Vida extraterrestre
Suxeriuse que "extraterrestre" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde xaneiro de 2017.) |
A vida extraterrestre é vida que pode existir e orixinarse fora do planeta Terra. A súa existencia é actualmente hipotética; non hai aínda evidencias de vida extraterrestre que foran amplamente aceptadas polos científicos.
A maioría dos científicos[quen?] manteñen que se a vida extraterrestre existise, a súa evolución ocorrería independentemente en diferentes partes do universo. Unha hipótese alternativa, defendida por unha minoría, é a panspermia, que suxire que a vida no universo podería ter xurdido dun punto inicial único de orixe, e máis tarde dispersado a través do universo, duns planetas habitables a outros. Estas dúas hipóteses non son mutuamente incompatibles.
As formas especulativas de vida extraterrestre varían dende humanoides e monstros que aparecen comunmente en traballos de ciencia ficción a vida a unha escala moito menor de bacterias e virus.
As formas de vida extraterrestre, especialmente as intelixentes, son chamadas xeralmente pola cultura popular como alieníxenas ou ETs. O estudo e teorización da vida alieníxena é coñecido como astrobioloxía ou xenobioloxía.