Saltar ao contido

marea

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «marea».
  • Pronuncia: /maˈɾɛa̝/ /maˈɾea̝/ (AFI)

Substantivo feminino

marea

  1. (Astronomía) Variacións periódicas do nivel das augas mariñas, debidas ao efecto gravitacional combinado da Lúa e do Sol, que se producen dúas veces ao día.
  2. (Mariña) Campaña de pesca, período de tempo que dura unha campaña, conxunto das capturas realizadas nunha campaña.
    • Exemplo: Non falta nada para comezar a marea do bonito.

    • Exemplo: Estaba a piques de rematar a marea cando afundiu o barco.

Termos relacionados

Véxase tamén