Saltar ao contido

Pulga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Siphonaptera»)
Pulga
Rango fósil: Xurásico medio - Actualidade[1]

Pulga.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Subclase: Pterygota
Infraclase: Neoptera
Superorde: Endopterygota
Orde: Siphonaptera
Latreille, 1825
Subordes

Ceratophyllomorpha
Hystrichopsyllomorpha
Pulicomorpha
Pygiopsyllomorpha

Sinonimia

Aphaniptera

Pulga é o nome común dos insectos da orde Siphonaptera, e presentan un tamaño diminuto. Hai máis de 1.500 especies, entre elas a pulga humana (Pulex irritans). A maioría das pulgas son parasitas externas que se alimentan do sangue de mamíferos e aves. Estes animais poden transmitir doenzas graves como o tifo e a peste bubónica.

Ciclo vital

[editar | editar a fonte]

As pulgas pasan por un completo ciclo vital consistente en ovo, larva, pupa e adulto. O período en que se completa o ciclo de ovo a adulto varía de dúas semanas a oito meses dependendo da temperatura, humidade, alimento e especie. Normalmente, tras se alimentar do sangue, a pulga femia pon entre 15 e 20 ovos por día ata 600 en toda a súa vida, usualmente sobre o hóspede (cans, gatos, ratas, coellos, esquíos, raposos, galiñas, humanos etc). Os ovos depositados soltos na pelaxe caen na súa maioría por todos os sitios, especialmente onde o hospedador repousa, dorme ou aniña (alfombras, mobles tapizados, caixas de cans e gatos, caixas de area etc).

Os ovos abren entre dous días a dous semanas despois, de maneira que saen larvas que se atopan nos interiores das casas nas gretas e fendeduras do chan, ao largo dos rodapés, baixo os bordos das alfombras ou en mobles ou camas. O desenvolvemento á intemperie ten lugar en solos de area e grava, (caixas de area húmidas, baixos das casas sucios, baixo os arbustos etc.) onde o hospedador pode descansar ou durmir. A area e grava son moi axeitadas para o desenvolvemento larvario, que é a razón pola que as pulgas son chamadas erroneamente "pulgas de area".

As larvas son cegas, evitan a luz, pasan por tres mudas larvarias e tardan dunha semana a varios meses en se desenvolver. O seu alimento consiste en sangue dixerido das feces de pulgas adultas, pel morta, pelo, plumas e outros restos orgánicos. As larvas non zugan o sangue. As pupas maduran ao estado de adultos dentro dun casulo de seda tecido pola larva, ao que adhiren pelo das mascotas, fibras das alfombras, po, anacos de herba e outros restos. En arredor de cinco a catorce días, emerxen as pulgas adultas ou poden permanecer en repouso no casulo ata detectar vibración (movemento de persoas ou mascotas), presión (o animal que hospeda apoiado sobre elas), calor, humidade ou dióxido de carbono (significando que unha potencial fonte de sangue está preta). A maioría das pulgas pasa o inverno no estado de larva ou pupa con mellor supervivencia e crecemento durante invernos cálidos e húmidos e a primavera.

As picaduras das pulgas de animais domésticos adoitan presentarse nun primeiro momento dun xeito similar a picadura dun mosquito pero é frecuente que neste primeiro momento non proa. Ao cabo de 12-24 horas comeza a proer de forma intensa pero intermitente, podendo durar unha semana. É habitual que as picaduras presenten unha pequena ampola.

As picaduras preséntanse frecuentemente en grupos, seguindo o camiño do animal, sendo moi habitual que empece nos nocellos e remate a altura da cintura pois, onde a roupa se axusta ao corpo, adoita supor unha barreira para o seu desprazamento.

Normalmente os síntomas das picaduras de pulgas son leves, aínda que se debe ter coidado con elas xa que poderían chegar a causar infeccións na pel e incluso alerxias.

Pulga de auga

[editar | editar a fonte]
Talitrus saltator.

Polas súas similitudes (pequeno tamaño e movemento a saltos), tamén recibe este nome a pulga de area ou de praia (Talitrus saltator), aínda que se trata dun crustáceo que nada ten que ver coa pulga que describe este artigo.

  1. Huang, D., Engel, M.S., Cai, C., Wu, H., Nel, A. (2012). "Diverse transitional giant fleas from the Mesozoic era of China". Nature, in press. doi 10.1038/nature10839.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.