Saltar ao contido

Stalker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stalker (título orixinal en ruso: Сталкер) é a quinta longametraxe do director soviético Andrei Tarkovskii. Foi rodada entre 1978 e 1979, nos estudios de cine Mosfilm e é considerada un clásico do cine soviético e da ciencia ficción.

O guión foi escrito polos escritores soviéticos Arkadi i Borís Strugatski, baseándose na súa novela Picnic ó redor do camiño (en cirílico Пикник на обочине, Piknik na obotxine) publicada no 1972.

A película de Tarkovskii trata sobre unha expedición guiada por un stalker (guía) que leva furtivamente ós seus dous clientes á Zona, un lugar misterioso ó cal se lle atribue a propiedade de poder cumprir os desexos máis íntimos das persoas que chegan ata alí. O título inglés da película, Stalker, provén do verbo to stalk, ou 'achegarse furtivamente', coma o fai un cazador. Na película, o 'stalker é un guía profesional que gaña a vida na Zona, cruzando ilegalmente a fronteira prohibida para axudar ós seus clientes a acadar o seu destino.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]