Saltar ao contido

Selección de baloncesto de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serbia

Clasificación 4
Afiliación 1992
Zona FIBA FIBA Europa
Federación Federación Serbia de Baloncesto (KSS)
Adestrador Aleksandar Đorđević
Xogos Olímpicos
Aparicións 4
Medallas 1996, 2016
Copa do Mundo da FIBA
Aparicións 6
Medallas 1998, 2002
2014
EuroBasket
Aparicións 12
Medallas 1995, 1997, 2001
2009, 2017
1999
Uniforme
Claro jersey
Team colours
Claro
Escuro jersey
Team colours
Escuro
O equipo serbio nun tempo morto nun partido contra Ucraína no Eurobasket de 2013

A selección de baloncesto de Serbia (en serbio Кошаркашка репрезентација Србије / Košarkaška reprezentacija Srbije) representa óa Serbia nos torneos de baloncesto profesional internacionais. Está organizada pola Federación Serbia de Baloncesto.

O equipo foi coñecido ata abril de 1992como selección de baloncesto de Iugoslavia, e ata xuño de 2006 como selección de baloncesto de Serbia e Montenegro. Cando Serbia se independizou, converteuse no sucesor de Serbia e Montenegro e, polo tanto, os resultados da anterior RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro lle pertencen por dereito.[1] Con todo a RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro non é considerada a sucesora da República Federal Socialista de Iugoslavia, polo que os resultados anteriores a 1992 non pertencen ao actual equipo.[2][3]

RFS Iugoslavia (1936–1991)

[editar | editar a fonte]

RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro (1992–2006)

[editar | editar a fonte]

A pesar de ser un país notablemente máis pequeno, o equipo nacional de baloncesto continuaou a ser moi competitivo na escena internacional. Gañaron varios campionatos de Europa e do Mundo. Dominaron a escena mundial nos anos 1990, nas xeraciónslideradas por xogadores como Vlade Divac, Peja Stojaković, Aleksandar Đorđević e Dejan Bodiroga, mais atravesou unha crise a principios dos anos 2000.

No Eurobasket gañaron 3 medallas de ouro en 1995, 1997 e 2001, e unha de bronce en 1999. Serbia organizou Eurobasket 2005, mais só puido finalizar no 9º lugar. Tamén conseguiu unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1996.

O Comité Olímpico Serbio elixiu o equipo de baloncesto como o mellor equipo masculino cinco veces entre 1995 e 1998, e en 2002.[4]

Serbia (2006–presente)

[editar | editar a fonte]

Unha nova xeración, de novo liderada polo adestrador Dušan Ivković recuperou algo da vella gloria conseguindo a medalla de prata no Eurobasket 2009, e a cuarta praza no Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010, co equipo máis novo.[5] A finais de 2013, o membro do salón da fama serbio Aleksandar Đorđević foi confirmado como sucesor de Ivković.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Equipo actual

[editar | editar a fonte]

Equipo para o Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019.

Selección de baloncesto de Serbia
Xogadores
Pos. # Nome Altura Peso Club
A 5 Simonović, Marko 2.03 m (6 ft 8 in) 88 kg (194 lb) Zenit San Petersburgo
E 7 Bogdanović, Bogdan 1.98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Sacramento Kings
A/AP 8 Bjelica, Nemanja 2.08 m (6 ft 10 in) 106 kg (234 lb) Sacramento Kings
A/AP 11 Lučić, Vladimir 2.03 m (6 ft 8 in) 96 kg (212 lb) Bayern München
P 13 Raduljica, Miroslav 2.13 m (7 ft 0 in) 113 kg (250 lb) Jiangsu Dragons
AP 14 Birčević, Stefan 2.11 m (6 ft 11 in) 100 kg (220 lb) Telekom Baskets Bonn
AP 15 Jokić, Nikola 2.13 m (7 ft 0 in) 113 kg (250 lb) Denver Nuggets
P 21 Milutinov, Nikola 2.11 m (6 ft 11 in) 100 kg (220 lb) Olympiakos
B 22 Micić, Vasilije 1.98 m (6 ft 6 in) 92 kg (203 lb) Anadolu Efes
E 23 Gudurić, Marko 2.01 m (6 ft 7 in) 91 kg (200 lb) Fenerbahçe
B 24 Jović, Stefan 1.98 m (6 ft 6 in) 94 kg (207 lb) Bayern München
P 51 Marjanović, Boban 2.21 m (7 ft 3 in) 109 kg (240 lb) Philadelphia 76ers
  1. "PR no.22: Montenegro becomes 213th FIBA Member". FIBA. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 26 August 2006. 
  2. "FIBA Medal table". FIBA. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2007. Consultado o 9 June 2013. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  4. http://www.oks.org.rs/?page_id=462&lang=sr-latn Arquivado 20 de agosto de 2010 en Wayback Machine.(en serbio)
  5. "Duda otpisao Milosavljevića". B92.net (en serbio). BETA. Consultado o 6 August 2012.