Terra do Norte
Aparencia
Coord.: 79°45′N 98°15′L / 79.75, 98.25
(ru) Северная Земля | |||||
Tipo | arquipélago | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Nicolao II de Rusia | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Krai de Krasnoiarsk, Rusia | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Ártico | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 965 m | ||||
Superficie | 37.000 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1913 | ||||
Terra do Norte (en ruso, Се́верная Земля, Sévernaya Zemliá) é un arquipélago de Rusia situado , no océano Glacial Ártico, ao nordeste de Nova Zembla.
Queda ao norte da península siberiana de Taimir entre o mar de Kara e o mar de Laptev. O arquipélago de Terra do Norte foi avistado por en 1913 e cartografado por primeira vez en 1933, converténdose no último arquipélago da Terra en ser descuberto.
Administrativamente, forma parte do krai de Krasnoyarsk da Federación Rusa.
Illas
[editar | editar a fonte]O arquipélago ten as seguintes catro illas maiores:
- Illa da Revolución de Outubro, a maior do arquipélago, con 14.170 km². Foi a primeira en ser explorada na expedición de G. A. Ushakov e N. N. Urvantsev en 1930–32.
- Illa Bolxevique, unha illa montañosa, a máis meridional do grupo e a segunda por tamaño, con 11.031 km².
- Illa Komsomolets, a máis setentrional do grupo e a terceira por tamaño, con 9.006 km².
- Illa Pioneer, con 1.527 km², alberga o glaciar Pioneer.[1]
Ademais, ten as seguintes illas menores:
- Illa Schmidt, con 467 km², a máis afastada do grupo, situada ao noroeste do arquipélago, nunha zona case de permanentes xeos, a illa está case cuberta por completo polo «campo de hielo Schmidt».[2] Leva o seu nome en honor do científico ruso Otto Schmidt (1891 — 1956).
- Illa Maly Taymyr, con 232 km², está no mar de Laptev.
- Illa Starokadomsky, pequena illa próxima a Maly Taimyr, fronte a súa costa noroccidental, separado dela por un estreito duns 6 km de anchura.
- Arquipélago Sedov
- Illa Lishni
- Illa Vostóchniy, situada ao sur da illa Bolxevique.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrada «severnaya-zemlya», en el sitio de www.oceandots.com, dispoñible en: [1].
- ↑ Bassford, R.P. et al. (2006) «Quantifying the Mass Balance of Ice Caps on Severnaya Zemlya, Russian High Arctic. I: Climate and Mass Balance of the Vavilov Ice Cap», en Arctic, Antarctic, and Alpine Research 38(1): pp.1-12.