Saltar ao contido

interior

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /in.te.ˈɾjoɾ/ (AFI)

Adxectivo

interior (sg: interior; pl: interiores)

  1. Que está na parte de dentro dunha cousa.
    • {{exemplo|Están levantando as paredes interiores da casa.
  2. Vivenda que non ten vistas á rúa.
    • Exemplo: Vive nun apartamento interior.

  3. Que concirne de maneira exclusiva a un país.
    • Exemplo: Comercio interior.

  4. (Figurado) Relativo ou pertencente ao espírito.
    • Exemplo: Ten unha vida interior moi intensa.

Substantivo masculino

interior (sg: interior; pl: interiores)

  1. Espazo comprendido nos límites dunha cousa.
    • Exemplo: O interior do salón é moi luxoso.

  2. Territorio máis ou menos amplo, dentro dun país, afastado da costa ou das súas fronteiras.
    • Exemplo: Cando viaxamos a Roma fomos pouco polo interior de Italia

      .
  3. Asuntos internos dun Estado.
    • Exemplo: O Ministro do Interior.

  4. (Figurado) Conxunto dos sentimentos ou pensamentos íntimos de alguén.
    • Exemplo: No seu interior sabía que non actuara ben

      .

Observacións

Nas dúas primeiras acepcións o seu antónimo é exterior.

Substantivo masculino plural

interiores

  1. Cuartos, estancias, etc., dunha casa.
    • {{exemplo|Decoración de interiores.
  2. (Arte) Conxunto de escenas dun filme que se rodan ou gravan nun estudio ou nun escenario natural pechado.
    • Exemplo: Os interiores da serie rodáronse no balneario se Mondariz.

Observacións

Nesta acepción seu antónimo é exteriores.

Termos relacionados

mar interior, monólogo interior, planeta interior, roupa interior, sanidade interior, vida interior

Traducións


Castelán

Adxectivo

interior (ms: interior; mpl: interiores; fs: interior; fpl: interiores)

  1. Interior.


Portugués

Adxectivo

interior (ms: interior; mpl: interiores; fs: interior; fpl: interiores)

  1. Interior.