Valkyrie
Valkyrie | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Valkyrie |
Director | Bryan Singer |
Produtor | Christopher McQuarrie Bryan Singer Gilbert Adler |
Guión | Christopher McQuarrie Nathan Alexander |
Intérpretes | Tom Cruise Bill Nighy Carice van Houten Kenneth Branagh Tom Wilkinson Eddie Izzard Thomas Kretschmann Terence Stamp |
Música | John Ottman |
Fotografía | Newton Thomas Sigel |
Estrea | 2008 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Bélica |
Na rede | |
http://valkyrie.unitedartists.com | |
Valkyrie é un filme estadounidense de 2008 ambientado na Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial, dirixido por Bryan Singer, o protagonista principal é Tom Cruise como o coronel Claus von Stauffenberg, conta tamén coa actuación de Kenneth Branagh, Bill Nighy, Eddie Izzard, Terence Stamp e Tom Wilkinson. A súa estrea foi o 25 de decembro de 2008 nos Estados Unidos. O custo de produción foi de 75 millóns de dólares e a recadación de 200.276.784 $ en todo o mundo.[1]
Produción
[editar | editar a fonte]A elección de Cruise causou controversia entre os políticos alemáns e os familiares de von Stauffenberg por ser Cruise membro da Igrexa da Ciencioloxía, organización que o goberno alemán non considera de natureza relixiosa e que intentou ilegalizar, arquivando finalmente a medida por non atopar actividades ilegais ou anticonstitucionais.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O argumento de Valkyrie é un trasunto atentado do 20 de xullo dun grupo de oficiais alemáns contra Hitler e a utilización da Operación Valquiria, un plan de emerxencia ideado pola reserva territorial do exército, para facerse co control de Alemaña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)