Saltar ao contido

Batería (instrumento musical): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Schlagzeug" é un artigo bo; cambios estética
Shyde (conversa | contribucións)
m Eliminouse o modelo «Link GA».
Liña 34: Liña 34:
[[Categoría:Instrumentos de percusión]]
[[Categoría:Instrumentos de percusión]]
[[Categoría:Baterías]]
[[Categoría:Baterías]]

{{Link GA|de}}

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2014 ás 19:21

Batería (instrumento musical)
Información
ClasificaciónInstrumento de percusión
1) Pratos Ride e Crash
2) Tom de chan
3) Toms 1 e 2
4) Bombo
5) Caixa
6) Hi hat
Batería

En música unha batería é un conxunto de instrumentos musicais de percusión, formado por unha serie de tambores e pratos (ou címbalos), que se conforman nunha estrutura estandarizada. Existen diferentes combinacións para formar unha batería, dependendo máis que nada do estilo musical á que se vai encamiñar. A configuración que actualmente se estila é a de unha caixa, un bombo, uns cantos tom-toms (sobre tres ou catro), un hi-hat, uns cantos pratos (os máis habituais son crash, ride e splash) e outros instrumentos de percusión como caixas chinesas ou cencerros. Con todo, a combinación dos instrumentos e a súa distribución é unha elección persoal de cada músico e pode cambiar moito dunha batería a outra.

Todos os instrumentos execútaos un só intérprete. Este instrumento, xunto co baixo, conforma a base rítmica da música popular contemporánea.

Tamén se lle chama así ós músicos que tocan este instrumento.

Historia

A batería naceu en Nova Orleáns cando as bandas de Dixieland pasaron das rúas ós clubs incorporando, ademais do piano, un conxunto de instrumentos de percusión empregados nas bandas militares (bombo, caixa e pratos) adaptándoos á execución por un único músico. Logo evolucionou coa adición de timbais e outros tipos de pratos.

Hoxe en día tamén existen, ademais das tradicionais baterías acústicas, as baterías electrónicas.

Véxase tamén

Outros artigos