Teorema de Thévenin
O teorema de Thévenin indica que se unha parte dun circuíto eléctrico está comprendida entre dúas terminais A e B, esta parte en cuestión pode substituírse por un circuíto equivalente constituído unicamente por un xerador de tensión en serie cunha impedancia, de forma que ó conectar un elemento entre os dous terminais A e B, a tensión que cae nel e a intensidade que pasa por el son as mesmas tanto no circuíto real coma no equivalente.
O teorema de Thévenin é o dual do teorema de Norton.
Tensión de Thévenin
[editar | editar a fonte]Ao desconectar a resistencia de carga do circuíto, entre os seus terminais aparece unha diferenza de potencial, sendo esta a tensión de Thévenin.
Resistencia (impedancia) de Thévenin
[editar | editar a fonte]A resistencia de Thévenin é a resistencia que se "ve" dende os terminais A e B da carga cando esta se atopa desconectada do circuíto e tódolos xeradores están anulados. Para anular un xerador, substituímolo por un circuíto cerrado. Se o xerador é de corrente, substitúese por un circuíto aberto.
Para calcular a resistencia Thévenin, temos que observa-lo circuíto , diferenciando dous casos: circuíto só con xeradores independentes (non dependen dos compoñentes do circuíto), ou circuíto con xeradores dependentes.
Para o primeiro caso anulamos os xeradores do sistema, substituíndo os de tensión por un curtocircuíto, e os de corrente por un circuíto aberto. Calculamos a impedancia equivalente debida á asociación de tódalas impedancias do circuíto, sendo esta a resistencia de Thévenin.
Para o segundo caso, anulamos todos os xeradores independentes, pero non os dependentes. Introducimos un xerador de tensión de proba Vproba entre os terminais A e B. Resolvemos o circuíto, e calculamos a intensidade de corrente que circula polo xerador de proba. Teremos que a resistencia Thévenin será: