Federación de Peñas do Deportivo
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Federación de Peñas do Deportivo é unha organización que pretende aglutinar ao maior número posíbel de peñas de seareiros do Deportivo da Coruña.
Organización e actualidade
[editar | editar a fonte]Na actualidade conta con máis de 90 peñas federadas. Ten a súa sede nos baixos do Estadio Municipal de Riazor e conta con peñas delegadas en toda a Galiza, Europa e prevé facelo tamén en América.
A federación colaborou activamente en diversos congresos de peñas coma os organizados polas peñas 2Mil6 de Negreira e Bodipo Casa Freire de Soñeiro-Sada. Tamén organizou as dúas edicións do Feirón Branquiazul celebrados no O Burgo en 2007 e 2008, os distintivos de Honra (Insignias de Ouro e Prata), así como a I Asemblea de Peñas Federadas (2006) e unha II Asemblea (2008).
Directiva
[editar | editar a fonte]- Presidencia: Luis Alberto Martínez (Peña La Cuesta)
- Vicepresidencia: Iván Beceiro (Peña Mazaricos)
- Secretaría: Anita Guerra (Peña Chamberí Branquiazul)
- Vicesecretaría: Francisco Fraga (Peña Burela)
- Tesoureiría: Nidia Feal (Peña Bodipo)
- Vogalía: José Manuel García Roel (Peña Caña Derbas)
- Colaborador: Adrián Valcárcel (Peña Noroeste Turco)
Peñas delegadas:
- Peña Os Zorros, do Carballiño (zona Ourense)
- Peña A Moa de O Pindo en Carnota (Costa da Morte)
- Peña Torçida da Cabaña de Carballo (zona Bergantiños)
- Peña Barragán, de Pontedeume (zona Ferrol e Trasancos)
- Peña Villalba (zona interior de Lugo)
- Peña 2 mil 6, de Negreira (zona Santiago de Compostela e arredores)
- Peña Pardo de Cela, de Alfoz (zona Mariña de Lugo)
- Peña A Illa de Arousa (zona Pontevedra)
- Peña Os Rachapedras de Friburgo (Suíza) delegada Europa