Fernando Cáceres
(2020) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Fernando Gabriel Cáceres 7 de febreiro de 1969 (55 anos) San Isidro, Arxentina (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 79 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1986 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1994 | Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fernando Gabriel Cáceres, chamado o Negro, ou o Negro Cáceres, nado en San Isidro (Buenos Aires) o 7 de febreiro de 1969, é un exfutbolista arxentino, que xogou no Celta de Vigo. A súa posición era de defensa.
Pasou por varios equipos na Primeira división arxentina e na Liga española na súa carreira, e tamén formou parte da selección do seu país.
Anos despois de abandonar a práctica activa do fútbol, en 2009, unhas persoas atacárono e disparárono na cabeza, o que lle causou danos irreparables que afectaron a súa mobilidade e capacidade sensorial.
Carreira
[editar | editar a fonte]Clubs
[editar | editar a fonte]Cáceres comezou a xogar ó fútbol como profesional no Argentinos Juniors e en 1991 foi transferido ó River Plate, onde gañou o seu primeiro título en 1991.
Despois, Cáceres marchou a España para xogar no Real Zaragoza de Víctor Fernández, onde gañou a Copa do Rei en 1994 e a Copa da UEFA en 1995.
Volveu a Arxentina por un breve período de tempo ó Boca Juniors antes de regresar de novo a España a finais de 1996 para xogar no Valencia. Alí estivo ata o final da tempada 1997-1998.
En 1998 Víctor Fernández, daquela adestrador do Celta, volveu a contar con el, que permanecería en Vigo ata 2004. Durante 6 temporadas no club disputou un total de 218 encontros en todas as competicións, anotando cinco goles.
Despois pasou nunha breve etapa polo Córdoba CF, equipo da Segunda División.
En 2004 volveu unha vez máis a Arxentina para xogar no Club Atlético Independiente, entrando a formar parte do selecto grupo de xogadores que xogaron no River Plate, no Boca Juniors e no Independiente.
En 2006, volveu ó Argentinos Juniors, o club onde comezara a súa carreira 20 anos antes.
Equipo nacional
[editar | editar a fonte]Cáceres gañou a Copa de América sub-17 en 1985. Coa selección absoluta formou parte do equipo que gañou a Copa América 1993 e a Copa do Mundo de 1994.
Títulos
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Torneo Apertura | River Plate | Arxentina | 1991 |
Copa do Rei | Real Zaragoza | España | 1994 |
Copas internacionais
[editar | editar a fonte]Vida persoal
[editar | editar a fonte]O 1 de novembro de 2009 Fernando Cáceres recibiu varios disparos durante un intento de asalto en Ciudadela (Arxentina). Ao parecer, unhas persoas intentaron roubarlle o coche que conducía; o futbolista resistiuse e foi tiroteado en varias partes do corpo, entre elas a cabeza[1][2]. Como resultado dos disparos, entrou en coma, perdeu o ollo dereito, sufriu unha fractura na base do cranio e tivo lesións cerebrais que afectaron a súa capacidade sensorial e motriz.[1][3][4] Durante as horas seguintes ao incidente, os equipos médicos déronlle poucas posibilidades de vida[5]. O proxectil, que se achaba na rexión paratemporal dereita, non lle foi extraído pola dificultade da operación.[6]
A finais do mes dese mes de novembro quitáranlle a respiración artificial e o exfutbolista era quen de comunicarse por acenos[7]. Fóralle colocada inicialmente unha peza metálica, pero o corpo de Cáceres rexeitouna e tivérono que operar de novo en 2010[8]. A súa recuperación continuou e unha década despois, en 2019, difundiuse un vídeo de Cáceres aprendendo a camiñar de novo. Os medios tamén reportaban a súa capacidade de camiñar de maneira autónoma durante períodos limitados de tempo[9].
Como consecuencia do asalto foron detidos tres homes, menores de idade todos tres, acusados de participaren nel.[10] Os dous máis vellos acadaron a maioría de idade antes de se celebrar o xuízo, onde foron condenados.[11] O terceiro, que tiña 15 anos cando se produciron os feitos, non foi xulgado[12].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Fernando Cáceres, grave tras recibir un disparo no ollo as.com
- ↑ Diariocrítico.com. "El ex jugador Fernando Cáceres fue baleado en un intento de robo y se encuentra en grave estado". Diariocrítico.com (en castelán). Consultado o 2021-01-06.
- ↑ O ex xogador Fernando Cáceres, en estado grave tras ser tiroteado elpais.com
- ↑ Cáceres, ex de Zaragoza, Valencia e Celta, en coma por un disparo no ollo marca.com
- ↑ Aseguran que Cáceres ten "poucas posibilidades de vida" as.com
- ↑ Cáceres ten 'poucas posibilidades de vida' elmundo.es
- ↑ Fernando Cáceres xa respira polos seus propios medios www.marca.com
- ↑ "Empeora la salud de Fernando Cáceres". Todo Noticias (en castelán). 2020-01-27. Consultado o 2021-01-06.
- ↑ "Fernando Cáceres, en su 50 cumpleaños: «En menos de un mes podré caminar solo»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-07. Consultado o 2021-01-06.
- ↑ En prisión preventiva tres menores polo tiroteo a Cáceres diariodesevilla.es
- ↑ Staff, Reuters (2010-10-21). "La justicia declara culpables a los agresores de Cáceres". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-06-01.
- ↑ "Piden hasta 38 años de cárcel para acusados de balear al "Negro" Cáceres". La Voz (en castelán). Consultado o 2021-01-06.
- Futbolistas da Arxentina
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Argentinos Juniors
- Xogadores do CA River Plate
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do CA Boca Juniors
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores do CA Independiente
- Xogadores da selección de fútbol da Arxentina
- Nados na provincia de Buenos Aires
- Nados en 1969
- Futbolistas gañadores da Copa América