Portal:China/Cidade destacada/Arquivo

Aquí están todas as cidades destacadas no portal da China:

Pequín ou Beijing (北京; pinyin Beijing), nome que significa Capital do Norte, é a cidade capital da República Popular da China e unha das cidades máis poboadas do mundo cun total de 21.150.000 habitantes en 2013, e durante séculos. A cidade, localizada no norte do país, é gobernada como unha municipalidade directamente controlada polo goberno nacional, con 14 distritos urbanos e suburbanos e dous condados rurais. O Municipio de Pequín está rodeado pola provincia de Hebei, coa excepción do concello veciño de Tianjin, ao sueste.

Pequín é a segunda maior do país por poboación urbana, logo de Shanghai, e é o centro político, cultural e educacional do país. É a sede da maioría das maiores empresas estatais chinesas e o seu aeroporto é o segundo con maior movemento do mundo en tráfico de pasaxeiros.

A historia da cidade remóntase a máis de tres milenios. Como a última das cuatro grandes capitais antigas da China, Pequín ten sido o centro político do país durante boa parte dos últimos 800 anos. A Encyclopædia Britannica observa que "poucas cidades no mundo serviron durante tanto tempo como sede política e centro cultural dunha área tan grande como a da China".

Pequín é famosa pola Cidade Prohibida, que xunto co Templo do Ceo, o Palacio de Verán, os Túmulos Imperiais das Dinastias Ming e Qing, o Zhoukoudian, a Gran Muralla e o Gran Canal forma parte dos sete Patrimonios da Humanidade cos que conta a capital chinesa.


Portal:China/Cidade destacada/2

Portal:China/Cidade destacada/3

Portal:China/Cidade destacada/4

Portal:China/Cidade destacada/5

Portal:China/Cidade destacada/6

Portal:China/Cidade destacada/7

Portal:China/Cidade destacada/8

Portal:China/Cidade destacada/9

Portal:China/Cidade destacada/10