Saltar ao contido

Shah Rukh Khan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShah Rukh Khan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Nova Deli, India Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
2013 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesBadshah of Bollywood
King of Bollywood
King Khan Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBombai Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónNational School of Drama
Jamia Millia Islamia
Universidade de Delhi Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCine Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpresentador de televisión, produtor de cinema, bailarín, guionista, actor, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGauri Khan (1991–) Editar o valor en Wikidata
FillosAryan Khan, Suhana Khan, Abram Khan Editar o valor en Wikidata
PaisTaj Mohammed Khan Editar o valor en Wikidata  e Lateef Fatima Editar o valor en Wikidata
IrmánsShehnaz Lalarukh Khan Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0451321 Allocine: 73726 Rottentomatoes: celebrity/shahrukh_khan Allmovie: an5383 Metacritic: person/shah-rukh-khan
Facebook: IamSRK Twitter: iamsrk Instagram: iamsrk TED: shah_rukh_khan BNE: XX5051914 Souncloud: shahrukhkhan Spotify: 3SBWeRybza4sJUr6Kjmft2 Musicbrainz: 8f9536d0-7be2-4c64-b6a4-ef73bb1c3876 Songkick: 51470 Discogs: 1273696 Editar o valor en Wikidata

Shah Rukh Khan (en hindi: शाहरुख़ ख़ान; en urdú: شاہ رخ خان), nado como Shahrukh Khan en Nova Deli o 2 de novembro de 1965, tamén coñecido como SRK, é un actor, produtor e personalidade da televisión india. Coñecido polos medios de comunicación como o "Baadshah de Bollywood", "Rei de Bollywood" ou "Rei Khan", apareceu en máis de 80 filmes de Bollywood, gañou numerosos premios e galardóns, incluíndo 14 Premios Filmfare. Khan ten unha fama significativa en Asia e na diáspora india de todo o mundo. En termos de audiencia e recadación, foi descrito como unha das estrelas de cine máis exitosas do mundo.

Khan comezou a súa carreira con aparicións en numerosas series de televisión a finais da década de 1980. Fixo o seu debut nun filme de Bollywood en 1992 con Deewana. Ós comezos da súa carreira, Khan era recoñecido por interpretar papeis de malvados nos filmes Darr (1993), Baazigar (1993) e Anjaam (1994). Acadou a fama despois de protagonizar filmes romántico, como Dilwale Dulhania Le Jayenge (1995), Dil To Pagal Hai (1997), Kuch Kuch Hota Hai (1998), Mohabbatein (2000) e Kabhi Khushi Kabhie Gham... (2001). Despois, acadou o recoñecemento da crítica pola interpretación dun alcohólico en Devdas (2002), un científico da NASA en Swades (2004), un adestrador de hóckey en Chak De! India (2007) e un home con síndrome de Asperger en My Name Is Khan (2010). Os seus filmes máis exitosos son as comedias Chennai Express (2013) e Happy New Year (2014). Moitos dos seus filmes tocan temas sobre a identidade nacional india e as conexións coas comunidades da diáspora, ademais de temas de diferenzas raciais, sociais e relixiosas. Polas súas achegas ó mundo do cine, o Goberno da India honrouno co Padma Shri, e o Goberno de Francia coa Orde das Artes e as Letras e Lexión de Honra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]