Saltar ao contido

Xosé María Castaño Priegue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé María Castaño Priegue
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1912 Editar o valor en Wikidata
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
Morteabril de 1993 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, avogado, político Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 355539 Nomes e Voces: 7604

José María Castaño Priegue, nado en Padrón o 27 de xuño de 1912 e finado na Coruña en abril de 1993, foi un mestre, avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño de Pontecesures. Mestre en Vilagarcía de Arousa dende 1933, aprobou as oposicións ese ano,[1] e ao ano seguinte foi nomeado mestre titular da escola nº 2 de Vilagarcía, e despois foi mestre de Vilaxoán. Militante socialista, participou nas reunións da Federación Provincial representando á agrupación de Vilagarcía. Poeta, colaborou en Nós onde publicou o poema "A barca". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado, sendo separado definitivamente do servizo en 1941.[2] Despois foi mestre no Colexio León XIII. Foi nomeado xuíz de distrito de Betanzos en 1981,[3] xubilándose ao ano seguinte.[4] Finou na Coruña en abril de 1993.[5]

  1. El Ideal Gallego, 15-10-1933, p. 6.
  2. El Noticiero Gallego, 11-11-1941, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 5-7-1981, p. 34.
  4. BOE, nº 152, 26-6-1982, p. 17623.
  5. La Voz de Galicia, 23-4-1993, p. 42.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]