Thor (satélite)
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2014) |
Thor (anteriormente coñecido como Marcopolo) forma parte dunha serie de satélites proxectados, lanzados e testados pola Hughes Space and Communications (agora parte da Boeing Satellite Systems) para a British Satellite Broadcasting (BSB), e estes foron usados para o servizo de transmisión satelitial para a Gran Bretaña. Thor é de propiedade da compañía de telecomunciacións escandinava Telenor,[1] e Intelsat pertence a unha compañía americana [2] Marcopolo tivo a designación Hughes HS376.[3]
O primeiro satélite de Telenor (Televerket era o nome cando era unha empresa pública) foi o Thor 1 con cinco transpondedores para cinco canles analóxicos. O satélite foi lanzado ao espazo o dezasete de agosto de 1990 para a British Satellite Broadcasting (BSB), chamándose desde entón Marcopolo 2. Telenor comproulla a BSkyB, e cambiou da posición do satélite desde 31º Oeste a 1º Oeste, e púxolle o nome Thor 1.
- Cadrado coa recepción dos respectivos satélitos e zonas:[4]
Satélite | Beam | Península Ibérica e Illas Baleares | Canarias e
Madeira/Azores |
|
---|---|---|---|---|
Intelsat 10-02 | Spot 1
Spot 2 |
O Spot 1 ten cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores)
O Spot 2 sen cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores) | ||
Intelsat 10-02 | Spot 3/3X | O Spot 3/3X ten cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores) | ||
Thor 5 | T1 (feixe nórdico) | O T1 (feixe nórdico) ten cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores) | ||
Thor 5 | T2 (feixe europeo) | O T2 (feixe europeo) ten cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores) | ||
Thor 6 | K1 (feixe nórdico) | O K1 (feixe nórdico) sen cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores) | ||
Thor 6 | K2 (feixe europeo) | O K2 (feixe europeo) ten cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores) |
Polo satélite Thor 0.8 Este e Intelsat 1 Este emiten as numerosas compañías de pago vía satélite dos países escandinavos, Europa central e Romanía, plataformas como Canal Digitaal, Digi TV, Telenor etc. como tamén podemos encontrar unha serie de canles de televisión e de radio gratuítos, como o Sky News e 1Music Channel.[5]
Satélites
[editar | editar a fonte]Satélite | Fabricante | Data do lanzamento | Vehículo de lanzamento | Estado | Nota |
---|---|---|---|---|---|
Thor 1 | Hughes | 18 de agosto de 1990 | Delta-6925 | Inativo | Tamén coñecido por Marco Polo 2 e BSB 2 |
Thor 2 | Hughes | 21 de maio de 1997 | Delta-7926 | Inativo | |
Thor 3 | Hughes | 09 de xullo de 1998 | Delta-7929 | Ativo | |
Thor 5 | Orbital Sciences Corporation | 11 de febreiro de 2008 | Proton-M/Briz-M | Ativo | Ex-Thor 2R |
Thor 6 | Thales Alenia Space | 29 de outubro de 2009 | Ariane 5 ECA | Ativo | Tamén coñecido por Intelsat 1W |
Thor 7 | Space Systems/Loral | Previsto para 2013 | Ariane 5 ECA | En construción |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BSB History by Boeing". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2009. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ "Boeing Launch Services Mission Record". Boeing.
- ↑ [1] Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine. NASM's Herbert Stephen Desind Collection,p. 36
- ↑ "Listado das canles gratuítas e os satélites Canales Parabólica".
- ↑ "listado de canles da plataforma de satélite". Lyngsat.