Xornada Mundial da Xuventude 2016
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A XXXI edición da Xornada Mundial da Xuventude da Igrexa católica realizouse en Cracovia no ano 2016. Foi a segunda que acolleu Polonia tras a realizada no ano 1991 en Częstochowa, co papa Xoán Paulo II.[1]
A sede foi anunciada polo papa Francisco ao finalizar o acto da Xornada Mundial da Xuventude de Río de Xaneiro o 28 de xullo de 2013. Posteriormente anunciouse que se realizaría do 26 ao 31 de xullo de 2016.[2]
Legado de Xoán Paulo II
[editar | editar a fonte]Karol Wojtyła (papa san Xoán Paulo II) naceu na localidade polaca de Wadowice o 18 de maio de 1920, pero identificou a Cracovia como a súa terra natal: ”Aquí, nesta terra nacín. Aquí, en Cracovia, pasei gran parte da miña vida (...) Aquí tamén sentín a vocación ao sacerdocio (...) Aquí, na Catedral de Wawel, fun consagrado bispo”.[3]
A Xornada Mundial da Xuventude iniciouse como unha invitación do papa san Xoán Paulo II aos mozos a reunirse en Roma para o Domingo de Ramos de 1984.[4] Máis de 300 milleiros de persoas asistiron á celebración. En 1985 coincidiu co Ano Internacional da Xuventude das Nacións Unidas. O 20 de decembro dese mesmo ano, o Papa anunciou a primeira Xornada Mundial da Mocidade, de 1986. A Xornada Mundial da Xuventude 2016, en Cracovia, foi a trixésima primeira celebrada.[5][4]
As Xornadas Mundiais da Xuventude desempeñaron un papel especial no papado de Xoán Paulo II, e tanto o papa Bieito XVI como o papa Francisco levaron a cabo as Xornadas Mundiais da Xuventude instituídas por san Xoán Paulo II, como un símbolo de esperanza para os mozos.[6][5]
Patróns e intercesores
[editar | editar a fonte]- Divina Misericordia
- Santa Faustina Kowalska
- San Xoán Paulo II
- Virxe de Czestochowa
Presenza en liña
[editar | editar a fonte]A arquidiocese de Cracovia puxo en marcha unha páxina web oficial da Xornada Mundial da Xuventude 2016: www.krakow2016.com
Ademais, o evento contou cunha forte presenza nos medios sociais, coas páxinas lanzadas en Facebook, Twitter, Tumblr, Instagram, Google+, Ask, Weebly, Flickr e YouTube.[7]
Nos medios
[editar | editar a fonte]- España
- Televisión
- 13 TV
- Rede de televisións locais Popular TV
- Intereconomía TV
- TVE
- Radio
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cracovia acogerá la próxima JMJ en 2016
- ↑ "26th till 31st of July 2016, we are waiting for you in Krakow!". www.cgfmanet.org (en inglés). 28 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2016.
- ↑ "Cracovia – cuidad del Bendito san Juan Pablo II – amigo de los jóvenes". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "El camino de las jornadas mundiales de la juventud". www.vatican.va (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "World Youth Day - Frequently Asked Questions". www.usccb.org (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ "About World Youth Day". WorldYouthDay.com (en inglés). 22 de xullo de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ "xt3: Sigue a la JMJ 2016 en las redes sociales". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xornada Mundial da Xuventude 2016 |