Saltar ao contido

Democracia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Historia da democracia: texto traducido desde a wiki .en:Democracy#Origins
Liña 34: Liña 34:


Retrospectivamente diferentes políticas, fóra das democracias declaradas, foron descritas como protodemocráticas.
Retrospectivamente diferentes políticas, fóra das democracias declaradas, foron descritas como protodemocráticas.
===Orixes===
O termo ''democracia'' apareceu por primeira vez no pensamento político e filosófico grego na cidade-estado de [[Atenas]] durante a [[antigüidade clásica]].<ref>John Dunn, ''Democracy: the unfinished journey 508 BC&nbsp;– 1993 AD'', Oxford University Press, 1994, {{ISBN|0-19-827934-5}}</ref>{{sfn|Raaflaub|Ober|Wallace|2007|p={{page needed|date=July 2014}} }} A palabra vén de ''dêmos'' 'xente (común)' e ''krátos'' 'forza/poder'.<ref>[[Luciano Canfora]], ''La democrazias:Storia di un'ideologia,'' [[Editori Laterza|Laterza]] (2004) 2018 pp.12-13</ref> Sendo [[Clístenes de Atenas|Clístenes]] [[arconte]] de Atenas, en 508-507 a.C. estableceuse en Atenas o que xeralmente se considera o primeiro exemplo dun tipo de democracia. Clístenes é referido como "o pai da [[democracia ateniense]]".<ref>R. Po-chia Hsia, Lynn Hunt, Thomas R. Martin, Barbara H. Rosenwein, and Bonnie G. Smith, ''The Making of the West, Peoples and Cultures, A Concise History, Volume I: To 1740'' (Boston and New York: Bedford/St. Martin's, 2007), 44.</ref> O primeiro uso testemuñado da palabra democracia atópase en obras en prosa da década do 430 a.C., como en ''[[Historias (Heródoto)|Historias]]''' de [[Heródoto]], pero o seu uso era varias décadas máis antigo, xa que dous atenienses nados na década de 470 recibiron o nome de Demócrates, un novo nome político -probablemente en apoio da democracia- dado nunha época de debates sobre cuestións constitucionais en Atenas. [[Esquilo]] tamén alude con forza á palabra na súa obra ''[[As suplicantes]]'', escenificada no 463 a.C., onde menciona "a man gobernante do demos" [''demou kratousa cheir'']. Antes desa época, a palabra usada para definir o novo sistema político de Clístenes probablemente era [[isonomia]], que significa igualdade política.<ref>Kurt A. Raaflaub, ''Origins of Democracy in Ancient Greece'', pp. 108, 109.</ref>


== Aplicación práctica ==
== Aplicación práctica ==

Revisión como estaba o 15 de decembro de 2022 ás 15:30

Este mapa reflicte os achados da investigación da Freedom House Freedom in the World 2007 (Liberdade no mundo 2007), que informa sobre o estado da liberdade no mundo durante o ano 2006. É unha das medidas máis xeralmente empregadas da democracia polos investigadores. Hai que fixarse en que malia que estas medidas están moi correlacionadas, non implica que se poidan intercambiar      País libre      País parcialmente libre      País sen liberdades

A democracia (do grego demos, "pobo", e kratos, "goberno", é dicir, "goberno do pobo") é un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de maneira directa ou indirecta.

Máis concretamente, a democracia é unha forma de goberno na que, en teoría, o poder para cambiar as leis e as estruturas de goberno, así como o poder de tomar todas as decisións de goberno reside na cidadanía. Nun sistema así, as decisións tanto lexislativas coma executivas son tomadas polos propios cidadáns (democracia directa) ou por representantes escollidos mediante eleccións libres, que actúan representando os intereses dos cidadáns (democracia representativa).

Na práctica, na historia inicial da democracia primou o compoñente directo, pero na actualidade todos os sistemas democráticos do mundo son principalmente de tipo representativo.

Esta definición xeral ten algúns matices. Non todos os habitantes dun determinado municipio, rexión ou estado democráticos participan na política, senón só aqueles que ostentan de pleno dereito a condición de cidadáns, e dentro destes, só aqueles que elixen participar, xeralmente mediante o voto nunhas eleccións ou calquera outro proceso electoral coma o referendo.

O día 15 de setembro celébrase o Día Internacional da Democracia [1]. O obxectivo desta celebración é salientar a importancia da liberdade dos medios de comunicación libres, independentes e pluralistas, para a democracia e a paz.

Orixe, usos e tipos

O termo "democracia" provén do grego antigo (δημοκρατία) e foi acuñado en Atenas (A máis famosa das cidades-estado da antiga Grecia é considerada como o primeiro exemplo dun sistema acorde coas nocións modernas de democracia.) no século V a. C. a partir dos vocábulos δῆμος (dḗmos, que pode traducirse como «pobo») e κράτος (krátos, que pode traducirse como «poder», ou «goberno»). Con todo a significación etimolóxica do termo é moito máis complexa. O termo «deamos» parece ser un neoloxismo derivado da fusión das palabras demiurgos (demiurgi) e geomoros (geomori).[2] De todos os xeitos, o significado do termo cambiou co tempo, e a definición moderna evolucionou moito sobre todo dende finais do século XVIII, coa sucesiva introdución de sistemas democráticos en moitas nacións. Hoxe en día, as democracias existentes son bastante distintas ó sistema de goberno ateniense do que herdan o seu nome.

Un bo exemplo destas diferenzas é que as democracias actuais son democracias indirectas ou representativas, agás unha a democracia suíza, que segue a manter un sistema máis directo que a maioría das actuais, debido a súa particular idiosincrasia, sen ter apenas evolucionado.

A democracia directa adoita ser máis dificultosa de manter canto maior é a comunidade que se debe rexer por este sistema, do que deriva a importancia que na actualidade acadou o sistema representativo como vía de participación nas decisións comunitarias.

Unha das maiores febledades coas que se atopan os sistemas democráticos actuais é o facer da democracia un sistema que deriva cara a partitocracia, na que son os partidos políticos como elementos suprarepresentativos os que determinan as decisións comunitarias fora dos sistemas elaborados para tal fin. Deste xeito a falta de democracia nas forzas políticas pode implicar e evolución do sistema cara a un sistema máis próximo á oligarquía que a propia democracia e que é denominada polos teóricos do estado como partitocracia.

No proceso evolutivo dos sistemas parlamentarios occidentais a decisión entre primar a estabilidade do poder público fronte a primar unha maior e mellor representación de todas as tendencias da sociedade rematou por desenvolver unha serie e de mecanismos que favorecesen a estabilidade, sobre todo a partir da II Guerra Mundial.

Un exemplo destes mecanismos é o propio sistema D´Hont utilizado no actual sistema electoral español, no que o sistema de cálculo e asignación de escanos beneficia ás dúas forzas máis votadas en detrimento dunha maior representación das minorías. Un exemplo contrario no mesmo sistema español foi a II República española onde uha maior representación das minorías provocou na práctica unha perigosa inestabilidade dos distintos gobernos.

Historia da democracia

Pintura do século XIX de Philipp Foltz que representa ao político ateniense Pericles pronunciando o seu famoso discurso fúnebre diante da Asemblea ateniense[3]

As asembleas democráticas son tan antigas como a especie humana e atópanse ao longo da historia da humanidade,[4] pero ata o século XIX, as principais figuras políticas opuxéronse en gran medida á democracia.[5] Os teóricos republicanos vincularon a democracia ao pequeno tamaño: a medida que as unidades políticas crecían en tamaño, aumentaba a probabilidade de que o goberno se volvese despótico.[6][7] Ao mesmo tempo, as pequenas unidades políticas eran vulnerables á conquista.[6] Montesquieu escribiu: "Se unha república é pequena, é destruída por unha forza estranxeira; se é grande, é arruinada por unha imperfección interna."[8] Segundo o politologo da Universidade Johns Hopkins Daniel Deudney, a creación dos Estados Unidos, co seu gran tamaño e o seu sistema de controles e contrapesos, foi unha solución aos dobres problemas de tamaño.[6]

Retrospectivamente diferentes políticas, fóra das democracias declaradas, foron descritas como protodemocráticas.

Orixes

O termo democracia apareceu por primeira vez no pensamento político e filosófico grego na cidade-estado de Atenas durante a antigüidade clásica.[9][10] A palabra vén de dêmos 'xente (común)' e krátos 'forza/poder'.[11] Sendo Clístenes arconte de Atenas, en 508-507 a.C. estableceuse en Atenas o que xeralmente se considera o primeiro exemplo dun tipo de democracia. Clístenes é referido como "o pai da democracia ateniense".[12] O primeiro uso testemuñado da palabra democracia atópase en obras en prosa da década do 430 a.C., como en Historias' de Heródoto, pero o seu uso era varias décadas máis antigo, xa que dous atenienses nados na década de 470 recibiron o nome de Demócrates, un novo nome político -probablemente en apoio da democracia- dado nunha época de debates sobre cuestións constitucionais en Atenas. Esquilo tamén alude con forza á palabra na súa obra As suplicantes, escenificada no 463 a.C., onde menciona "a man gobernante do demos" [demou kratousa cheir]. Antes desa época, a palabra usada para definir o novo sistema político de Clístenes probablemente era isonomia, que significa igualdade política.[13]

Aplicación práctica

Dende a Segunda Guerra Mundial, a democracia gañou ampla aceptación. Este mapa mostra a autoidentificación oficial feita por gobernos do mundo en relación á democracia, en marzo de 2008. Mostra o status de iure da democracia no mundo.      Gobernos que se identifican como democráticos      Gobernos que non se identifican como democráticos: Arabia Saudita, Brunei, Fidxi, Emiratos Árabes Unidos, Omán e Cidade do Vaticano.

Na práctica, existen moitas variantes do concepto de democracia, algunhas delas levadas á realidade e outras só hipotéticas. Na actualidade os mecanismos de democracia máis estendidos son os da democracia representativa; de feito, trátase do sistema de goberno máis utilizado no mundo. Algúns países como Suíza ou os Estados Unidos contan con algúns mecanismos propios da democracia directa. A democracia deliberativa é outro tipo de democracia que pon a énfase no proceso de deliberación ou debate, e non tanto nas votacións. O concepto de democracia participativa propón a creación de formas democráticas directas para atenuar o carácter puramente representativo (audiencias públicas, recursos administrativos, ombudsman). O concepto de democracia social propón o recoñecemento das organizacións da sociedade civil como suxeitos políticos (consellos económicos e sociais, diálogo social).[14]

Estas diferenciacións non se presentan en forma pura, senón que os sistemas democráticos adoitan ter compoñentes dunhas e doutras formas de democracia. As democracias modernas tenden a establecer un complexo sistema de mecanismos de control dos cargos públicos. Unha das manifestacións destes controis horizontais é a figura do impeachment ou xuízo político, ao que poden someterse tanto os presidentes como os xuíces, por parte dos parlamentos, de acordo a certas constitucións, como a da Arxentina, o Brasil ou os Estados Unidos. Outras axencias máis modernas orientadas á mesma fin son o defensor do pobo ou ombudsman, as sindicaturas de empresas públicas, os organismos de auditoría, as oficinas de ética pública etc.[15]

Finalmente, cómpre sinalar que existe unha corrente crecentemente relevante no mundo anglosaxón que propugna combinacións das institucións actuais con aplicacións democráticas do sorteo. Entre os autores máis relevantes desta corrente pode citarse a John Burnheim, Ernest Callenbach, A. Barnett e Peter Carty, Barbara Goodwin ou, no ámbito francés, Yves Sintomer. Os autores consagrados que dedicaron máis espazo a este tipo de propostas son Robert A. Dahl e Benjamin Barber. No mundo hispanohablante a recepción aínda é moi reducida, aínda que autores como Juan Ramón Capella formularon a posibilidade de acudir ao sorteo como ferramenta democratizadora.[16]

Notas

  1. "Proteger la libertad de prensa para la democracia" (en castelán). 
  2. Ochoa del Río, José Augusto. La Democracia: aportes para un análisis conceptual, Biblioteca Jurídica Arquivado 08/02/2007, en Wayback Machine. (en castelán)
  3. "Pericles' Funeral Oration". the-athenaeum.org. 
  4. Graeber 2013, p. 184.
  5. Graeber 2013, pp. 168--169.
  6. 6,0 6,1 6,2 Deudney, Daniel (9 de novembro de 2008). Bounding Power (en inglés). ISBN 978-0-691-13830-5. 
  7. Thorhallsson, Baldur; Steinsson, Sverrir (2017). "Small State Foreign Policy". Oxford Research Encyclopedia of Politics (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-022863-7. doi:10.1093/acrefore/9780190228637.013.484. 
  8. "Montesquieu: The Spirit of Law: Book 9". www.constitution.org (en inglés). Consultado o 15 de decembro do 2022. 
  9. John Dunn, Democracy: the unfinished journey 508 BC – 1993 AD, Oxford University Press, 1994, ISBN 0-19-827934-5
  10. Raaflaub, Ober & Wallace 2007, p. [cómpre nº de páxina].
  11. Luciano Canfora, La democrazias:Storia di un'ideologia, Laterza (2004) 2018 pp.12-13
  12. R. Po-chia Hsia, Lynn Hunt, Thomas R. Martin, Barbara H. Rosenwein, and Bonnie G. Smith, The Making of the West, Peoples and Cultures, A Concise History, Volume I: To 1740 (Boston and New York: Bedford/St. Martin's, 2007), 44.
  13. Kurt A. Raaflaub, Origins of Democracy in Ancient Greece, pp. 108, 109.
  14. C.B. Macpherson, (1981), La democracia liberal y su época, Madrid: Alianza. ISBN 84-206-1870-5
  15. Salvadores de Arzuaga, Carlos I (1999). Los controles institucionales en la Constitución Argentina 1853-1994, Buenos Aires: La Ley.
  16. Cancio, Jorge (2009). "Invitación a un debate: el sorteo y las cámaras sorteadas como mejoras institucionales a la democracia". Mientras Tanto (en castelán) (112). 

Véxase tamén

Ligazóns externas