Termistor
Aparencia
Un termistor é un semicondutor sensíbel á temperatura. Existen basicamente dous tipos de termistores:
- NTC (do inglés Negative Temperature Coefficient) - termistores cuxo coeficiente de variación de resistencia coa temperatura é negativo: a resistencia diminúe co aumento da temperatura.
- PTC (do inglés Positive Temperature Coefficient) - termistores cuxo coeficiente de variación de resistencia coa temperatura é positivo: a resistencia aumenta co aumento da temperatura.
Conforme a curva característica do termistor, o seu valor de resistencia pode diminuír ou aumentar en maior ou menor grao nunha determinada franxa de temperatura.
Así algúns poden servir de protección contra o sobrequecemento, limitando a corrente eléctrica cando determinada temperatura é superada. Outra aplicación corrente, neste caso a nivel industrial, é a medición de temperatura (en motores por exemplo), pois podemos co termistor obter unha variación dunha grandeza eléctrica en función da temperatura á que este se encontra.