Terra Eo-Navia
Terra Eo-Navia | ||
---|---|---|
| ||
Localización | ||
Datos | ||
Capital | Navia | |
Comunidade Autónoma | Asturias | |
Superficie | 1.645 km² | |
Poboación (2007) | 36.208 hab. | |
Densidade de poboación | 22,01 hab./km² |
A Terra Eo-Navia (en castelán e oficialmente Eo-Navia)[1] é unha rexión que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia (máis concretamente o río Frexulfe). Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia estremeira.
Orixe
[editar | editar a fonte]O termo naceu en sectores do galeguismo[Cómpre referencia], e en primeira instancia correspóndese cunha realidade lingüística e cultural, xa que fai referencia aos concellos do Principado nos que se fala o galego.
En segunda instancia, o termo fai referencia a aspiracións políticas defendidas por parte do nacionalismo galego, que reivindica esa comarca cultural como parte do dominio lingüístico galego e fala dunha necesidade de cooficialización do galego nesa área[2]. En troques, algunhas publicacións como La Nueva España ou a propia Academia Asturiana negan e rexeitan[3] frontalmente o galeguismo desta zona limítrofe coa provincia de Lugo.
Datos
[editar | editar a fonte]Segundo un estudo do profesor da Universidade Complutense de Madrid Alberto Gómez Bautista, na Galicia estremeira (que abrangue as zonas de Eo-Navia, Ancares Leste, Bierzo Occidental e As Portelas) existen entre 70.000 e 100.000 galegofalantes, é dicir un 50% da poboación ten o galego como lingua de uso cotián. Así mesmo, algúns falantes do Eo-Navia e tamén do Bierzo tamén falan asturleonés[Cómpre referencia].[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Informe lingüístico sobre a terra Eo-Navia". Andel Virtual. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de maio de 2009.
- ↑ "Carlos Varela, académico da RAG, fala dun tabú a se referir á lingua como galego na zona Eo-Navia". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 06 de maio de 2009.
- ↑ "Plataforma Cultural Eonaviega contra o galeguismo no Occidente de Asturias". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 06 de maio de 2009.
- ↑ 2004, 7 63-66 (páxina II) Arquivado 03 de abril de 2010 en Wayback Machine. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Informe lingüístico sobre a nosa terra Eo-Navia (Occidente de Asturias) (2.ª ed.). Navia: Asociación Abertal del Eo-Navia. 2010 [2007].
- Costas González, Xosé-Henrique (2008-2009). "A deturpación da toponimia galega do Eo-Navia". Cadernos de Lingua (A Coruña: Real Academia Galega) (30-31): 5–25. ISSN 1130-5924. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2021.
- Regueira, Xosé Luís (2006). "Informe lingüístico sobre a nosa terra Eo-Navia (Occidente de Asturias). Navia: Asociación Abertal del Eo-Navia, 2007". Cadernos de Lingua (A Coruña: Real Academia Galega) (28): 191–195. ISSN 1130-5924. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2021.
- Varela Aenlle, Carlos Xesús (2010). Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia. Universidade de Vigo.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A situación do galego no Eo-NaviaArquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Explicación polo miúdo da situación e a problematica lingüística e cultural no Eo-Navia Arquivado 26 de abril de 2009 en Wayback Machine.
- A lingua galega na Franxa Leste
- Historia das terras Eo-Navia dentro do Reino de Galiza
- Mesa prá Defensa del Galego de Asturias Arquivado 04 de maio de 2013 en Wayback Machine.
- A asociación cultural ABERTAL pola defensa da lingua e cultura galegas da comarca del Eo-Navia
- O relativo do continuum entre galego e asturiano en Asturias, a cargo de Xavier Frías Conde