Yasujirō Ozu
Nome orixinal | (ja) 小津安二郎 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de decembro de 1903 Fukagawa-ku (Imperio do Xapón) |
Morte | 12 de decembro de 1963 (60 anos) Institute of Science Tokyo Hospital (Xapón) |
Causa da morte | cancro de larinxe |
Lugar de sepultura | Engaku-ji (en) |
Outros nomes | James Maki Ernst Schwartz Shūtarō Komiya |
Residencia | Matsusaka (–1924) Toquio |
Educación | Universidade de Waseda |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, deseñador de produción |
Período de actividade | 1929 - |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército imperial japonês (pt) |
Conflito | Segunda guerra sino-xaponesa Battle of Xiushui River (en) Battle of Nanchang (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Páxina web | cinemaclassics.jp… |
|
Yasujirō Ozu, (en xaponés 小津 安二郎) nado en Toquio o 12 de decembro de 1903 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1963 foi un director de cinema xaponés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a interesarse polo cinema no instituto, cando escapaba das clases para ver filmes como Quo Vadis? ou The Last Days of Pompeii. En 1917 despois de ver o filme Civilization decidiu converterse en director. Porén o seu primeiro traballo foi como profesor substituto.
En 1923 entrou na Shochiku Film Company como axudante de fotografía grazas á intercesión do seu tío e contra a opinión do seu pai. Tras traballar como axudante de dirección foi ascendido e dirixiu o seu primeiro filme en 1927. O guión foi escrito por Kogo Noda, que sería o seu coguionista o resto da súa carreira.
O seu primeiro éxito de crítica foi Nacín, pero, comedia dramática sobre a adolescencia.
En 1937 foi chamado polo exército xaponés e pasou dous anos na China na segunda guerra sino-xaponesa. En 1943, durante a segunda guerra mundial foi contratado para facer un filme de propaganda en Birmania. Porén, foi levado a Singapur para dirixir o filme Deruhi e, Deruhi e e pasou o ano lendo, xogando ao tenis e vendo filmes estadounidenses. Cando acabou a guerra destruíu o guión e todo o material filmado.
Volveu ao Xapón en 1946, mudándose coa súa nai, coa que viviu ata a morte desta. O ano seguinte retomou a súa carreira e a partir deses anos chegaron as súas obras máis destacadas, como Viaxe a Tokio.
Antes da década de 1960 os seus filmes apenas foron vistos fóra do seu país, pero dende entón a súa influencia foi aumentando, sendo considerado un dos grandes directores da historia, aparecendo en enquisas como a da revista Sight & Sound.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tadao, Sato (1997). Centre Georges Pompidou, ed. Le Cinéma japonais - Tome II. Paris. ISBN 2-85850-930-1.
- Torres Hortelano, Lorenzo J. Caja España, Obra Social y Cultural, ed. Primavera tardía de Yasujiro Ozu : cine clásico y poética zen. León. ISBN 978-84-95917-24-9.
- Yoshida, Kiju (1998). Center for Japanese Studies, University of Michigan, ed. Ozu's Anti-Cinema. ISBN 1-929280-27-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Yasujirō Ozu na IMDb (en inglés).
- Digital Ozu
- The quiet master en The Guardian
- Ozu's Angry Women por Shigehiko Hasumi
- Ozu-san.com Páxina web Arquivado 19 de novembro de 2008 en Wayback Machine.
- OZU Yasujiro Story