O País Vasco ou Euskadi, tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte. Comprende boa parte do territorio onde se fala o éuscaro.
O País Vasco é considerado unha nacionalidade histórica recoñecida na Constitución española con estatuto de comunidade autónoma. O País Vasco consta das seguintes tres provincias: Guipúscoa, Biscaia e Áraba, cuxas capitais son Donostia, Bilbao e Vitoria.
O País Vasco ten unha extensión total de 7.234 km², e unha poboación de 2.164.311 habitantes (INE 2015), cunha densidade de poboación de 299,19 hab/km². Oficialmente non ten unha capital, pero oficiosamente, a súa capital é Vitoria (Álava), sede das institucións comúns do Parlamento e do Goberno vasco. A cidade máis poboada é Bilbao.
Hai unha forte forza do nacionalismo e independentismo, tanto politicamente de esquerdas (chamado abertzale) como de dereitas. Historicamente, o símbolo desta súa identidade independente é a árbore da vila biscaina de Gernika.
|
Artigo destacado
editar
O Museo Guggenheim de Bilbao é unha das obras máis coñecidas do arquitecto canadense Frank Gehry,que foi o gañador do Premio Pritzker no ano 1989. É un museo de arte contemporánea localizado en Bilbao. Trátase dun dos varios museos da Fundación Solomon R. Guggenheim.
O museo foi aberto en 1997 é supón, canda a ponte deseñada por Santiago Calatrava, un dos grandes impulsores da economía vasca que supuxo un esforzo de revitalización da cidade de Bilbao, levada a cabo polas administracións publicas do País Vasco. Foi, no seu momento, un gran creador de emprego, debido a que as láminas de titanio utilizadas no seu recubrimento foron traballadas polos estaleiros da zona.
Case desde a súa apertura o museo converteuse nunha importante atracción turística atraendo visitantes de numerosos países e constituíndo o símbolo máis importante da cidade de Bilbao. Este museo non é soamente un espazo expositivo, senón que se ergue como un dos fitos da cidade, lugar de reunión e zona de lecer.
Cidade destacada
editar
Irún (oficialmente e en éuscaro: Irun) é un concello e cidade do norte de España, en Guipúscoa, fronteirizo con Francia, país do que se atopa separado polo río Bidasoa. Forma xunto co veciño concello de Hondarribia a comarca de Bidasoa Beherea.
Trátase da segunda cidade máis importante de Guipúscoa tras a súa capital, Donostia, contando cunha poboación de 60.951 habitantes (INE 2009), aínda que a aglomeración urbana de Irún (a chamada comarca de Bidasoa-Txingudi, que sumaría as cidades de Hendaia e Hondarribia) supera os 95.000 habitantes.
A economía da cidade vira ao redor da súa importancia como paso fronteirizo entre Francia e España; proba diso é o distrito de Behobia, coa súa impoñente torre de oficinas chamada "torre ZAISA". É o principal paso fronteirizo entre estes dous países xunto coa localidade catalá de La Jonquera. É un importante nó ferroviario, loxístico e de transportes. Conta tamén cun importante comercio e certa industria.
Categorías
editar
Queres atopar artigos relacionados co País Vasco? Proba buscando nas seguintes categorías:
Biografía destacada
editar
Dolores Ibárruri Gómez, coñecida como A Pasionaria, nada en Gallarta ( Biscaia) o 9 de decembro de 1895 e finada en Madrid o 12 de novembro de 1989, foi unha dirixente comunista española.
Durante a guerra civil, que comezou en xullo de 1936, foi unha importante propagandista, chegando a percorrer a fronte divulgando consignas tan celebres como a de "¡No pasarán!" e "antes morir de pie que vivir de rodillas" que a converteron nunha personaxe moi popular entre os defensores do réxime republicano e na principal e carismática portavoz do seu partido.
Coa morte de Francisco Franco regresou a España en maio de 1977 e, un mes máis tarde, foi elixida deputada ao Congreso para formar parte das Cortes Constituíntes, a primeira sesión das cales presidiu.
Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (0)
Artigos bos (0)
Proxectos relacionados
Portais relacionados
editar
Comunidades autónomas de España
Proxectos irmáns
|