Saltar ao contido

Yayoi Kusama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYayoi Kusama

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 草間彌生 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1929 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Matsumoto (Imperio do Xapón) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSeiwa Hospital (en) Traducir (1977–) Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeXapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónKyoto City University of Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura e ukiyo-e Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Toquio (2000–2015)
Estados Unidos de América (1960–1975)
Kyoto
Países Baixos
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultora , deseñador de moda , artista conceptual , videoartista , colaxista , artista de performance , debuxante arquitectónica , artista de instalacións , debuxante , novelista , fotógrafa , pintora , escritora , artista visual Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Zero (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte abstracta, Instalación e arte pública (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoArte abstracta, Arte contemporánea, Arte feminista (pt) Traducir e Arte pop Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor en Wikidata
RepresentanteDavid Zwirner Gallery (en) Traducir, Victoria Miro Gallery (en) Traducir e Peter Blum Gallery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webyayoi-kusama.jp Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0476202 BNE: XX1735280 Musicbrainz: bf027516-3f7e-4ab7-9d93-a897eb1648ca Discogs: 2279585 WikiTree: 草間-1 Editar o valor en Wikidata

Yayoi Kusama (草間 彌生 ou 草間 弥生), nada en Matsumoto (Nagano) o 22 de marzo de 1929, é unha artista e escritora xaponesa. Ao longo da súa carreira traballou nunha ampla variedade de medios, incluíndo pintura, collage, escultura, performance art ou land art, nos cales salienta a súa temática interesada polas cores psicodélicas, as repeticións e os patróns.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada nunha familia de clase media-alta, Kusama comezou a crear arte a unha idade temperá. Cansa do estilo de pintura nihonga que estudaba en Kyoto dende 1948, interesouse polas vangardas europeas e americanas, organizando as súas primeiras exposicións en solitario en Matsumoto e Toquio durante a década de 1950.

En 1957 mudouse aos Estados Unidos, asentándose na cidade de Nova York onde produciu unha serie de pinturas influenciadas polo movemento do expresionismo abstracto. Coa adopción da escultura e as instalacións como os seus medios primarios, Kusama converteuse nunha figura da vangarda neoiorquina, exhibindo a súa obra xunto á de personalidades como Andy Warhol, Claes Oldenburg ou George Segal durante os principios da década de 1960, onde tamén foi frecuentemente asociada ao movemento do pop art. Aproveitándose do xurdimento da contracultura hippy de finais dos 60, Kusama atraeu a atención pública ao organizar unha serie de Body Festivals onde participantes espidos eran pintados con lunares de cores brillantes.