Saltar ao contido

folla

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «folla».
Folla de roseira.
  • Pronuncia: /ˈfo.ʎa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

folla (sg: folla; pl: follas)

  1. (Botánica) Cada un dos órganos das plantas, xeralmente de forma laminar e de cor verde, que cumpren funcións de respiración, excreción e fotosíntese.
    • Exemplo: O que se acolle debaixo da folla, dúas veces se molla.

  2. (Por extensión) Tipo de follas (órganos das plantas).
  3. Lámina delgada e plana.
  4. Cada unha das partes dun tipo de porta, dividida transversalmente en dous, que poden abrir e pechar independentemente.
  5. Corpo do bacallau estendido e desecado.
  6. (Agricultura) Parcela de terra que se sementa en sistemas de rotación de cultivos.
    • Exemplo: Este ano está o pan nesta folla; o ano que vén estará na outra.

Termos relacionados

Traducións