China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da Guerra Civil de 1949.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular de China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República de China a Taipei. A xurisdición da República de China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Kazakhstán, Kirguizistán, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Tadjiikistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong.

Artigo destacado

editar

A Gran Muralla Chinesa (chinés tradicional: 長城, chinés simplificado: 长城, pinyin: Cháng Chéng, "Longa fortaleza") é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisonada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.

A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos.

Contando as súas ramificacións e construcións secundarias, calcúlase que ten 21 196 quilómetros de longo, desde a fronteira con Corea, ao bordo do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela. De media, mide de 6 a 7 metros de alto e de 4 a 5 metros de ancho. No seu apoxeo, durante a dinastía Ming, foi custodiada por máis dun millón de guerreiros.

A muralla foi designada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1987.

Cidade destacada

editar

Pequín ou Beijing (北京; pinyin Beijing), nome que significa Capital do Norte, é a cidade capital da República Popular da China e unha das cidades máis poboadas do mundo cun total de 21.150.000 habitantes en 2013, e durante séculos. A cidade, localizada no norte do país, é gobernada como unha municipalidade directamente controlada polo goberno nacional, con 14 distritos urbanos e suburbanos e dous condados rurais. O Municipio de Pequín está rodeado pola provincia de Hebei, coa excepción do concello veciño de Tianjin, ao sueste.

Pequín é a segunda maior do país por poboación urbana, logo de Shanghai, e é o centro político, cultural e educacional do país. É a sede da maioría das maiores empresas estatais chinesas e o seu aeroporto é o segundo con maior movemento do mundo en tráfico de pasaxeiros.

A historia da cidade remóntase a máis de tres milenios. Como a última das cuatro grandes capitais antigas da China, Pequín ten sido o centro político do país durante boa parte dos últimos 800 anos. A Encyclopædia Britannica observa que "poucas cidades no mundo serviron durante tanto tempo como sede política e centro cultural dunha área tan grande como a da China".

Pequín é famosa pola Cidade Prohibida, que xunto co Templo do Ceo, o Palacio de Verán, os Túmulos Imperiais das Dinastias Ming e Qing, o Zhoukoudian, a Gran Muralla e o Gran Canal forma parte dos sete Patrimonios da Humanidade cos que conta a capital chinesa.

Categorías
Biografía destacada

editar

Kongzi ou Kong Fuzi, latinizado como Confucio (en pinyin Kǒng Zǐ, 孔子 o Kǒng Fūzǐ, 孔夫子; en Wade-Giles K'ung-fu-tzu, literalmente "Mestre Kong") nado o 28 de setembro de 551 a.C en Qufu durante a Dinastía Zhou e finado no mesmo lugar o 11 de abril do 479 a.C., foi un pensador e filósofo chinés. As súas ensinanzas influíron fondamente en Asia oriental durante vinte séculos, e sobre elas formouse o confucianismo.

A filosofía de Confucio subliñaba unha moralidade persoal e gobernamental, os procedementos correctos nas relacións sociais, a xustiza e a sinceridade. Estes valores gañaron predominancia na China en relación a outras doutrinas, como o legalismo (法家) e o taoismo (道家), durante a Dinastia Han (206 a.C. – 220). Os pensamentos de Confúcio foron desenvolvidos nun sistema filosófico coñecido como confucionismo (儒家).

Como non se pode provar a autoría de ningún dos textos de Confucio e as ideas que se lle teñen atribuído máis comunmente foron rexidas durante o período entre a súa morte e a fundación do primeiro imperio chinés no ano 221 a.C., moitos investigadores son moi cautelosos á hora de atribuir afirmacións específicas ao propio Confucio.

Imaxe destacada

editar

Fotografía aérea panorámica de Yangshuo, preto da cidade de Guilin.
Vexa o artigo Guangxi.


Sabías que...?

editar

Bandeira de Macau.

Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons