Saltar ao contido

Signo de fin de artigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Signo de fin de artigo
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
puntos suspensivos ( )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
acento ( ◌́ )
  acento agudo ( ◌́ )
  acento circunflexo ( ◌̂ )
  acento grave ( ◌` )
diérese ( ◌̈ )
til ( ~ )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
asterismo ( )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
cancelo ( # )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
fin de artigo ( )
frecha ( )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

Varias formas do signo de fin de artigo.

O signo de fin de artigo, tombstone, Halmos, fin da demostración ou signo de Q.E.D. «» úsase en Matemáticas para sinalar a fin dunha demostración matemática, en lugar da abreviatura habitual «Q.E.D.», da frase latina quod erat demonstrandum, «o que se quería demostrar». Nas revistas, é un dos signos que se emprega para indicar o final dun artigo.

No Unicode, represéntase polo carácter 220E, que ten variantes gráficas. Pode ser un rectángulo ou un cadrado baleiro ou enchido.

Ás veces chámase halmos polo matemático Paul Halmos, que foi o primeiro que o usou nun contexto matemático. Tivo a idea de empregalo tras velo usado para indicar o final dos artigos en revistas. Nas súas memorias I Want to Be a Mathematician, escribiu:[1]

O símbolo non é definitivamente invención miña; — aparecía en revistas populares (non matemáticas) antes de que eu o adoptase, pero, unha vez máis, parece que eu o introducín nas Matemáticas. É o símbolo que ás veces aparece como ▯, e úsase para indicar un final, habitualmente o final dunha proba. Frecuentemente chámase 'tombstone', pero polo menos un xeneroso autor referiuse a el como ‘halmos’.[2]
  1. Halmos, Paul R. (1985). I Want to Be a Mathematician: An Automathography. p. 403. 
  2. The symbol is definitely not my invention — it appeared in popular magazines (not mathematical ones) before I adopted it, but, once again, I seem to have introduced it into mathematics. It is the symbol that sometimes looks like ▯, and is used to indicate an end, usually the end of a proof. It is most frequently called the 'tombstone', but at least one generous author referred to it as the ‘halmos’

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]