Saltar ao contido

Wilhelm Kubitschek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Científico

Wilhelm Kubitschek, nado o 28 de xuño de 1858 en Bratislava e finado o 2 de outubro de 1936 en Viena, foi un historiador clásico, epigrafista e numismático austríaco.

Traxectoria

Logo de concluír a súa educación secundaria no Akademisches Gymnasium de Viena, entre 1875 e 1879 estudou Historia Antiga, Epigrafía e Arqueoloxía na Nuniversidade de Viena, onde contou con profesores como Otto Hirschfeld e Otto Benndorf. Posteriormente, ampliou a súa formación pasando unha estadía dun semestre na Universidade Humboldt de Berlín, como alumno de Theodor Mommsen, e obtivo o seu doutoramento en 1881.[1][2][3]

Entre 1881 e 1886 impartiu clases en institutos de secundaria de Hollabrunn, na Baixa Austria, e de Viena, e en 1887 acadou a habilitación como profesor universitario de Historia Antiga.[1][2]

En 1896 obtivo unha praza como profesor asociado da Universidade de Graz e o ano seguinte regresou a Viena como conservador do Gabinete Numismático (Münzkabinett) do Museo de Historia da Arte (Kunsthistorisches Museum), posto que compaxinou coa docencia de Arqueoloxía Romana, Epigrafía e Numismática na Universidade de Viena. En 1916 converteuse no sucesor de Eugen Bormann como profesor titular de Arqueoloxía e Epigrafía Romanas.[1][2]

En 1903 foi nomeado conservador da Comisión Central para o Estudo e a Conservación da Arte e os Monumentos Históricos (Zentralkommission für Erforschung und Erhaltung der Kunst- und historischen Denkmale), e o ano seguinte conservador xeral dos monumentos antigos de Austria.[1][2]

Entre 1907 e 1913 foi o editor da publicación periódica Jahrbuch für Altertumskunde.[4] Unha importante cantidade dos seus artigos foi publicada en Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft.

Recoñecementos

Publicacións

Estes son algúns dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria académica de Wilhelm Kubitschek.[7][8][9][10]

  • (1882). De Romanarum tribuum origine ac propagatione. Gerold, Viena.
  • (1889). Imperium Romanum tributim discriptum. Tempsky, Praga
  • (1896). Rundschau über ein Quinquennium der antiken Numismatik (1890-1894). Hölder, Viena.
  • (1915). Die kalenderbücher von Florenz, Rom und Leyden. Hölder, Viena.
  • (1916). Zur Geschichte von Städten des römischen Kaiserreiches, epigraphisch-numismatische Studien. Hölder, Viena.
  • (1923). Führer durch Carnuntum. Österreichisches Archäologisches Institut, Viena.
  • (1928). Grundriss der antiken Zeitrechnung. Beck, Múnic.
  • (1929). Ältere Berichte über den römischen Limes in Pannonien / 1. Hölder-Pichler-Tempsky, Viena.
  • (1932). Zur abfolge der prägungen der kaiser Marcus und Verus. Hölder-Pichler-Tempsky, Viena.
  • (1934). Studien zur Geographie des Ptolemäus. Hölder-Pichler-Tempsky, Viena.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Betz. A. (1969).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Winkler, G. (1982).
  3. "PH RA 188 Kubitschek, (Josef) Wilhelm, 1880.07.07-1881.03 (Akt)". Universität Wien.
  4. "Wilhelm Kubitschek". Wikisource.
  5. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  6. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  7. "Kubitschek,Wilhelm". Hathitrust.org
  8. "Kubitschek, Wilhelm 1858-1936". Digital Library Numis.
  9. "Kubitschek, Wilhelm". WorldCat Identities.
  10. "Wilhelm Kubitschek 1858-1936". Open Library. Internet Archive.

Véxase tamén

Bibliografía