Saltar ao contido

categoría

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «categoría».
  • Pronuncia: /kateɣoˈɾia̝/ /kateɣɔˈɾia̝/ (AFI)

Substantivo feminino

categoría (sg: categoría; pl: categorías)

  1. Cada un dos grupos en que se clasifican persoas ou cousas da mesma natureza.
    • Exemplo: Ordenar por categorías.

    • Exemplo: As distintas categorías sociais.

  2. Importancia dunha cousa ou persoa segundo o valor ou calidade que resulta dunha clasificación.
    • Exemplo: Un viño de gran categoría

      .
  3. (Bioloxía) En bioloxía, a situación taxonómica dun grupo de organismos.
    • Exemplo: A categoría sistemática das aves é a clase

      .
  4. (Lingüística) Clase de elementos dun sistema lingüístico, organizada segundo un determinado criterio (semántico, gramatical, ou funcional).
    • Exemplo: O xénero é unha categoría gramatical

      .