en castelán). 28 de xuño de 1932. p. 8. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Deportivo venció al Celta por tres tantos a uno". El Ideal Gallego (en castelán). 12 de xullo de 1932. p. 5. Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Nota oficial del club". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de setembro de 1936. p. 6. Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta vencio placidamente al Deportivo por tres a cero". El Pueblo Gallego (en castelán). 4 de setembro de 1936. p. 2. Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El partido de ayer en Riazor". El Pueblo Gallego (en castelán). 26 de xullo de 1939. p. 4. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta inaugura la temporada con una victoria en Riazor". El Pueblo Gallego (en castelán). 3 de setembro de 1940. p. 3. Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta se adjudica definitivamente la Copa de los alcaldes". El Pueblo Gallego (en castelán). 10 de setembro de 1940. pp. 3–4. Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta en Riazor". El Pueblo Gallego (en castelán). 15 de setembro de 1942. p. 4. Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta bate al Deportivo (4-1)". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de setembro de 1942. p. 4. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Celta y Deportivo, en un mal partido, empataron a dos tantos" (en castelán). 12 de abril de 1943. Consultado o 11 de xaneiro de 2020.
- ↑ "El Celta venció en Riazor por 3 a 2". El Pueblo Gallego (en castelán). 20 de abril de 1943. p. 4. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta vence al Deportivo por 2 a 0". El Pueblo Gallego (en castelán). 11 de setembro de 1945. p. 5. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Por dos a cero ha vencido el Celta en el Estadio Municipal de Riazor". El Pueblo Gallego (en castelán). 18 de setembro de 1945. p. 5. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta es derrotado por el Deportivo por uno a cero". El Pueblo Gallego (en castelán). 28 de maio de 1946. p. 4. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta venció ayer al Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán). 31 de agosto de 1948. p. 3. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta obtiene una victoria en Riazor". El Pueblo Gallego (en castelán). 7 de setembro de 1948. p. 3. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Buen fútbol, codicia y brío en el Celta-Deportivo del domingo". El Pueblo Gallego (en castelán). 17 de maio de 1949. p. 3. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta consiguió en Santiago una clara victoria sobre el Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán). 14 de xuño de 1949. p. 3. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta se adjudica definitivamente la Copa Santiago". El Pueblo Gallego (en castelán). 30 de agosto de 1949. p. 3. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta ganó en Lugo el I Trofeo Corpus". El Pueblo Gallego (en castelán). 10 de xuño de 1955. p. 7. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Con superioridad clara, el Deportivo venció al Celta, por dos tantos a uno". El Pueblo Gallego (en castelán). 1 de xuño de 1956. p. 6. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ Vara, Orestes (1 de setembro de 1957). "En un partido de frecuente adversidad, el Deportivo perdió frente al celta por 4-1". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 4.
- ↑ "Merecido triunfo del Deportivo sobre el Celta en Riazor (3-1)". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de setembro de 1958. p. 6. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Deportivo de La Coruña se adjudicó el Trofeo de la Amistad". La Noche (en castelán). 8 de setembro de 1958. p. 9. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Celta ganó al Deportivo por dos a uno en el primer partido del II Trofeo de la Amistad". La Noche (en castelán). 24 de agosto de 1959. p. 5. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
- ↑ Tourón, Manuel (1 de setembro de 1959). "El Celta se adjudicó el Trofeo de la Amistad". El Pueblo Gallego (en castelán). p. 11. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El III Trofeo de la Amistad". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de xullo de 1961. p. 12. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El árbitro deslució el Celta-Deportivo para la Copa Amistad en Balaídos". El Pueblo Gallego (en castelán). 17 de abril de 1962. p. 7. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Deportivo venció al Celta en Villagarcía". El Pueblo Gallego (en castelán). 23 de maio de 1963. p. 10. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Coruña venció al Celta (3-2)". El Progreso (en castelán). 23 de maio de 1964. p. 6. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "5-3 El Deportivo derrotó a un modesto equipo del Celta". El Pueblo Gallego (en castelán). 27 de maio de 1965. p. 18. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Igualaron el Celta y el Deportivo en encuentro a beneficio del fútbol modesto vigués". El Pueblo Gallego. 2 de maio de 1968. p. 17. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Faltó coordinación y fondo físico". El Pueblo Gallego (en castelán). 16 de agosto de 1969. p. 24. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "En camino...". El Pueblo Gallego (en castelán). 18 de agosto de 1976. p. 20. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Segunda derrota del Deportivo frente al Celta en la pretemporada". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de agosto de 1986. p. 30.
- ↑ 30-08-1992. Final Trofeo Xacobeo 93. Celta 0 - R.C.D. de La Coruña 1
- ↑ Trofeo Ciudad de Vigo (Vigo-Pontevedra) 1971-2012 rsssf.com
- ↑ Trofeo Teresa Herrera (La Coruña-Spain) 1946-2019 rsssf.com
- ↑ "El Celta se toma más en serio el derbi". Marca (en castelán). 13 de agosto de 2014.
- ↑ "El Deportivo cae ante el Celta en el derbi de Montevideo (0-2)". La Opinión A Coruña (en castelán). 21 de xullo de 2016.
- ↑ "O Celta B gaña en Riazor contra o Depor no "derbi do morbo"". Nós Diario. 13 de decembro de 2020. Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ "¡Ándale!" (en castelán). 14 de marzo de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ "O Celta Fortuna asalta Riazor e deixa o Deportivo contra as cordas (0-1)". G24. 8 de outubro de 2023.
- ↑ "O Dépor despega e engánchase á zona alta en ABANCA-Balaídos coa terceira vitoria no mes de xaneiro". 29 de xaneiro de 2024. Consultado o 20 de febreiro de 2024.
- ↑ Rey Méndez, Noela; Pena Taboada, Héctor José. Os Nosos. Futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo. ISBN 978-84-697-6045-1.
- ↑ Pardo, Miguel. "Unha ducia de protagonistas galegos de #onosoderbi". praza.gal. Consultado o 14 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Derbi entre Celta e Deportivo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BDFutbol.com (en castelán)
- AREFE (en castelán)
- ceracero.es (en castelán)
- El Mundo Deportivo - Hemeroteca (en castelán)