Stade Chaban-Delmas
Stade Chaban-Delmas | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 44°49′45″N 0°35′53″O / 44.829167, -0.598056 |
Localización | Bordeos, Francia |
Construción | |
Inauguración | Xuño de 1938 |
Renovación | 1998 |
Arquitecto | Raoul Jourde, Jacques d'Welles, René Buthaud, Marcel Damboise e Alfred Janniot |
Custo | 12000000 franco francéss |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 34.462 |
Propietario | Ville de Bordeaux |
Localía | FC Girondins de Bordeaux (1938-2015) Union Bordeaux Bègles (dende 2011) |
Web | http://www.bordeaux2030.fr/bordeaux-demain/parc-lescurechaban-delmas |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Stade Chaban-Delmas (chamado Parc Lescure ata o ano 2001), é un estadio localizado na cidade de Bordeos, en Francia. Ten unha capacidade para 34.462 persoas.
É o estadio no que xoga os seus partidos como local o Union Bordeaux Bègles de rugby dende 2011. Tamén foi o estadio do FC Girondins de Bordeaux entre 1938 e 2015, cando se traladou ao Stade Bordeaux-Atlantique.
Construído en 1930 como velódromo, foi axiña renovado como estadio de fútbol para acoller partidos da Copa do Mundo de Fútbol 1938. O estadio foi clasificado como edificio histórico, de xeito que non se pode ampliar a súa capacidade. En 1998 se xogou neste estadio a final da Heineken Cup 1997-1998.
O seu nome actual débese a Jacques Chaban-Delmas, quen foi alcalde de Bordeos dende 1947 ata 1995, e que morreu no ano 2000.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stade Chaban-Delmas |