Samacá
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia do Centro | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.767 (129,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 160 km² | ||||
Altitude | 2.735 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Juan de los Barrios y Toledo | ||||
Creación | 1556 (Gregoriano) | ||||
Páxina web | samaca-boyaca.gov.co… |
Samacá é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro, no departamento de Boyacá. Está situado a uns 30 km da cidade de Tunja. En canto á súa poboación, é o oitavo municipio máis poboado do departamento.
O concello limita polo norte con Sáchica e Sora, polo sur con Guachetá e Ventaquemada, polo leste con Tunja, Cucaita e polo oeste con Ráquira.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Samacá, en muysc cubun (lingua muisca) deriva dos vocábulos Sa, título de nobreza; Ma nome propio; Ca «fortaleza» e «mansión dun soberano».[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Samacá, situado no terceiro ramal da Cordilleira Oriental dos Andes colombianos, estaba asentado, na época precolombiana, a beiras dunha gran lagoa coñecida como Lagoa de Cansicá, que chegaba até o actual municipio de Cucaita, en cuxas beiras se estabeleceron varias comunidades indíxenas ó parecer chamados Patagüy, Foacá, Sáchica etc. Aínda que a maior parte da Confederación Muisca estaba baixo dominio do Zaque de Hunza e do Zipa de Bacatá, na zona da lagoa conformáronse cacicados independentes que non lle rendía tribuno a ningún dos dous anteriores, presuntamente ao mando do cacique Sáchica. Ante o non pago de tributos, o Zaque de Hunza deulle a orde ó cacique Boyacá para que expulsase a tales grupos; Boyacá entón chamou ós seus lugartenentes e conformou unha avanzada que puxo ó mando de Samacá, Cucaita, Sora e Tibaquirá, os cales tamén eran guerreiros, quen procederon a expulsar a Sáchica, quen coa súa comunidade se repleou ao lugar onde na actualidade está o poboado.
Unha vez expulsados e como os mencionados guerreiros viñan da zona do que hoxe é Boyacá, procederon a repartir o novo territorio que antes ocupaba Sáchica polas ladeiras da lagoa, correspondéndolles precisamente as áreas onde hoxe están os municipios de Samacá, Cucaita e Sora; pola súa banda, o cacique Boyacá decidiu tomar a zona do que hoxe é Boyacá, e Tibaquirá quedou cunha zona alta situada no que hoxe é o concello de Samacá, en verea que se denomina precisamente como Tibaquirá. Esta confrontación tivo lugar aproximadamente quince anos antes da chegada dos españois, que pasaron por ese sector contra o ano de 1537 con destino a Bacatá, ó mando da expedición de Gonzalo Jiménez de Quesada, onde posteriormente o irmán de Jiménez de Quesada decidiu tomar ditas terras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia[Ligazón morta], Samacá (Boyacá), páxina oficial do concello, URL Consultado o 22 de xullo de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 08 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)