Saltar ao contido

Richard Brooks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Brooks

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Reuben Sax Editar o valor en Wikidata
18 de maio de 1912 Editar o valor en Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Studio City, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHillside Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Temple (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, novelista, director de cinema, produtor de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarCorpo de Marines dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJean Simmons (1960–1977), divorcio
Jean Brooks (1941–1944), divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0112218 Allocine: 1716 Allmovie: p83159 129666
BNE: XX1043786 WikiTree: Sax-55 Find a Grave: 6509 Editar o valor en Wikidata

Reuben Sax, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 18 de maio de 1912 e finado en Beverly Hills (California) o 11 de marzo de 1992 foi un director, guionista, produtor e escritor estadounidense coñecido como Richard Brooks.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras graduarse na Temple University, Brooks traballou coma xornalista radiofónico. Na década de 1940 iniciou a súa carreira en Hollywood escribindo guións de filmes como Brute Force (1947) ou Key Largo (1948). En 1950 e grazas á axuda do actor Cary Grant disposto a colaborar cun director novel, debutou na dirección con Crisis, drama producido por Arthur Freed que Grant protagonizou xunto con José Ferrer. Ao longo desa década foi asentando a súa categoría como director de actores, especialmente polo éxito de Blackboard Jungle (1955), con Glenn Ford e Sidney Poitier.

Brooks rodou adaptacións de grandes obras literarias, como Os irmáns Karamazov de Fiódor Dostoyevski, Elmer Gantry, de Sinclair Lewis ou In Cold Blood, de Truman Capote. Un dos seus autores favoritos foi o dramaturgo Tennessee Williams, do que dirixiu Cat on a Hot Tin Roof (1958), con Elizabeth Taylor, Paul Newman e Burl Ives, e Doce paxaro de xuventude (1962), de novo con Newman.

A partir da década de 1970 a súa produción diminuíu en cantidade.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]