superficie
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín superficĭe.
- Pronuncia: /su.peɾ.ˈfi.θje̯/ ou /su.peɾ.ˈfi.sje̯/ (AFI)
superficie
(sg: superficie; pl: superficies)
- Parte exterior dun corpo, que o limita e o separa do espazo ou doutro obxecto.
- Extensión de terreo, máis ou menos ampla, que se caracteriza por desenvolverse nela certo tipo de actividade ou darse certos fenómenos.
- Aparencia exterior de algo.
- (Matemáticas) Magnitude que expresa a extensión dun corpo en lonxitude e largura.
Termos relacionados
correo de superficie, grande superficie, superficie de revolución, superficie de sustentación,