Sisebuto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 565 |
Morte | febreiro de 621 (55/56 anos) Toledo, España |
Rei dos visigodos | |
612 – 621 ← Gundemaro – Recaredo II → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca, escritor, biógrafo |
Familia | |
Fillos | Theodora, Recaredo II |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Sisebuto, finado en Toledo en febreiro de 621, foi un nobre hispano, rei dos visigodos entre os anos 612 e 621. Sucedeu a Gundemaro, finado de morte natural no ano 612, e posiblemente pertencía á mesma facción do seu predecesor. A el atribúeselle a construción da igrexa de Santa Leocadia en Toledo, e que máis tarde foi sede de catro concilios relixiosos. Morreu en circunstancias estrañas, posibelmente envelenado, e foi sucedido polo seu fillo Recaredo II.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Polas fontes sábense algunhas características persoais de Sisebuto. Desaprobaba o teatro (ao parecer era mal considerado, polo menos entre os católicos, xa que Isidoro de Sevilla tamén o desaprobaba) e nunha carta reprocha ao bispoEusebio de Tarraco (que xa aparece como bispo no sínodo da Tarraconense de 614) o seu interese polas artes escénicas. Sabemos que nomeou bispos, porque na mesma carta na que increpaba a Eusebio, mandaba a este, como metropolitano, consagrar o portador da carta como bispo de Barcino. Opoñíase á entrada dos bispos nos mosteiros, desde cando o quixo facer Cecilio de Mentesa[1][2].
Foi un dos primeiros gobernantes en Europa en facer unha persecución aos xudeus[3][4].
Como escritor gozou de certa sona, grazas a un poema sobre as eclipses (a chamada Epistula sisebuti, coa colaboración de Isidoro de Sevilla[5]) e á obra Vida e paixón de San Desiderio, onde narra a vida do santo galo, executado en 606 ou 607 por orde do rei Teodorico de Borgoña e da súa avoa a visigoda Brunexilda, ambos inimigos de Gundemaro e outros reis visigodos.
Predecesor: Gundemaro |
Rei dos visigodos 612-621 |
Sucesor: Recaredo II |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Olmo López, Anthony (2004). "Mente romana, visigoda e musulmá. o garda de fronteiras" (PDF). SUMUNTAN. Revista de Estudos sobre Sierra Mágina (Colectivo de Investigadores Sierra Mágina. "CISMA") (20): 13–28. ISSN 1132-6956. Depósito legal: J-300-1992. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 04 de setembro de 2011. Consultado o 02 de xullo de 2022.
[…]dos bizantinos, os seus dominios estaban perigosamente próximos a eles, xa que un bispo de Mentesa, chamado Cecilio, caeu no seu poder, aínda que despois recuperou a liberdade.
- ↑ Ministerio de Educación de España, Paz Remolar, Ramón. Revista Contemporánea, (Madrid, 1875-1907) (15 de marzo de 1903). "Revista Contemporánea: Ano XXIX Tomo CXXVI Caderno III". Madrid: 305.
- ↑ L. Garcia Iglesias. "Las leyes antijudías de Sisebuto": 107.
Os bispos son Agapio de Tucci (Martos, Xaén), Agapio de Córdoba e Cecilio de Mentesa (La Guardia, Xaén)
- ↑ Luis A. Garcia Moreno (2005). Edicións Rialp, ed. "Los judíos de la antigua España: desde el primer encuentro al primer repudio" (en castelán): 184 (páx. 128).
- ↑ "El rey visigodo que encargó escribir un tratado dedicado a los eclipses para acabar con la superstición de sus súbditos". es.noticias.yahoo.com (en castelán). Consultado o 2022-07-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sisebuto |