Saltar ao contido

Redúvidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os redúvidos (Reduviidae) é unha familia grande e cosmopolita de insectos hemípteros. Comprenden case todas as especies predadoras de emboscada terrestres de hemípteros, xunto cos Nabidae, xa que a maioría dos outros hemípteros predadores son acuáticos. Os principais exemplos de Reduviidae non predadores son algúns ectoparasitos chuchadores de sangue da subfamilia Triatominae. Aínda que se coñecen excepcións espectaculares, a maioría dos membros da familia son recoñecibles con bastante facilidade; teñen un colo relativamente estreito, son de constitución forte e teñen unha formidable probóscide curvada (ás veces chamada rostro). Os espécimes grandes deben ser manexados con precaución, como mínimo, porque ás veces se defenden dando dolorosas picadas coa súa probóscide.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Os Reduviidae pertencen á suborde dos Heteroptera da orde Hemiptera. Os membros da familia son case todos predadores, excepto unha especie que zuga sangue, algúns dos cales son importantes vectores de enfermidades. Describíronse unhas 7000 especies en máis de 20 subfamilias recoñecidas, polo que é unha das familias máis grandes dos hemípteros.

O nome Reduviidae deriva do xénero tipo, Reduvius, o cal procede do latín reduvia, que significa "padrasto" ou "remanente, resto". Posiblemente este nome está inspirado nas pestanas laterais do abdome de moitas especies.

Entre os xéneros comúns están:

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]
Unha ninfa de Zelus do sur dos Estados Unidos

Os insectos adultos miden de 12 a 36 mm, dependendo da especie.[1] Adoitan ter unha cabeza alongada cun 'colo' estreitado distintivo, patas longas e pezas bucais prominentes, segmentadas e tubulares, xeralmente chamadas probóscide, pero que algúns autores chámanas "rostro". A maioría das especies son de brillantes cores con tons marróns, negros, vermellos e laranxas.

Ninfa atopada no Nepal.

A característica máis distintiva da familia é que o extremo da probóscide encaixa nun suco cristado do prosterno, onde se pode usar para producir un son por estridulación. O son prodúcese fretando a probóscide contra as cristas deste suco (stridulitrum, órgano estridutador). Estes sons utilízanse a miúdo para disuadir os predadores. Cando se ven acosados, moitas especies poden dar unha dolorosa picada coa probóscide, inxectando veleno ou zumes dixestivos. Os efectos poden ser moi dolorosos e a inxección que fan algunhas especies pode ser medicamente significativa.

Alimentación

[editar | editar a fonte]
Gminatus australis alimentándose dun escaravello
Un redúvido camuflado con residuos, Australia
Un Rhynocoris predador de Suráfrica pode morder cando se manexa sen coidado, con dolorosos efectos que poden persistir meses[2]

Os redúvidos predadores usan o seu longo rostro para inxectar unha saliva letal con encimas que licúa os tecidos internos da presa, que serán zugados. Este proceso denomínase xeralmente dixestión extraoral.[3] A saliva adoita ser efectiva para matar presas substancialmente máis grandes que o redúvido.

As patas dalgúns Reduviidae teñen áreas cubertas por pelos diminutos que axudan a aferrarse sobre as súas presas cando se alimentan. Outros, especialmente os membros da subfamilia Phymatinae, teñen patas anteriores que lembran as das barbantesas e capturan e agarran as presas dunha maneira similar.

Na fase de ninfas algunhas especies cóbrense e camúflanse efectivamente con residuos ou restos das presas mortas. Os estadios ou ínstares ninfais das especies Acanthaspis pedestris son un bo exemplo deste comportamento na súa área de Tamil Nadu na India. Outra especie ben coñecida é Reduvius personatus, que se camufla con po. Algunhas especies tenden a alimentarse de insectos que son pragas como cascudas ou chinchas e son populares nas rexións onde a xente os considera beneficiosos. Reduvius personatus é un exemplo e algunhas persoas críanos como animais de compañía nas casas para o control de pragas. Algunhas subfamilias están adaptadas a cazar certos tipos de presas; por exemplo, os Ectrichodiinae comen milpés, ed os Holoptilinae comen formigas. Un exemplo espectacular destes últimos é Ptilocnemus lemur, unha especie australiana na cal os adultos atacan e comen formigas, pero as ninfas esperan ata que as formigas morden os mechóns plumosos das súas patas traseiras, despois do cal revíranse e perforan a cabeza das formigas coa probóscide e proceden a alimentarse delas.[4]

Están a realizarse algunhas investigacións sobre a natureza do veleno de certos redúvidos. A saliva de Rhynocoris marginatus ten certa actividade insecticida in vitro, en tests feitos con presas lepidópteras. Os efectos inclúen a redución do crecemento e a asimilación dos alimentos dixeridos nas vítimas. Os seus factores antiagregación tamén afectan a agregación e mobilidade dos hemocitos.[5]

A saliva das especies Rhynocoris marginatus (Fab.) e Catamirus brevipennis (Servile) tamén se estudou debido á súa actividade contra as bacterias gramnegativas patóxenas (incluíndo cepas de Escherichia coli, Pseudomonas aeruginosa, Proteus vulgaris e Salmonella typhimurium) e grampositivas (Streptococcus pyogenes).

Algunhas especies son chuchadoras de sangue en vez de predadoras e non son ben recibidas polo humanos. Especies de Triatoma e outros membros da subfamilia Triatominae, como especies de Rhodnius, Panstrongylus megistus e Paratriatoma hirsuta adoitan morder a persoas durmidas nos tecidos brandos que rodean os beizos e os ollos. Un problema máis grave que as trabadas é que varias destas especies hematófagas de América do Sur e Central transmiten a potencialmente mortal enfermidade de Chagas tripanosómica, ás veces chamada tripanosomíase americana. Esta doenza causa a morte de 12.000 persoas cada ano.[6]

Filoxenia e historia evolutiva

[editar | editar a fonte]
Masa de ovos de Arilus cristatus

A taxonomía actual está baseada nas características morfolóxicas. A primeira análise cladística baseada en datos moleculares (ADN ribosómico mitocondrial e nuclear) publicouse en 2009 e puxo en cuestión a monofilia dalgúns dos grupos actuais dentro da familia, como os Emesinae.[7] Os Reduviidae son monofiléticos e o "Complexo Phymatine" é recuperado como irmán dos Reduviidae maiores, que inclúe o 90 % da diversidade de especies dos redúvidos.[8] A orixe destas especies data da metade do Xurásico.[9] Os fósiles máis antigos da familia son do Cretáceo tardío (Cenomaniano) atopados en ámbar birmano, representados por ninfas[10] e o xénero Paleotriatoma pertence á subfamilia Triatominae.[11]

  1. Stevens, Lori; Dorn, Patricia L.; Schmidt, Justin O.; Klotz, John H.; Lucero, David; Klotz, Stephen A. (1 de xaneiro de 2011). "Chapter 8 - Kissing Bugs. The Vectors of Chagas". Advances in Parasitology 75: 169–192. ISBN 9780123858634. PMID 21820556. doi:10.1016/B978-0-12-385863-4.00008-3. 
  2. Weaving, Alan; Picker, Mike; Griffiths, Charles Llewellyn (2003). Field Guide to Insects of South Africa. New Holland Publishers, Ltd. ISBN 1-86872-713-0. 
  3. Sahayaraj, Kitherin; Kanna, Ayyachamy Vinoth; Kumar, Subramanian Muthu (2010). "Gross Morphology of Feeding Canal, Salivary Apparatus and Digestive Enzymes of Salivary Gland of Catamirus brevipennis (Servile) (Hemiptera: Reduviidae)". Journal of the Entomological Research Society 12 (2): 37–50. Consultado o 14 de decembro de 2012. 
  4. Bulbert, Matthew W; Herberstein, Marie Elisabeth; Gerasimos, Cassis (marzo de 2014). "Assassin bug requires dangerous ant prey to bite first". Current Biology 24 (6): R220–R221. PMID 24650903. doi:10.1016/j.cub.2014.02.006. 
  5. Kitherin, Sahayaraj; Muthukumar, S. (2011). "Zootoxic effects of reduviid Rhynocoris marginatus (Fab.) (Hemiptera: Reduviidae) venomous saliva on Spodoptera litura (Fab.)". Toxicon 58 (5): 415–425. PMID 21787800. doi:10.1016/j.toxicon.2011.06.001. 
  6. "PAHO | Chagas disease". 
  7. Weirauch, Christiane; Munro, James B. (outubro de 2009). "Molecular phylogeny of the assassin bugs (Hemiptera: Reduviidae), based on mitochondrial and nuclear ribosomal genes". Molecular Phylogenetics and Evolution (Elsevier) 53 (1): 287–299. PMID 19531379. doi:10.1016/j.ympev.2009.05.039. 
  8. Crandall, Keith A; Hwang, Wei Song; Weirauch, Christiane (28 de setembro de 2012). "Evolutionary History of Assassin Bugs (Insecta: Hemiptera: Reduviidae): Insights from Divergence Dating and Ancestral State Reconstruction". PLOS ONE 7 (9): e45523. Bibcode:2012PLoSO...745523H. PMC 3460966. PMID 23029072. doi:10.1371/journal.pone.0045523. 
  9. Hwang, & Weirauch, C. (2012). Evolutionary history of assassin bugs (Insecta: Hemiptera: Reduviidae): insights from divergence dating and ancestral state reconstruction. PLOS ONE, 7(9), e45523–e45523. https://doi.org/10.1371/journal.pone.0045523
  10. Wang, Bo; Xia, Fangyuan; Engel, Michael S.; Perrichot, Vincent; Shi, Gongle; Zhang, Haichun; Chen, Jun; Jarzembowski, Edmund A.; Wappler, Torsten; Rust, Jes (xuño de 2016). "Debris-carrying camouflage among diverse lineages of Cretaceous insects". Science Advances (en inglés) 2 (6): e1501918. Bibcode:2016SciA....2E1918W. ISSN 2375-2548. PMC 4928993. PMID 27386568. doi:10.1126/sciadv.1501918. 
  11. Poinar, George (xaneiro de 2019). "A primitive triatomine bug, Paleotriatoma metaxytaxa gen. et sp. nov. (Hemiptera: Reduviidae: Triatominae), in mid-Cretaceous amber from northern Myanmar". Cretaceous Research (en inglés) 93: 90–97. doi:10.1016/j.cretres.2018.09.004. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]