Saltar ao contido

Sanguiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sanguiño
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotas
(sen clasif.): Rosidas
Orde: Rosales
Familia: Rhamnaceae
Xénero: Rhamnus
Especie: R. frangula
Nome binomial
Rhamnus frangula
L.
Sinonimia[1][2]

O sanguiño[3] (Rhamnus frangula ou Frangula alnus) é un arbusto de 3-6 metros de altura que medra en bosques húmidos de Europa, Asia e norte de África.

Sanguiño.

É un arbusto de ramas ergueitas non espiñoso. A casca presenta manchas chamadas lenticelas. As follas caedizas, alternas, ovais, pecioladas con nervaduras sobresaíntes no envés. As flores son pequenas, hermafroditas, con cinco pétalos e de cor rosada ou verdosa. Os froitos son vermellos que se volven pardos ó madurar. Trátase dun arbusto típico de chans moi húmidos en substratos silíceos, amplamente estendido por Europa.

Cómpre non confundir esta especie co sangomiño (Cornus sanguinea).

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Son purgantes e colagogos, mantendo os seus efectos por varios días. Nas herboristerías comercialízase co nome de frángula pero hai que extremar o coidado no seu consumo pois en fresco é moi purgante e vomitivo, especialmente nos nenos. Contén diversos principios activos como frangulina, gluco-frangulina, ácido crisofánico, fisiciona, crisofanol etc.

  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño [4].

Distribución

[editar | editar a fonte]

É moi común en toda Galiza. Dáse en Europa, Asia e norte de África. En España é moi abundante nos bosques de ribeira. Aparece nos ríos Tera e Negro na provincia de Zamora. Na provincia de León aparece en La Cepeda e La Valdería. No río Carrión, río Adaja, alto Douro etc. No Sistema Central na Serra de Ayllón, Serra de Guadarrama, Serra de Gredos e Serra de Gata.

Nome común

[editar | editar a fonte]

Zangariño, xanquiño, xanguiño, senquiño, sanquiño, sanguño, sangumio, sanguiño, sanguino, sanguillo, sangubiño, sangubino, sangubín, sangriño, sangrino, sangomio, sangomín, sangobiño, sangobino, sangobín, sancomiño, samboguiño e sabuguiño[5].

  1. "Frangula dodonei Ard.". The International Plant Names Index. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
  2. "The Plant List: A Working list of All Plant Species". 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sanguiño.
  4. Refírese a unha capela dedicada a este santo, nuns cons de Rianxo. Rianxiño é un lugar da parroquia de Santa Comba de Rianxo. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184.
  5. "Sanguiño (Rhamnus frangula L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 17 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]