Sar, Santiago de Compostela
Sar | |
---|---|
Colexiata de Santa María de Sar. | |
Concello | Santiago de Compostela[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°52′18″N 8°32′10″O / 42.871666666667, -8.5361111111111 |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Sar é unha parroquia sita na parte sur do concello coruñés de Santiago de Compostela, á beira do río Sar.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Entre o seu patrimonio destaca a colexiata de Santa María a Real do Sar, igrexa de estilo románico. Tamén está aquí situado o Pavillón Multiúsos Fontes do Sar.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1957 os lugares de Paxonal, Corgo, O Castiñeiriño, Fieital e Lamas de Abade pasaron a formar parte da nova parroquia do Castiñeiriño.[2]
Accidente ferroviario
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Accidente ferroviario de Angrois de 2013.
O 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, tivo lugar o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e por vítimas oficiais, tamén o máis grave da historia de España por descarrilamento ferroviario. Polo menos 80 persoas faleceron no incidente. Os medios de comunicación loaron a rápida resposta dos veciños de Angrois (Sar), considerándoos heroes[3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Brañas do Sar.
-
Monte do Viso.
-
Ponte na parroquia de Sar.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sar
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Sar no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Angrois | As Casas da Hedra | O Cruceiro de Sar | O Outeiro | Picaños | As Pontes do Viso | O Vieiro | O Viso |
Parroquias de Santiago de Compostela
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Fernández Castiñeiras, Enrique (2001). "La iglesia de nuestra señora del Castiñeiriño, un nuevo ambiente arquitectónico para la administración de los sacramentos". En Balboa López, Xesús; Pernas Oroza, Herminia. Entre nós: Estudios de arte, xeografía e historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 89. ISBN 84-8121-969-X.
- ↑ Faro de Vigo - "Angrois, tierra de héroes"