Premio Celanova Casa dos Poetas
O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez conceden, anualmente, desde 1985, o Premio Celanova Casa dos Poetas, co fin de recoñecer a unha persoa ou entidade que ó longo da súa vida se teña significado especialmente por desenvolver un intenso labor a prol da cultura galega en tódalas súas facetas, ou da propia Galicia.
Descrición
editarSen dotación económica, o premiado recibe unha placa ou diploma conmemorativo e unha medalla de prata deseñada polo escultor Acisclo Manzano, que ten por unha cara a casa de Manuel Curros Enríquez e pola outra cinco letras "C" concéntricas, que simbolizan á Casa dos Poetas, a Curros, a Celanova, a Castor Elices e a Celso Emilio Ferreiro. O premio entrégase nun acto que se celebra o primeiro domingo de setembro inmediato ó 31 de agosto, que é a data do pasamento de Celso Emilio.
Premiados
editar# | ano | nome | actividade |
---|---|---|---|
1 | 1985 | Xosé Luís Méndez Ferrín Uxío Novoneyra Alfredo Cid Rumbao Ricardo Carballo Calero |
escritor escritor historiador escritor |
2 | 1986 | Ánxel Fole | escritor |
3 | 1987 | Xaquín Lorenzo, Xocas | etnógrafo |
4 | 1988 | Carlos Velo | cineasta |
5 | 1989 | Xosé Neira Vilas | escritor |
6 | 1990 | Manuel María | poeta |
7 | 1991 | Laxeiro | pintor |
8 | 1992 | Mesa para a defensa do galego en Asturias | colectivo cultural |
9 | 1993 | Xesús Alonso Montero | profesor |
10 | 1994 | Milladoiro | grupo musical |
11 | 1995 | Carlos Casares | escritor |
12 | 1996 | Manuel Colmeiro Guimarás | pintor |
13 | 1997 | Isaac Díaz Pardo | polígrafo |
14 | 1998 | Francisco Fernández del Riego | xornalista e escritor |
15 | 1999 | José Ángel Valente | poeta |
16 | 2000 | Xaime Quessada | pintor |
17 | 2001 | Luz Pozo Garza | poeta |
18 | 2002 | Xohana Torres | escritora |
19 | 2003 | Antón Tovar | poeta |
20 | 2004 | Acisclo Manzano | escultor |
21 | 2005 | Amancio Prada | cantante |
22 | 2006 | Virxilio Fernández | pintor |
23 | 2007 | Manuel Lourenzo | escritor |
24 | 2008 | Alfonso S. Palomares | xornalista |
25 | 2009 | Real Academia Galega | entidade cultural |
26 | 2010 | Manuel Gallego Jorreto | arquitecto |
27 | 2011 | Carlos Núñez | músico |
28 | 2012 | Luís Tosar | actor |
29 | 2013 | «R» | empresa |
30 | 2014 | Manuel Rivas | escritor |
31 | 2015 | Centro Unión Orensana de la Habana | entidade cultural |
32 | 2016 | Antonio Lourenço Fontes (Padre Fontes) | etnógrafo |
33 | 2017 | Corporación Hijos de Rivera | empresa |
34 | 2018 | Parlamento de Galicia | institución |
35 | 2019 | Isabel Blanco | actriz |
36 | 2020 | Xosé Cid Menor | escultor |
37 | 2021 | Residencia San Carlos[1] | residencia de maiores de Celanova |
38 | 2022 | Luz Casal[2] | cantante |
39 | 2023 | Manuel García Buciños[3] | escultor |
40 | 2024 | Bieito Ledo[4] | escritor e editor |
Notas
editar- Referencias
- ↑ "Premio Casa dos Poetas a la residencia San Carlos: “Lo hicimos lo mejor que pudimos”". 06/09/2021. Consultado o 06/07/2022.
- ↑ "Luz Casal, 38 premio Celanova Casa dos Poetas". 27/03/2022. Consultado o 06/07/2022.
- ↑ "Manuel Buciños, distinguido co XXXIX Premio "Celanova, Casa dos Poetas"". O Sil, periódico en galego de información xeral. 2023-03-18. Consultado o 2023-03-18.
- ↑ "Bieito Ledo, gañador do XL Premio Celanova, Casa dous Poetas". 06/04/2024. Consultado o 07/04/2024.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, D., ed. (2004). Diccionario da literatura galega. Termos e institucións literarias IV. Vigo: Galaxia. pp. 436–437. ISBN 84-8288-656-8.