Saltar ao contido

Riotorto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRiotorto
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°19′32″N 7°16′24″O / 43.3256, -7.2733
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalAs Rodrigas Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.200 (2023) Editar o valor en Wikidata (18,09 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie66,33 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude190 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFederico Gutiérrez Estoa Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Riotorto Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27744 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27054 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcelloderiotorto.gal Editar o valor en Wikidata

Riotorto é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.364 habitantes (1.634 no 2006, 1.669 no 2005, 1.726 no 2004, 1.762 no 2003). O xentilicio é «riotortego» ou «riotortense».[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello limita ao norte con Mondoñedo e Lourenzá, ao sur con Meira, ao leste con Trabada e A Pontenova, e ao oeste coa Pastoriza. Pertence ao arciprestado de Miranda, da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Atopáronse restos fósiles do xurásico en diversos sitios. Os primeiros asentamentos humanos proceden da tribo dos albións, que se asentaron en torno ao río Eo, dominando até o río Navia.

Do período castrexo consérvase o castro da Coroa ou Croa, do que se conservan restos de muros e defensas. Nel atopouse o brazal de Riotorto, conservado no Museo Provincial de Lugo. É unha peza con enroscamento para axeitalo como enfeite de brazo datado entre os séculos III e I a. C.. Pesa 111,5 g, e ten un diámetro de 8,9 cm.

Logo da romanización, a zona estivo vencellada á diocese de Britonia. Nos séculos IX, X e XI, penetraron os godos, fuxidos dos musulmáns, ocupando as terras ermas. Desta época consérvase unha pía bautismal na igrexa da Órrea, onde se emprazaba o mosteiro de Santa Comba de Órrea.

Durante a Idade Media a zona pertenceu á diocese de Mondoñedo e ao mosteiro de Meira. Consérvanse restos de tallas do século XII, como a Virxe románica da capela de San Bernabé e San Roque, en Espasande de Arriba, Santa Marta de Meilán), a de San Pedro da capela de San Pedro de Folgueirúa (Galegos), e século XIII, como a de Santa Ana da capela do Vilar de Santiago (A Muxueira). Pola parroquia de Órrea pasaba o camiño de Santiago procedente de Asturias.

Riotorto foi curato de presentación real ordinaria, pertencente á antiga Vigairía de Miranda. En xaneiro de 1203 Afonso IX dirimiu nun conflito entre o bispo de Mondoñedo e os fillos de Fernando Velaz polos coutos de Riotorto, Canedo e Vilameá. San Xillao de Ferreiravella aparece citado no testamento do bispo Martín de Mondoñedo, que gobernou a diocese entre 1219 e 1248.

En 1240 o abade Heimerico do convento de Meira concedeu a cen homes as herdades de Vilanova de Archai e de Albare para as poboaren, lindantes con varios lugares de Riotorto. O mosteiro de Meira tivo propiedades no concello entre os séculos XII e XVI. Os enfrontamentos do mosteiro e o bispo de Mondoñedo provocaron o saqueo das terras de Aldurfe, así como a destrución das súas colleitas e o ataque aos seus homes polos servos e vasalos do bispo.

No século XV o mosteiro da Órrea era coñecido coma o mosteiro de Donas, ó estar ocupado por monxas. O seu couto correspondía practicamente coas parroquias da Órrea e Galegos. As monxas cantaban na misa dos domingos, e segundo un documento de 1407 tiñan no convento dous cálices de prata e outro de chumbo. Os veciños, colonos e aforados, pagaban renda ao mosteiro.

Un documento de aforamento indica que en Galegos había un hospital.

Nos séculos XVI e XVII houbo fábricas de mazos e ferrerías, coa conseguinte actividade mineira, aparecendo contratos de saca de vea.

No século XVII introduciuse o cultivo do millo e da pataca na provincia de Mondoñedo, substituíndo a anterior agricultura pobre de centeo e nabos. No século XVIII, aínda no antigo réxime, con presenza de foros, había algúns fidalgos, destacando en Santa Marta de Meilán Pedro Trilles.

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 1.364 (2015)
Menores de 15 anos 87 (6.38 %)
Entre 15 e 64 anos 715 (52.42 %)
Maiores de 65 anos 562 (41.2 %)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Riotorto.

Lugares de Riotorto

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Riotorto vexa: Lugares de Riotorto.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Riotorto

Aldurfe (San Pedro) | Espasande de Baixo (Santa María) | Ferreiravella (San Xillao) | Galegos (Santa María) | A Muxueira (San Lourenzo) | A Órrea (Santa Comba) | Riotorto (San Pedro) | Santa Marta de Meilán (Santa Marta)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.