XV Aniversario
XV Aniversario | ||||
---|---|---|---|---|
Recompliación de Luar na Lubre | ||||
Lanzamento | 4 de febreiro de 2001 | |||
Xénero(s) | Folk | |||
Selo(s) | Warner | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Lo mejor de Luar na Lubre. XV Aniversario é un álbum recompilatorio do grupo de folk galego Luar na Lubre. Publicouse o 4 de febreiro de 2001, baixo o selo Warner Music.
A edición está composta dun CD onde se inclúen éxitos do grupo e dúas actuacións en directo: "O berce do sol" e "Muñeira do Miño", gravadas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no ano 2000. Ademais, conta coa colaboración de Pablo Milanés en "Tu gitana", Ismael Serrano en "Chove en Santiago" e Hevia en "Grial". O disco inclúe 3 temas inéditos: "Camariñas", "Grial" e "Terra".
Cronoloxicamente, publicáronse no álbum O son do ar (1988) os seguintes temas: "O son do ar", (tamén no álbum Plenilunio, de 1997), "A frol d'augoa" e "O berce do sol". Corresponde ao álbum Beira Atlántica (1990) o tema "Muiñeira do Miño" (gravado en directo). Do álbum Plenilunio (1997) son os temas "Tu gitana" (coa colaboración de Pablo Milanés) e "Galaecia". Por último, pertencen ao álbum Cabo do mundo (1999) os temas: "Nau", "Chove en Santiago" (con Ismael Serrano), "O trebón" e "Heicho de dar".
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Camariñas" | Tradicional | 4:34 |
2. | "Grial (Con José Ángel Hevia e María José Hevia)" | Bieito Romero | 3:22 |
3. | "Tu gitana (Con Pablo Milanés)" | Zeca Afonso | 4:28 |
4. | "Nau" | Bieito Romero | 3:13 |
5. | "Terra" | Tradicional · Bieito Romero · Raquel González Gamallo | 4:11 |
6. | "Chove en Santiago (Con Ismael Serrano)" | Federico G. Lorca · Alberto Gambino | 4:35 |
7. | "Galaecia" | Bieito Romero | 4:49 |
8. | "O son do ar" | Bieito Romero | 7:08 |
9. | "A frol d'augoa" | Tradicional · L.N.L. | 5:37 |
10. | "Pola ponte de San Xoán" | Tradicional · L.N.L. | 3:49 |
11. | "O trebón" | Xan Cerqueiro | 3:47 |
12. | "Heicho de dar" | Tradicional · Bieito Romero | 4:50 |
13. | "Muiñeira do Miño (En directo)" | Tradicional · Bieito Romero · Ramiro Couce | 4:42 |
14. | "O berce do sol (En directo)" | Bieito Romero | 3:10 |
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- John Parsons: guitarra (1, 2, 3, 5, 6)
- Alfonso Morán: baixo, contrabaixo (2, 5)
- Elías García: bouzouki (2, 5, 6)
- Daniel Cerqueiro: guitarra (8)
- Fernando Villar: teclados (1, 2, 5, 6), programacións (2, 5)
- Marcos Represas: clarinete (4, 12)
- Faltriqueira: coros (4)
- Paula Oanes: arpa (3)