Xeoparque
Un xeoparque é unha área continua e ben definida que contén puntos xeolóxicos característicos, infrecuentes ou de interese educativo, mesmo cun interese de conservación arqueolóxico, ecolóxico ou cultural; e que se aproveita para unha estratexia de desenvolvemento sostible.[1][2][3] Existe unha rede de xeoparques internacionais recoñecidos pola UNESCO.
Definición
[editar | editar a fonte]A UNESCO define aos xeoparques mundiais como áreas unificadas cunha herdanza xeolóxica de interese internacional.[2] Os xeoparques fan uso desa herdanza para promover o interese da sociedade en puntos clave da dinámica do planeta. Moitos xeoparques promoven o coñecemento de riscos xeolóxicos, como volcáns, terremotos ou tsunamis e aproveitan esa información para a preparación da sociedade local fronte a eses ricos. Os xeoparques tamén poden ter a finalidade de divulgación da historia dos procesos xeolóxicos ou do actual cambio climático ou promover un turismo sustentable no actual momentode cambio climático global. O turismo, de feito, serve para fomentar o coñecemento dos xeoparques e entendelos como un modelo de promoción demográfica e de turismo sostible deses lugares. Nos xeoparques tamén se divulga sobre da explotación sostible dos recursos naturais, como son as minerías, subliñando a restauración que se poden dar neses puntos de explotación.
Os xeoparques non son unha entidade lexislativa. Porén, adóitase outorgar algunha protección da administración local, rexional ou estatal.[1] Poden ou ben promover a conservación de elementos xeolóxicos de interese ou facilitar o traballo de implantación de modelos de turismo xeolóxico e turismo socio-cultural, como modelos de turismo sustentable xestionado pola comunidade local.
A Rede Mundial da UNESCO
[editar | editar a fonte]A Rede mundial de xeoparques da UNESCO está apoiada e xestionada por esa organización internacional e desígnaos como tal a aquelas candidaturas que considera como relevantes. Con todo, existen moitos dos xeoparques nacionais e outros proxectos locais de xeoparques que non forman parte desta rede global de xeoparques internacional.
A iniciativa de xeoparques liderouna a UNESCO ante a necesidade de recoñecer internacionalmente puntos de interese a escala global.[2] Esta rede está en sintonía co Patrimonio da Humanidade e o Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB) da UNESCO.[2]
Proceso de cualificación
[editar | editar a fonte]A rede mundial de xeoparques reunese periodicamente e avalía os proxectos de xeoparques que se candidataron. Asumen que precisan de:
- ter unha planificación que promova o desenvolvemento socio-económico local dun xeito sustentable que se sustente no xeoturismo,
- demostrar os métodos de conservación e de promoción da herdanza xeolóxica, e que permitan a ensinanza de disciplinas xeolóxicas e puntos transversais ambientais,
- ser unha candidatura conxunta de entidades públicas, comunidades locais e entidades privadas, que actúan en conxunto para esa acción e que estean comprometidas co desenvolvemento sustentable.[4]
Membros da rede mundial
[editar | editar a fonte]A primeira lista de membros adheridos ao proxecto da rede mundial de xeoparques publicouse despois da primeira conferencia internacional da rede, en 2004. En 2019 estaban nese proxecto 147 parques de entidades de 41 países.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 European Geoparks (eds.). "What is a Geopark". www.europeangeoparks.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2019. Consultado o 23 de agosto de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 UNESCO (eds.). "UNESCO Global Geoparks".
- ↑ Patrick J. Mc Keever and Nickolas Zouros. "Geoparks: Celebrating Earth heritage, sustaining local communities". Episodes 28 (4): 274–278.
- ↑ "GEO4B/PM Advanced Level Examination - Advanced Information Booklet" (PDF). Abril de 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de agosto de 2023.