TOMS-EP
TOMS-EP / Total Ozone Mapping Spectrometer - Earth Probe | |
---|---|
Representación de TOMS-EP. | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | NASA |
Contratistas principais | TRW |
Data de lanzamento | 2 de xullo de 1996, 7:48 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Pegasus XL[3][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da distribución de ozono na atmosfera terrestre.[3][6] |
NSSDC ID | 1996-037A |
Masa | 248 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7087 km[1] |
Inclinación | 98,1 graos[1] |
Apoapse | 735,5 km[1] |
Periapse | 696,9 km[1] |
TOMS-EP, acrónimo de Total Ozone Mapping Spectrometer - Earth Probe, é un satélite artificial da NASA lanzado nun foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 2 de xullo de 1996.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de TOMS-EP foi continuar as medicións da distribución de ozono e dióxido de xofre na atmosfera terrestre feitas por anteriores satélites, como o Nimbus 7 estadounidense e o Meteor 3 soviético. As medicións continuaron mediante satélites como ADEOS e Meteor 3M. Tiña unha altura de 1,73 m e 3,90 m de envergadura cos paneis solares estendidos, que xeraban unha potencia de ata 275 vatios. O satélite estabilizábase nos tres eixos.[3][5][6]
O lanzamento de TOMS-EP estaba programado para 1994, pero o fallo dos dous primeiros Pegasus XL atrasou o lanzamento a 1996, facendoo coincidir con ADEOS, que tamén se adicou a facer medicións do ozono e tería que ter sido o seu sucesor. TOMS-EP foi finalmente posto nunha órbita inferior á planeada para non recoller os mesmos datos que ADEOS e de paso facer medicións de maior resolución.[3][5][6]
O instrumento TOMS tiña unha masa de 35 kg e consumía 25 W de potencia de media. Facía medicións cunha resolución de 47 km no nadir e 62 km en xeral, recollendo datos en bandas de 2750 km de longo. Era capaz de facer 35 medicións cada 8 segundos.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TOMS EP" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-25680T). 31 de xullo de 1997: 2. Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (21 de marzo de 2017). "TOMS-EP" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "TOMS-EP / TOMS Earth Probe" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "TOMS-EP" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "TOMS-EP" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: TOMS-EP |