Saltar ao contido

Silverio Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSilverio Rivas Alonso

Dolmen Novo Milenio
Biografía
Nacemento24 de nov. de 1942 (81 anos)
Ponteareas
EducaciónEscola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Círculo de Belas Artes de Madrid
Escola de Arte A Palma Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEscultor
Membro de
Xénero artísticoAbstract sculpture (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoConstrutivismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCarlos Sobrino Buhigas, Luís Torras, Xoán Piñeiro Nogueira e Camilo Nogueira Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX1036904 BUSC: rivas-silverio-1942

Silverio Rivas Alonso, nado en Ponteareas o 24 de novembro de 1942, é un escultor galego con obradoiro en San Xoán de Paramos (Tui).[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar no taller de ebanistería do pai aos doce anos.[2] Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo cos mestres Carlos Sobrino Buhigas, Luís Torras e Camilo Nogueira Martínez;[2] no taller de fundición de Xoán Piñeiro Nogueira; en Madrid, onde ingresou na Escola de Artes e Oficios da rúa da Palma e asistiu ás clases nocturnas do Círculo de Belas Artes, e en Sargadelos, o que o levou a innovar con conxuntos articulados e desmontables de cerámica.[3] Traballou en París. Formou parte do movemento Atlántica desde 1980.[4]

Pioneiro da abstracción escultórica en Galicia e cun traballo que despuntou nos anos setenta. Domina un construtivismo orgánico que sempre ten en conta o xogo das formas e o espazo intrínseco e cambiable. Traballa con materiais diversos: granito, bronce, ferro, aceiro, chumbo, mármore, madeira, barro, fibra de poliéster, gres...[5][6]

Capela Solis.

Rivas, presente no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo,[2] a Colección Afundación[7] e no Museo de Belas Artes da Coruña,[8][9] ten obra en espazos públicos en varias vilas de Galicia:

En 2012 participou, coa peza Barca solar, na exposición Gallaecia Petrea, na Cidade da Cultura de Galicia.

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

En 1992 recibiu o Premio da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Representación[12] e en 2015 o Premio Laxeiro.[13]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Rivas Alonso, Silverio" en Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011), t. 3, p. 172, Ir Indo.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Seoane Rivas, Xavier: "Rivas Alonso, Silverio" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  3. Díaz Pardo, Isaac: Cerámicas articuladas de Silverio Rivas, Do Castro, 1977, ISBN 84-85134-30-3.
  4. "Rivas Alonso, Silverio" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 53, p. 47.
  5. Silveriorivas.com
  6. "Rivas Alonso, Silverio" en Diciopedia do século 21, t.3, p. 1818, 2006.[1]
  7. Rivas na Colección Afundación e na Colección Abanca Arquivado 04 de xullo de 2015 en Wayback Machine.
  8. Colecciones en Red (CERES), Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
  9. "Silverio Rivas no Museo de Belas Artes da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 03 de xullo de 2015. 
  10. "La obra «Proa ao mar» volverá a brillar" La Voz de Galicia, 22/3/2014 (en castelán).
  11. "A oliveira do novo milenio" Faro de Vigo, 28/10/2010.
  12. "Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 03 de xullo de 2015. 
  13. "Silverio Rivas recibe el Premio Laxeiro 2015" La Voz de Galicia, 20/2/2015 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]