Saltar ao contido

Real Club Celta de Vigo

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «R.C. Celta»)

Real Club Celta de Vigo
NomeReal Club Celta de Vigo, S.A.D.
Alcume(s)O Celtiña, Celtistas, Celestes, Célticos, Olívicos
Fundación23 de agosto de 1923 (101 anos)
EstadioBalaídos, Vigo
Galicia Galicia
Inauguración30 de decembro de 1928
Capacidade24500[1]
PropietarioGrupo GES
PresidenteGalicia Marián Mouriño
AdestradorGalicia Claudio Giráldez
LigaPrimeira División
2023–2413º
VestimentaHummel
PatrocinadorEstrella Galicia
Na rede
https://rccelta.es/
Facebook: rccelta Twitter: rccelta Instagram: rccelta Youtube: UCCJLVZYqRb_85b2Flpg04cg TikTok: rccelta Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928.

O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 55 tempadas en primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Ocupa o 11º na clasificación histórica de primeira. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Deportivo da Coruña. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o Derbi Galego. Ten tamén unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.

Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da copa do rei,[2] unha Copa Intertoto,[3] 7 clasificacións para a Copa da UEFA, unha para a Liga de Campións na tempada 2003-04, na que caeu eliminado en oitavos de final polo Arsenal FC, e a clasificación histórica do 20 de abril de 2017 para as semifinais da UEFA Europa League, tras gañar ao Genk belga 3-2 na casa e quedar 1-1 no Luminus Arena. É o décimo equipo en número de afeccionados do Estado español (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.

Foi Premio da Cultura Galega 2024.[4]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
O Hotel Moderno de Vigo, onde se celebrou a asemblea fundacional do Celta.

A tradición futbolística en Galicia data de comezos do século XX. Foi en Vigo onde esta modalidade deportiva tivo as súas primeiras manifestacións: comezou a practicarse nos xa desaparecidos peiraos da cidade, difundido polos empregados británicos da empresa Eastern Telegraph Company, instalada en 1873 en Vigo para encargarse da instalación do cable telegráfico entre Gran Bretaña e a península. Esta empresa promovería en 1895 o primeiro equipo estábel da cidade do que se ten constancia na prensa, o Exiles Cable Club. Este equipo disputou varios encontros contra tripulacións mercantes e militares británicas de paso pola cidade. Ó pouco tempo naceron sociedades mixtas de galegos e británicos como o Petit FC.

Manuel de Castro Handicap, principal promotor do club.

En 1905,[5] a imaxe e semellanza doutras cidades como Barcelona, constituíronse en Vigo dous clubs de fútbol de primeira categoría: o Vigo Foot-ball Club e o Fortuna Foot-ball Club. O Vigo FC seguiu un proceso de fusións con outros equipos da cidade como o New Club en 1906 ou o Sporting Club en 1911 para dar lugar definitivamente ó Real Vigo Sporting Club en 1914. Pola súa banda o Fortuna FC non sufriu case cambios de nome, quedando definitivamente co nome de Real Club Fortuna de Vigo en 1908. Dende sempre ámbolos dous equipos reveláronse coma rivais de potencia semellante, e os seus enfrontamentos xeraban grandes movementos de masas de seareiros. O seu prestixio adquiriu ampla dimensión en todo o país, e a preponderancia foi tan notoria que a partir de 1906 e até 1923 algún dos dous equipos vigueses foi sempre sen interrupción gañador do Campionato de Galicia. Este momento de auxe do fútbol en Vigo viuse reforzado tamén en 1922 coa disputa no campo de Coia da final da Copa do Rei entre o FC Barcelona e o Real Unión de Irún, encontro no que vencerían os cataláns por 5-1.

O 10 de agosto de 1923, co gallo de fortalecer a categoría do fútbol vigués,[6] os dous equipos fusionáronse creando deste xeito o Club Celta da man de Manuel de Castro Handicap (Vicepresidente do Vigo Sporting), Juan Baliño Ledo (secretario do Concello) e Pepe Bar (adestrador do Fortuna), principais promotores do proxecto.

Elixiuse Celta de Vigo, entre outras propostas como por exemplo Breogán,[7] como nome do equipo e a cor celeste para a indumentaria, xa que o obxectivo da creación do equipo era ser o estandarte do fútbol en Galicia. Deste xeito nace a historia do Real Club Celta de Vigo, que nun primeiro momento contaría coa considerable cifra de 64 xogadores e con Manuel Bárcena Andrés-García, Conde de Torrecedeira, como primeiro presidente do club.

Comezos como equipo

[editar | editar a fonte]

Para a dirección no novo equipo elixiuse entre os moitos aspirantes ó adestrador británico Francis Cuggy, que se incorporou a comezos do ano 1924.[8] A presentación do equipo foi no campo de Coia o 16 de setembro de 1923, nun encontro entre os propios xogadores do club aproveitando o amplo cadro do que dispoñía o equipo. O primeiro encontro fronte a outro club foi o 23 de setembro fronte ó Boavista portugués. A aliñación inicial do Celta foi: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Balbino, Jacobo Torres, Reigosa, Gerardito, Chicha, Polo e Pinilla. O enfrontamento concluíu con 8-2 a favor do equipo vigués. Posteriormente enfrontaríase ó Cracovia, campión polaco, obtendo tamén a vitoria.

Na tempada 1923-24 o Celta interveu por vez primeira en liga. Naquel entón non había ligas estatais, sendo o principal campionato galego o Campionato de Galicia.[9] O Celta rematou líder contendendo co Eiriña CF de Pontevedra, o Racing de Ferrol e o Unión Sporting Club. Esta mesma tempada debutou no Campionato de España sendo eliminado na primeira rolda polo Athletic de Bilbao, que era o vixente campión. No descanso estival organizouse un encontro amigábel entre o Celta e a Selección de fútbol do Uruguai, aproveitando o paso por Vigo dos devanditos, que ían rumbo á Olimpíada de París, na que gañaron a medalla de ouro.

O porteiro do Celta ante o Boca Juniors, durante a xira europea dos arxentinos en 1925.

En 1924-25 volven os celtiñas gañar o Campionato Galego e,[10][11] nesa mesma tempada, ten lugar no campo de Coia unha nova contenda internacional. Nesta ocasión sería ante Boca Juniors bonaerense nos dous encontros de inauguración da xira europea do equipo arxentino. O Celta aliñou para o encontro a Ruíz, Juanito, Rey, Cancela, Balbino, Pepe Hermida, Reigosa, Ángel Hermida, Chicha, Polo e Casal; mentres que os rivais saltarían ó campo con Tesorieri, Bidoglio, Muttis, Médici, Vaccaro, Elli, Tarasconi, Cerrotti, Garasini, Seoane e Onzari. O primeiro encontro, que reuniu 25.000 espectadores, disputouse o 5 de marzo de 1925 e rematou con vitoria arxentina por 3-1, con goles de Cerrotti (2) e Onzari por parte de Boca e de Polo por parte do Celta. O segundo encontro sería tres días despois conseguindo esta vez o Celta golear ó Boca Juniors por 3-1, con goles de Juanito (2, de penalti) e Reigosa por parte dos vigueses e Garasini por parte dos arxentinos. Esta foi unha das tres únicas derrotas entre os dezanove encontros que disputou Boca nesta xira, xunto as que sufriu ante a Real Unión de Irún e o Athletic de Bilbao.

O Celta completaría este bo papel internacional o 2 de agosto de 1925,[12][13] ó empatar a dous goles co Club Nacional de Football do Uruguai, na xira que tamén realizou o equipo suramericano a raíz do éxito e gran popularidade alcanzada pola Selección de fútbol do Uruguai co triunfo nos Xogos Olímpicos de 1924. Precisamente un dos tantos do equipo uruguaio foi do dúas veces campión olímpico e natural de Redondela José Pedro Cea.

O 23 de xaneiro de 1927, con motivo da onomástica do Rei Alfonso XIII, disputouse un partido no campo de Coia, entre Celta de Vigo e un equipo de Mariños Ingléses, no que se puso en xogo unha Copa de prata sobredourada, co as cifras reales, doada polo Rei Alfonso XIII. O resultado final de dito encontro foi 4-1 a favor do Celta, con goles para os vigueses de Hermida, Nicha, Pasarín e Polo[14].

En 1927-28 o Celta conquista novamente o título de campión da súa división, que abranguía as zonas de Galicia, Asturias e Norte de Castela. Seguidamente emprende unha xira onde loitou con varios equipos arxentinos e uruguaios. Nese mesmo ano, o 30 de decembro, inaugúrase o novo estadio de Balaídos, cun encontro amigábel ante a Real Unión de Irún, un dos grandes do fútbol español da época. Porén, caeron fronte aos vigueses nunha inspirada tarde celeste, por sete goles a nada.


Real Club Celta 7 - 0 Real Unión de Irún 30 de decembro de 1928Balaídos, Vigo
Árbitro: Manuel de Castro González
Graciliano
Reigosa
Chicha
Rogelio
Polo
Losada
Informe
 
Real Club Celta


Real Unión


PO 1 Lilo
DF 2 Cabezo
DF 3 Pasarín
MD 4 Pareditas
MD 5 Cárdenes
MD 6 Vega
DI 7 Reigosa
DI 8 Chicha
DI 9 Rogelio
DI 10 Polo
DI 11 Graciliano
Substitucións:
DIA Losada
Adestrador:
Galicia Ramón Encinas Dios
Aliñacións
PO 1 Antonio Emery
DF 2 Manuel Alza
DF 3 Anza
MD 4 Malla
MD 5 Francisco Gamborena
MD 6 Alberto Villaverde
DI 7 José Altuna
DI 8 Wherli
DI 9 Santiago Urtizberea
DI 10 José Echeveste
DI 11 Emilio Garmendía


O Estadio de Balaídos foi inaugurado o 30 de decembro de 1928.

A tempada 1928–29 foi a primeira do campionato co formato no que se xoga na actualidade e que comprende a totalidade do Estado. Ó Celta de Vigo correspondíalle xogar na primeira división por herdanza dos títulos dos clubs fundadores, Vigo Sporting e Fortuna, xa que o primeiro dos nomeados acadou o subcampionato da Copa de España en 1908. A pesar diso, o Celta viuse obrigado a xogar un torneo de promoción que lle permitiría ocupar unha praza vacante, encontro que perdeu ante o Sevilla FC e polo que tivo que comezar a historia da Liga en segunda división. Este mal comezo agravaríase cando o Celta remata a Liga na posición novena dun total de dez equipos consumando, o seu primeiro e único descenso á terceira división, xa que daquela aínda non fora creada a segunda B, ó non ser necesaria debido ó baixo número de equipos existentes na época. Con todo, o equipo necesitaría tan só un ano para recuperar a categoría.

En 1931-32 o Celta gaña outra vez o título de campión galego;[15] desta vez en loita co Deportivo da Coruña, o Racing de Ferrol, o Eiriña CF, o Burgas FC e o Galicia Sport Club Ourense. Posteriormente chega ás semifinais da Copa de España, sendo eliminado polo Fútbol Club Barcelona. Na tempada 1933-34 o Celta remata en cuarto lugar da segunda división. Con todo, regresaría a polémica coa xestión da Federación Española de Fútbol, xa que tras decidir ampliar o número de clubs que disputarían a máxima categoría, ascende arbitrariamente ó noveno clasificado, o Sevilla FC, en detrimento do Celta e o Murcia CF.

Na tempada 1934-35 o Celta queda campión do grupo 1 da segunda división, mais non chega a conseguir o ascenso á Primeira xa que na liguiña de promoción, na que se enfrontaban os dous primeiros de cada un dos catro grupos da división de prata, o club vigués quedou terceiro (ascendían os dous primeiros) a tan só un punto do CA Osasuna. Na seguinte tempada o equipo, dirixido por Ricardo Comesaña e con Nolete e Venancio como máximos referentes, conseguiu finalmente o ansiado ascenso tras quedar primeiro de grupo e campión de liga grazas ó primeiro posto acadado na liguiña de ascenso. Porén, o debut en primeira tivo que aprazarse durante tres anos a causa do golpe de estado de mandos militares e o comezo da guerra civil española.

Tras a guerra civil

[editar | editar a fonte]

En 1939 o Celta debuta na máxima categoría.[15] A primeira tempada o club consegue manterse grazas a gañar o partido de promoción pola permanencia ó Deportivo da Coruña por 1-0 nun campo neutral en Madrid, con gol de Nolete. A seguinte tempada tampouco foi boa e o club sálvase da promoción por un punto. Con todo, nas tempadas 1941–42 e 1942–43 consegue reverter a situación e acadar en ambos os anos un meritorio quinto posto. Porén, ó ano seguinte, o equipo consuma o descenso tras quedar na derradeira posición.

Sería na tempada 1944-45 cando recuperaría o seu posto na máxima categoría,[16] vivindo a partir de 1947 unha das maiores épocas de esplendor adestrado polo mítico porteiro internacional Ricardo Zamora. Na tempada 1947/48 conclúe o campionato de liga de primeira división na cuarta posición, a tan só seis puntos do campión, o FC Barcelona, ó que conseguira derrotar por 3-2 nun Balaídos convertido nun feudo inexpugnábel, no que tamén caeron goleados o Athletic Club (5-1), o Valencia (5-2) e o Real Madrid, o cal colleitou aquela tempada senllas derrotas por 4-1 fronte os celestes, tanto en Vigo como en Chamartín. Os máximos goleadores do equipo foron Pahiño, que con 23 goles se alzou co título de Pichichi do campionato, e Hermidita, con 14.

Miguel Muñoz.

A magnífica tempada dos olívicos tivo a súa rúbrica co subcampionato da Copa do Xeneralísimo.[17] O Celta alcanzou a final, que se disputou no estadio madrileño de Chamartín o 4 de xullo de 1948, logo de superar nunha agónica eliminatoria de semifinais ó R.C.D. Español, que precisou para se resolver de dous partidos de desempate coas súas respectivas prórrogas, celebradas en Madrid a mesma semana da final. As xestións da directiva céltica para acadar un aprazamento resultaron infrutuosas e o equipo, esgotado, saltou finalmente ó céspede do coliseo madridista para enfrontarse ó Sevilla F.C.. Aos seis minutos de xogo un gran disparo de Miguel Muñoz adiantou ó Celta no taboleiro. Porén, o Sevilla reaccionou axiña, e no minuto 19 acadaba o empate. Os vigueses mantiveron o tipo tres cuartos de hora máis, mais tralo descanso non puideron evitar encaixar o segundo gol, nunha xogada que significou ademais a lesión do porteiro Simón, que o obrigou a retirarse do terreo de xogo. Daquela o regulamento non permitía substitucións, de xeito que o equipo ficou con 10 xogadores e o seu posto baixo os paus tivo que ser cuberto por Gabriel Alonso, quen nos seguintes 15 minutos encaixou dous goles máis que deixaron o marcador no definitivo 4-1 a prol dos andaluces.


Sevilla FC 4 - 1 Real Club Celta 4 de xullo de 1948Estadio de Chamartín, Madrid
Asistencia: 55.000
Árbitro: Agustín Vilalta Bars (Cataluña)
Mariano Anotado no 18º minuto 18' Anotado no 59º minuto 59' Anotado no 73º minuto 73'
Arza Anotado no 75º minuto 75'
Informe
Miguel Muñoz Anotado no 6º minuto 6'
 


Nos anos 1950,[18][19] o Celta seguiu a liña de bos resultados acadada a finais dos anos 1940, manténdose entre os equipos destacados da primeira división. A fin desa década de esplendor céltico chegou co descenso na tempada 1958-59. O purgatorio da Segunda prolongouse durante práctica totalidade da década de 1960, pois a pesar de contar con varias oportunidades (promocións contra Real Valladolid en 1960, Real Oviedo en 1961 e CE Sabadell FC en 1966), o pretendido ascenso resultoulle esquivo até a tempada 1968-69, en que conseguiu por fin o regreso á categoría de ouro.

Copa da UEFA e altibaixos

[editar | editar a fonte]

O Celta dos anos 1970 volveu marcar fitos no fútbol galego.[20] Logo dunha primeira tempada (1969-70) de reencontro coa categoría, na seguinte tempada (1970-71) o equipo dirixido por Juanito Arza, un dos seus verdugos sevillistas na final de 1948, mantivo Balaídos invito. O conxunto dos Quique Costas, Manolo, Lezcano, Doblas etc. concluíu a liga clasificado nun sexto lugar que lle permitiu clasificarse para a primeira edición da Copa da UEFA, o que supuxo a primeira participación dun equipo galego en competicións europeas. A experiencia, con todo, foi efémera, ó non poder superar a primeira eliminatoria fronte ó Aberdeen FC escocés. No partido de ida, xogado en Balaídos, o Celta perdeu por 0-2. Na volta, outro mal resultado, derrota por 1-0, supuxo a despedida da UEFA.

Milorad Pavić.

A partir da tempada 1974-75 o Celta instalouse no "ascensor", encadeando descensos e ascensos entre Primeira e Segunda. Así, ó descenso da campaña 1974-75, tras perder por 3 a 1 fronte á UD Las Palmas con ambos xogándose a permanencia, seguiuno un ascenso na 1975-76, un novo descenso na tempada 1976-77 e outro ascenso na 1977-78. Un exemplo da gran crise na que estaba inmerso o club é que o máximo goleador do equipo na tempada 1976/77 foi o gardameta arxentino Carlos Fenoy con cinco tantos.

Tanta inestabilidade acabou por pasar factura, e tralo descenso a segunda división da tempada 1978-79, sucedeu a maior calamidade na historia recente do club: un descenso a segunda división B na tempada 1979-80 consumado na última xornada. Esta nefasta tempada pechada co descenso, levou consigo a contratación do técnico iugoslavo Milorad Pavić, que obrou o milagre de facer ó equipo campión de 2ªB e, o ano seguinte, de 2ªA, recuperando en dúas tempadas consecutivas todo o terreo perdido. Militaban xa no equipo algúns dos grandes mitos do celtismo dos anos 1980, como Pichi Lucas, pichichi de segunda división esa mesma tempada con 27 goles, ou o porteiro Javier Maté.

Xa sendo o Celta equipo de Primeira,[21][22] o Estadio Municipal de Balaídos dispúñase a estrearse como campo da fase final do Mundial de Fútbol de 1982. O Celta aproveitou esa circunstancia para organizar unha homenaxe ó seu gran capitán, Manolo, un home que protagonizara todas as ledicias e desventuras da década anterior, dende os meles da UEFA e os ascensos aos desgustos dos descensos. Dese modo celebrouse un encontro amigábel contra a selección polaca o 6 de maio de 1982, que despois concluiría o mundial no terceiro posto. O encontro rematou cun contundente 1-5 a favor dos polacos, o gol céltico anotouno Del Cura.

Novos descensos

[editar | editar a fonte]

O terceiro ano de Pavić (1982–83),[21] de novo en Primeira, concluíu de xeito moi triste no estadio José Zorrilla de Valladolid, cunha derrota que materializou un descenso olívico máis. As tempadas 1983–84 e 1984–85, en segunda división, vivíronse de forma moi distinta:

Na primeira delas, sexto clasificado, o ascenso escapouse finalmente por un só punto: campión o Castela da Quinta del Buitre e subcampión o Bilbao Athletic do pichihi Julio Salinas, ambos os filiais do Real Madrid e o Athletic Club, respectivamente, e imposibilitados para o ascenso, polo que subiron o 3º, 4º e 5º clasificados, Hércules CF, Racing de Santander e Elche CF, con 3, 2 e 1 puntos máis que os vigueses.

Gilberto.

Na tempada seguinte, o equipo adestrado por Félix Carnero, xogador fundamental nos anos 1970 e Director Técnico imprescindíbel do gran Celta do século XXI, logrou o seu obxectivo nunha liga que puido malograrse polos convulsos acontecementos das primeiras xornadas, cando unha folga de xogadores a nivel estatal obrigou os clubs a aliñar a xogadores xuvenís durante primeiras xornadas. Superadas todas as dificultades, aquel Celta de Félix, comandado por Javier Maté, Lemos, Atilano, Alvelo, Cortés, Pichi Lucas e a solvencia do libero mundialista hondureño Gilberto, recuperou unha vez máis a praza na máxima categoría.

A tempada 1985-86 supuxo un novo fracaso. A contratación do brasileiro Baltazar non foi suficiente para fortalecer un equipo gafado, que empezou a fraguar a súa desgraza no encontro inaugural do campionato; a pesar de arrincar un valioso empate a domicilio fronte á Real Sociedad dos Arconada, Satrústegui, Zamora ou López Ufarte, en Atotxa caeu lesionado de gravidade o porteiro céltico Javier Maté, unha das grandes estrelas do equipo, que dixo adeus á tempada. Aquela lesión coincidiu co servizo militar do seu substituto, a gran promesa navarra Patxi Villanueva, polo que a responsabilidade de cubrir a portería celeste recaeu no terceiro porteiro do equipo, Chuco. Durante bastantes encontros da primeira volta o centrocampista Vicente tivo que ser o designado para aliñarse no acta como porteiro suplente. Cando se reabriu o mercado de fichaxes, o Celta fíxose cos servizos do galego Pereira, procedente do Atlético de Madrid, pero o seu concurso non puido contrarrestar a dinámica negativa, e o descenso consumouse con moitas xornadas de anticipación. Nesta tempada comezou a relación con Citroën como principal empresa patrocinadora do club, debido á relación da empresa automobilística coa cidade a través da súa fábrica de Vigo.

Segunda metade dos anos 1980

[editar | editar a fonte]

En 1986,[21] alarmada polo declive da audiencia e repercusión do fútbol, a federación decidiu innovar no sistema de competición para o campionato de 1986–87 en primeira e segunda división, de modo que tras unha fase regular na que se enfrontarían todos os equipos entre si a dobre volta, conformaríanse 3 grupos que pelexarían por distintos obxectivos. Para o comezo da tempada, o Celta conservou o bloque de xogadores da tempada anterior, esta vez ás ordes do británico Colin Addison. A incorporación máis destacada foi a do central irlandés Jimmy Hagan, fichado para reforzar ó equipo con vistas ó tramo decisivo da competición. Concluída a fase regular do campionato na cuarta praza, o Celta quedou encadrado no grupo par, xunto a Deportivo, Castellón, Málaga, Rayo Vallecano e Sestao.

As vitorias sobre os coruñeses, permitiron ó cadro celeste chegar á última xornada dependendo de si mesmo para conquistar o ascenso: só unha derrota céltica permitiría ó Castellón, que se enfrontaba ó Deportivo de Eusebio Ríos no Anxo Carro de Lugo, soñar coa posibilidade de ascender. Os albinegros recibiron facilidades dos desterrados herculinos, que aliñaron un equipo formado por xogadores xuvenís e do filial; non desaproveitaron a ocasión e impuxéronse con comodidade. Con todo, a súa vitoria resultou pírrica, posto que o Celta, arroupado por centos de afeccionados desprazados nun convoi ferroviario especial a Sestao, logrou manter o empate que lle servía para ascender a primeira xunto a Valencia e Logroñés, vencedores do grupo impar.

Baltazar.

Tralo éxito na liga máis longa da historia, culminada co ascenso e o pichichi para Baltazar, a tempada 1987–88 presentábase como a oportunidade para Colin Addison de lucirse na elite do fútbol español. Con todo, sorprendentemente o técnico non se incorporou a dirixir a pretemporada. A dirección do cadro de xogadores recaeu en José María Maguregui, quen conseguiu manter o nivel do equipo na nova categoría, acariñando a posibilidade de retornar ás competicións europeas ó ocupar durante moitas xornadas os postos de cabeza.

Porén, o equipo baixou o seu rendemento nas últimas xornadas e concluíu o campionato en sétimo posto. Maguregui presentou a súa dimisión varias xornadas antes da conclusión, debido ó malestar que provocou entre os afeccionados a confirmación do seu compromiso para liderar a tempada seguinte o Proxecto II de Jesús Gil no Atlético de Madrid, precisamente o equipo contra o que o Celta estaba loitando por unha praza para a Copa da UEFA.

Maguregui levou consigo ó goleador Baltazar, que no Atlético conseguiu proclamarse pichichi. Con todo o Celta non os botou de menos. Substituído ó vasco polo asturiano Novoa, antigo xogador céltico, e ó brasileiro polo seu compatriota Amarildo, o Celta da tempada 1988–89, coas incorporacións de Zoran Marić e Pedro Herrera, rexistrou números moi similares aos da campaña anterior, concluíndo o torneo ligueiro en oitava posición.

Pero este período caracterizado polo xogo brillante foi breve. A sensacional campaña de Amarildo non pasou desapercibida para os grandes de Europa e a choiva de ofertas concretouse nun traspaso, estratosférico para a época: a Lazio de Roma, pagaría 200 millóns de pesetas polo xogador. Na seguinte tempada, tempada 1989–90, o Celta ficharía a outro dianteiro brasileiro, Nílson, confiando en repetir o éxito das contratacións anteriores. Con todo, o seu rendemento foi moi inferior ó esperado. Incorporouse tamén outro brasileiro, Fabiano, quen rendeu por encima do seu compatriota. Foi fichado tamén un xogador do Deportivo, o dianteiro Vicente Celeiro. A pesar de todo isto o equipo non conseguiría manter a categoría.

Anos 1990 e final de Copa de 1994

[editar | editar a fonte]
O estadio Vicente Calderón foi a sede da final da copa do rei de 1994 entre o Celta e o Real Zaragoza.

Houbo que esperar á tempada 1991-92 para recuperar o lugar en Primeira.[23] O ex xogador internacional Txetxu Rojo, incorporado a finais da tempada anterior, construíu un equipo sólido que se alzou con solvencia co título de campión da Segunda División varias xornadas antes da conclusión da liga. O veterano Javier Maté cedeu a titularidade baixo os paus ó prometedor Patxi Villanueva, que callou unha tempada magnífica. O corpo técnico sondara o mercado balcánico e del tróuxose dúas fichaxes: o defensa Goran Jurić e o dianteiro Vladimir Gudelj, un novísimo e corpulento goleador serbo-bosníaco que se proclamou pichichi da categoría. Pouco tempo lle fixo falta ó mozo Gudelj para converterse nun dos xogadores máis queridos para os celtistas. A ledicia que lle proporcionaba o seu éxito futbolístico contrastaba co desasosego que manifestaba polos acontecementos que se vivían no seu país, onde estalaba unha cruenta guerra que atrapaba á súa familia. Fichouse tamén a outro ídolo do eterno rival, o interior "Fraco" Gil. Fabiano converteuse no director de xogo e Xurxo Otero consolidouse no lateral dereito.

Conseguido o ascenso, o Celta enfrontouse naquelas datas a outro reto transcendental para o seu futuro: a conversión en S.A.D. Era preciso cubrir o capital social establecido polo Consello Superior de Deportes para manterse nas competicións profesionais. Finalmente, o celtismo respondeu aos chamamentos da directiva presidida por Ignacio Núñez e púidose liquidar ese trámite. Reintegrado unha vez máis á primeira división, durante a tempada 1992-93 Chechu Rojo conseguiu dotar ó equipo dunha solidez defensiva que proporcionou ó seu porteiro o trofeo Zamora polo menos goleado empatado con Paco Liaño. Santiago Cañizares, fichado ese verán, comezaba a percorrer o camiño que o levaría á internacionalidade e a defender a portería española no Mundial dos Estados Unidos en 1994.

Vlado Gudelj.

O eixo desta defensa de Rojo reforzárase cun central internacional que o preparador bilbaíno coñecía ben: o seu paisano Patxi Salinas, que foi o complemento á solvencia e clase de Goran Jurić. Xurxo Otero apropiouse do lateral dereito e o esquerdo confiouse ó campión olímpico, Rafael Berges. Na vangarda incorporouse un extremo campión de Europa, Milorad Ratković, para asistir ó ariete serbo-bosníaco. Nesta tempada conquistaríase placidamente a permanencia.

En 1994 viviuse a maior mobilización da historia do celtismo,[24] co desprazamento a Madrid dos 25.000 afeccionados para os que se ofreceron localidades da copa do rei, o 20 de abril de 1994. O Celta de Chechu Rojo alcanzara a final tras superar nas semifinais ó Tenerife de Jorge Valdano, que se presentaba nesa cita coma o gran favorito. No primeiro partido, o Celta acadou a vitoria por 2-0 en Balaídos obra de Gudelj. Co pase a final practicamente asegurado, no encontro de volta o Tenerife púxolle emoción empatando a 2-2 a eliminatoria a media hora da conclusión pero en 5 minutos de inspiración, de novo Gudelj, anotou 2 tantos poñendo como resultado final un 4-2 que daba o pase á final ó Celta.

Tras superar as semifinais, o rival que esperaba na final era o Real Zaragoza, adestrado por Víctor Fernández, equipo que cegaba en Europa co seu fútbol. Tras rematar os primeiros 90 minutos e a prórroga en empate, finalmente chegouse ós penaltis, onde o porteiro blanquillo Andoni Cedrún detivo un penalti moi mal executado ó defensa do Celta, Alejo, e tras ese erro clamoroso, Higuera marcou o penalti definitivo que levou a copa do rei á cidade de Zaragoza, deixando co mel nos beizos aos afeccionados galegos.


Real Club Celta 0 - 0
(Penaltis 4 - 5)
Real Zaragoza 20 de abril de 1994, 21:30 – Vicente Calderón, Madrid
Asistencia: 60.000
Árbitro: Antonio Jesús López Nieto (Andalucía)
Andrijašević Anotado
Gudelj Anotado
Dadíe Anotado
Losada Anotado
Alejo Erra penalti
Informe
Anotado Cáceres
Anotado Nayim
Anotado Darío Franco
Anotado Gay
Anotado Higuera
 


A Lei do Deporte obrigaba aos equipos,[25] que se converteran gradualmente en Sociedades Anónimas Deportivas, a presentar uns avais como previsión de débedas antes do 1 de agosto de 1995. Por causas diversas, o Sevilla FC e o Celta de Vigo non puideron cumprir tales prazos, polo que foron descendidos administrativamente á segunda división B. Decenas de miles de afeccionados de ámbolos clubs botáronse á rúa repetidas veces para defender os intereses dos seus equipos. A pesar de que se solicitou un tempo de espera para a constatación da ausencia destes avais, a Federación dende un primeiro momento entregou as prazas ó Real Valladolid e ó Albacete Balompié, quen tiña que descender ese ano. Ó final, a presión das afeccións conseguiu facer retractarse á Federación e esta terminou admitindo aos catro clubs en primeira división, formando unha liga de vinte e dous equipos que tivo dous anos de vida.

A mellor etapa

[editar | editar a fonte]
Trofeo da Copa Intertoto, conquistada polo Celta contra o Zenit de San Petersburgo na edición do ano 2000
Aspecto das bancadas de Río Alto e Río Baixo, durante o encontro da Copa da UEFA entre o Celta e a Juventus de Turín.

O Celta tivo de novo contra o Real Zaragoza unha oportunidade para estrear o seu palmarés nunha final da copa do rei na que partía como favorito. Tralo optimismo inicial co gol de Alexander Mostovoi, a desesperación apoderouse dos seareiros celestes que viron como os aragoneses remontaban e volvían repetir o éxito de 1994. Unha tempada máis tarde, Víctor Fernández asumiu o final dun ciclo no que logrou que o Celta practicase un gran fútbol e clasificarse sempre para disputar as competicións europeas, incluíndo a conquista da Copa Intertoto no ano 2000 que lle outorgou ó Celta unha praza para a Copa da UEFA.

Real Club Celta 1 - 3 Real Zaragoza 30 de xuño de 2001, 21:00 – La Cartuja, Sevilla
Asistencia: 38.000
Árbitro: José María García-Aranda (Madrid)
Mostovoi Anotado no 4º minuto 4' Informe
Aguado Anotado no 24º minuto 24'
Jamelli Anotado no 38º minuto 38' (pen.)
Yordi Anotado no 90+4º minuto 90+4'
 

Tanto afección como directiva e xogadores eran moi optimistas grazas aos resultados obtidos. O equipo era tiña un estilo sólido, ordenado e compacto e estaba formado por xogadores considerados de gran calidade e con experiencia. Debido a todos estes motivos, os vigueses crían poder abrir un novo período na súa historia, cun proxecto para medrar e poder equipararse o máximo posíbel aos equipos máis importantes do fútbol estatal e europeo.


O Athletic Club ante o Celta en 2005.

O Celta quedou eliminado da Liga de Campións ante o Arsenal en oitavos de final. Na ida o celestes perderon por 2 a 3 ante os ingleses, os cales volveron vencer no encontro de volta xogado no Estadio de Highbury por 2 a 0.

Estes últimos partidos serviron para amosar os progresos dun prometedor canteirán, Borja Oubiña.

Breve regreso

[editar | editar a fonte]
Hristo Stoichkov.

O éxito é aínda maior se se ten en conta que na tempada do retorno, o Celta venceu en campos como o Santiago Bernabéu, Riazor, Vicente Calderón ou Ruiz de Lopera.

Na seguinte tempada mantívose o bloque, dirixido como na campaña previa por Vázquez. O equipo amosou unha grande irregularidade tanto no seu xogo como nos resultados. O brillante inicio de campaña levado lonxe de Balaídos quedou embazado no seu propio estadio onde con Fernando Vázquez só se conseguiu un triunfo en toda a tempada, o que levou á destitución do técnico galego e á contratación do exfutbolista do FC Barcelona, membro do "Dream Team" e Balón de Ouro, Hristo Stoichkov. O búlgaro, quen só tiña experiencia como adestrador como seleccionador de Bulgaria, debutou con triunfo e ilusionando á afección coa loita pola salvación. Con todo, o equipo non aproveitou oportunidades que lle valían para acadar a permanencia, como o partido fronte a un rival directo pola salvación, a Real Sociedad. Aínda que mantivo a esperanza de eludir o descenso ata a última xornada, conservando posibilidades matemáticas aínda que sen depender de si mesmo, este consumouse finalmente. O Celta venceu 2-1 ó Getafe CF ante un estadio case abarrotado, pero non foi suficiente dados os triunfos do Athletic Club e o Betis, que conseguiron así manter a categoría.

Novo ciclo en segunda

[editar | editar a fonte]
Once inicial no trofeo Cidade de Pontevedra do ano 2009 ante o Pontevedra CF.

Para a nova tempada na segunda división,[26] o Celta desfíxose de bastantes xogadores do anterior proxecto.[27] Foi o caso de Gustavo López, quen quedou sen renovar non sen certa polémica, xa que insinuou que non podía aceptar o contrato ofrecido por ser un soldo moi baixo. Por presión da afección á directiva para que se lle subise o soldo a Gustavo López e seguise así no Celta, o presidente Carlos Mouriño comunicou o soldo que se lle ofreceu ó xogador e comprobouse que non era para nada desprezábel. No banco continuaría Hristo Stoichkov, aínda que se ficharía como complemento seu a un segundo adestrador con experiencia, Antonio López. Houbo ademais cambios na dirección deportiva, despediuse a Félix Carnero e ocupou o seu lugar Ramón Martínez, antigo director deportivo do Real Madrid.

Especialmente destacábel foi a última xornada, onde se medían en Balaídos Celta e Alavés. A derrota do club céltico, que ofreceu unha moi mala imaxe, custoulle a categoría ó tamén galego e Racing de Ferrol. O presidente do club ferrolán Isidro Silveira chegou dicir, un ano despois, que o Celta se deixara perder.[28][29]

Roberto Trashorras.

A mala tempada 2007-08 trouxo consigo unha nova reestruturación do cadro de xogadores. Apostouse por futbolistas galegos dando continuidade a Rubén, Dani Abalo, Roberto Lago e Jonathan Vila; mais as fichaxes de Noguerol e Trashorras e a volta de Borja Oubiña, que fora cedido ó Birmingham City. A canteira tamén contribuíu a galeguización do equipo coa promoción de Iago Aspas, que tivo un importante papel na salvación do celta no derradeiro partido de liga con dous goles fronte o Alavés.

Así, na tempada 2008-09,[30] o Celta completaría unha boa primeira volta, estando no grupo de aspirantes ó ascenso malia comezar a tempada con moi mal pé perdendo os tres primeiros encontros. A segunda volta, con todo, foi unha verdadeira costa abaixo para o equipo, pasando de estar a un punto dos postos de ascenso a pasar varias xornadas en descenso e salvarse nas últimas xornadas de liga. A causa do mal tramo ligueiro o adestrador, Pepe Murcia, foi destituído e Eusebio Sacristán, que fora xogador do Celta entre 1995 e 1997, pasou a ocupar o cargo. Na penúltima xornada e grazas a dous tantos do canteirán Iago Aspas, no seu debut, o club certificou a permanencia nunha tempada desastrosa que a piques estivo de significar o descenso á segunda división B e a desaparición do club por mor dos problemas económicos. Nesta tempada tamén saíu á luz a débeda do club, que aproximadamente ascendía a 69 millóns de euros. Grazas a permanencia púidose completar a lei concursal coa que se conseguiu reducila a menos da metade: 30 millóns de euros.

Para preparar a tempada 2009-10 o Celta decide cambiar de rumbo na súa política de fichaxes e comeza a apostar decididamente pola canteira. Iago Aspas, Hugo Mallo, Toni e Túñez comezan a ter un gran protagonismo no primeiro equipo. Con Eusebio no banco como adestrador, o club comezaría a liga perdendo na casa ante o Numancia, empatando os dous seguintes encontros e perdendo de novo outros dous partidos, esta vez ante o Córdoba e o Hércules. Este mal inicio lastraría toda a tempada, cos olívicos manténdose durante case toda a primeira volta entre os postos máis baixos da táboa. Con todo o Celta conseguiría remontar postos e acabar finalmente na décimo segunda posición.

O retorno

[editar | editar a fonte]
Pancarta no partido do ascenso ante o Córdoba: "Agora! O derradeiro paso".

Tras finalizar a última non moi exitosa campaña,[31] anunciase a contratación dun novo adestrador para a 2010-11 procedente do Villarreal B, o catalán Paco Herrera. Chegaron ademais moitas novas caras ó equipo, como é o caso de De Lucas, David Rodríguez, Joan Tomás ou Ander Murillo. Xunto a estes xogadores seguirían a gañar protagonismo máis xogadores da canteira da Madroa como Yoel ou Dani Abalo. A tempada do Celta sería salientábel, manténdose sempre, excepto as tres primeiras xornadas, entre os seis primeiros da clasificación, chegando incluso a ostentar o liderado da categoría durante varias xornadas. Con todo un baixón nos resultados durante as últimas xornadas privou ó Celta do ascenso directo, tendo que loitar por el na rolda de play-offs.

Na primeira rolda o rival sería o Granada,[32][33] adestrado polo lucense Fabri González e que acaba de ascender á categoría de prata. O partido de ida sería xogado en Balaídos ante 20.341 seareiros. O Celta xogaría un bo partido, gañando por 1 a 0 con gol de Michu no minuto 77 de encontro. Porén, o partido de volta non sería tan plácido. O tempo transcorrido entre os dous encontros non estivo libre de varias polémicas, como o choque durante a ida entre Iago Aspas e o porteiro do Granada Roberto. Aínda que o Celta loitou pola vitoria, un solitario gol de Orellana (que ó ano seguinte pasaría a ser xogador do Celta) no minuto 21, levou finalmente o partido á rolda de penaltis, onde caeu o equipo vigués por 5 goles a 4.

Na seguinte tempada 2011-12,[34] Paco Herrara continuaría no banco, dando continuidade ó proxecto iniciado o ano pasado. Mantívose o bloque do ano pasado, chegando tan só ó equipo Mario Bermejo, Bellvís, Natxo Insa, Oier e Orellana, autor do gol do Granada a tempada anterior. O Celta tardaría en arrincar, pero a partir da xornada 24 xa non baixaría dos tres primeiros postos da táboa. Este ano, ademais, co descenso o ano anterior do Deportivo, volveríase reeditar o clásico do fútbol galego entre coruñeses e vigueses, o cal non se xogaba dende 2007. Finalmente, un empate a cero goles na última xornada en Balaídos ante o Córdoba permitiu ó Celta ocupar a segunda posición da táboa e certificar o seu regreso á primeira división.

Nova etapa en Primeira

[editar | editar a fonte]
Iago Aspas.

A ledicia polo retorno do Celta á máxima categoría,[31][35] produce un aumento do número de abonados que chegan aos 22 500 a catro días de que comece a competición. Confirmada a continuación de Paco Herrera no banco, os celestes reforzaríanse para loitar por conseguir a permanencia a primeira división de xeito folgado. Chegarían Javi Varas, Samuel Llorca, Gustavo Cabral e os o internacionais arxentino Augusto Fernández, dinamarqués Michael Krohn-Dehli e coreano Park Chu-Young. O gasto total en fichaxes sería de 3,45 millóns de euros. A liga comezaría cos celestes fortes na casa, pero sen conseguir bos resultados fóra, manténdose na zona media baixa da táboa. Con todo, unha xeira de malos resultados levarían ó celta os postos de perigo.

Esta situación levou á rescisión do contrato de Paco Herrera e á contratación de Abel Resino como novo adestrador celeste. No mercado de inverno chegarían ademais novos xogadores para reforzar ó equipo, o internacionais Vadim Demidov, procedente do Eintracht Frankfurt, Danijel Pranjić do Sporting de Lisboa e o retorno de Fabián Orellana do Granada, esta vez en propiedade por 1,2 millóns de euros.

Finalmente acadouse a salvación na última xornada do campionato, pese a chegar ó penúltimo encontro na derradeira posición, tras gañar os encontros ante Real Valladolid e RCD Espanyol e ser favorabeis os resultados dos seus rivais, que remataron descendendo, Deportivo da Coruña, RCD Mallorca e Real Zaragoza.

En xuño de 2013 fichouse como adestrador para a tempada 2013-14 ó asturiano Luis Enrique. No mesmo mes o equipo sufriu a baixa de Iago Aspas, que fichou polo Liverpool F.C. por un prezo de 9 millóns de euros polo 90% do seu pase.[36] descubríndose Nolito coma estrela do equipo capaz de facer esquecer o dianteiro galego.

Novo adestrador e regreso a Europa

[editar | editar a fonte]

No verán de 2014 o Celta ficha o ex xogador celeste Eduardo Berizzo para substituír a Luis Enrique que foi fichado polo FC Barcelona. O técnico arxentino mantivo a liña ascendente do equipo que o levou a clasificarse para disputar a Europa League na tempada 2015/16. A tempada seguinte foi histórica ó acadarse as semifinais da Copa do Rei e na Europa League, pasando épicos encontros coma a eliminatoria ante o Real Madrid[37] na Copa do Rei ou ante o Shakhtar Donetsk[38] na competición europea, porén caeu eliminado ante Deportivo Alavés e ante o poderoso Manchester United respectivamente. Estes éxitos tiveron consecuencias no campionato ligueiro ó dar prioridade estas competicións, co que non se acadou o obxectivo de clasificarse de novo para competición europea. Ao final da tempada o adestrador arxentino decidiu rematar a súa etapa no club galego.

Escudo e cores

[editar | editar a fonte]
Rapaza coas cores e o escudo do Celta.

O escudo do Celta de Vigo,[39] fundado pola fusión do Vigo Sporting e do Fortuna, non variou moito dende a súa fundación en 1923. O escudo do Real Vigo Sporting Club consistía nun círculo que rodeaba a bandeira da cidade de Vigo, coas letras VSC en azul e coa coroa real coma helmo. O escudo do Real Club Fortuna de Vigo era tamén de forma circular e cunha coroa real, sendo as súas cores nun comezo brancas, posteriormente negras, e finalmente laranxa.

O escudo orixinal do Celta estaba formado por dúas letras C (por Club Celta),[40] inscritas dentro dun escudo francés medieval, e coa coroa real herdada dos seus predecesores. Durante o seu primeiro ano a cor do brasón era vermella, ó igual que a cor da camisola, pasando a ser en 1924 de cor azul mariña. En 1928 o escudo pasaría a portar a súa característica cruz de Santiago vermella rodeando o brasón, cambiando a cor do interior ó actual azul celeste. Estes dous elementos, a cruz e a cor celeste, son dous dos principais símbolos do país.

Durante a época da Segunda República (1931-1936) a coroa real desapareceu do escudo, recuperándoa en 1957. Porén, até practicamente a década de 1980 era bastante habitual atopar o escudo sen ela en moitas publicacións ou calquera imaxe que representara o club. Cómpre destacar que nalgunhas ocasións non era raro ver ó Celta tan só portando como escudo na camisola a Cruz de Santiago, distintivo ademais dos equipos que conseguían ser campións de Galicia,[Cómpre referencia] cousa habitual no club vigués e os seus antecesores.

Hugo Mallo (2011).

Na asemblea constituínte do club levada a cabo en agosto de 1923 acordouse que o uniforme do club fose o da Selección Española: camiseta vermella, pantalón negro e medias azuis con reberete branco. [41][42][43][44][45][46][47][48][49][50]

Aínda que a Juan Baliño Ledo, un dos fundadores do club,[51] lle gustaba a idea de usar a cor celeste na camisola do Celta, os vigueses comezarían a súa andaina vestindo unha camisola vermella, pantalón negro e medias azuis e brancas. Porén, acordouse que o equipo B do Celta si que levaría as cores propostas por Baliño Ledo, con pantalón negro, pasando en pouco tempo a ser tamén a cor principal do primeiro equipo.

En marzo de 1924,[51] nun partido de cuartos de final da copa do rei que enfrontaba aos celestes contra o Athletic Club en Coia, na portada do Faro de Vigo o Celta viste unha camisola a raias verticais, aínda que ó ser a fotografía en branco e negro non se distinguen as cores. Con todo non se volveu atopar ningunha outra fotografía con esa camisola que non era nin a vermella nin a celeste. Hoxe as cores do uniforme do Celta son invariablemente a camisola celeste e pantalón branco representando a bandeira galega. As camisolas suplentes, porén, non teñen ningún deseño nin cores fixas, nos últimos anos foron de cor vermella, negra ou mesmo laranxa.

Para a tempada 2014-15, o Celta viste roupa da compañía alemá Adidas. A finais de 2012, tras numerosos problemas de abastecemento coa marca chinesa Li Ning, o Celta asinou un contrato para levar durante as seguintes catro tempadas roupa de Adidas[52]. Os seus patrocinadores son; Citroën na parte dianteira da camisola e Estrella Galicia na traseira, na cueira do pantalón Abanca. Os uniformes son:

  • Titular: camisola azul celeste cun tríscele rosado na parte posterior do pescozo. O nome é o número son de cor negra. Pantalón branco e medias a faixas brancas e azul celeste. Tódalas pezas de roupa anteriormente descritas coas franxas características de Adidas de cor rosado.
  • Suplente: camisola de cor verde coas mangas verdes dun ton máis escuro, cun tríscele branco na parte posterior do pescozo. O nome é o número son de cor negra. Pantalón e medias verde escuras no mesmo ton que as mangas. As franxas características de Adidas de cor verde en tódalas pezas anteriormente descritas.
Titular


Suplente


Para a copa do rei,[53] no partido de oitavos de final que enfrontou ó Celta co Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu, a compañía alemá Adidas deseñou unha camisola suplente especial:

  • Especial copa do rei: camisola vermella co pescozo grande de cor branca e un tríscele da mesma cor na parte posterior do mesmo. Por vez primeira inclúe os "chevróns" do logotipo de Citroën na parte dianteira. O nome e o número son de cor branca con tipografía de inspiración galega. Pantalón negro e medias vermellas.
Titular (1923)


Suplente (1923)


Titular (1928)


Suplente (1988)


Suplente (2002)


Suplente (2010)


L. Campións


Patrocinadores e provedores

[editar | editar a fonte]
Automóbiles de Citroën na fábrica PSA de Vigo.

O Celta tivo coa compañía automobilística francesa Citroën o acordo de patrocinio máis longo na Liga de Fútbol Profesional.[54] De cara á tempada 1985-86 o centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën, unha das industrias de Galicia con máis empregados, decidiu apoiar o equipo da cidade. Antes da tempada 2010-11 o novo provedor dos olívicos pasou ser a compañía Li Ning,[55] firma chinesa en plena expansión mundial. Con todo, antes do comezo da tempada 2012-13 a compañía entrou en concurso de acredores, o que produciu problemas de abastecemento do material deportivo. Debido a isto en decembro de 2012 o Celta asinou un contrato polo cal os celtiñas vestirán equipamento da alemá Adidas durante os seguintes catro anos.

Por outra banda, o Celta mantivo un dos acordos máis longos cun provedor de equipamento ó permanecer coa compañía británica Umbro durante vinte e catro tempadas na camisola celeste. Dende o verán de 2009 os vigueses levan na parte de atrás da camisola o patrocinio da compañía cervexeira Estrella Galicia.

Período Provedor Patrocinador
1980-1982 Meyba Ningún
1982–1986 Adidas
1986–2010 Umbro Citroën
2010–2012 Li Ning
2012–2016 Adidas
2016–2024 Estrella Galicia
2024– Hummel

Non se sabe con certeza a orixe do himno do Celta,[56] aínda que se cre que é de orixe popular. Debido a esta incerteza, o ano de nacemento do himno é descoñecido, sendo a súa primeira referencia coñecida unha gravación durante o ascenso de 1969 en Balaídos. O himno, a parte da versión en galego, conta tamén cunha versión en castelán. A letra, que fai referencia á historia e aos seareiros do Celta, comeza así:

Ala Celta a demostrar,
por historia e tradición.

Tan popular como o mesmo é a "Foliada do Celta" do grupo vigués A Roda[57]. De feito, na década de 1980 o equipo saía ó campo ó son desta canción. Esta obra musical ten a súa orixe no disco Falemos Galego (1979), do cal é a primeira canción. A letra da peza fai un percorrido falando da xente que acode ó estadio e as diferentes bancadas.

Díxolle o sobriño ó tío, ó entrar en Balaídos,
se gañamos o domingo, fágoche socio de Río.

Outros temas recorrentes do celtismo son canción populares como "A Rianxeira",[58] canción musicada en 1947 por Anxo Romero Loxo, e o "Miudiño". Nos último anos tamén se converteu nunha canción popular do celtismo o tema "1923" do grupo Keltoi!. Esta canción, incluída dentro do seu álbum publicado en 2010 A nosa cinza, fala dos sentimentos do celtismo, afoutando aos seareiros a animar.

Ven connosco e xa o verás:
berraremos sen parar, malia as gorxas rebentar,

trala victoria final! Sempre Celta!

Con motivo do centenario do club en 2023, o Celta encargoulle ao cantante madrileño de ascendencia galega C Tangana a creación dun himno conmemorativo, que veu a luz finalmente en xullo dese ano co título "Oliveira dos cen anos". Ademais deste himno oficial, que contou cunha recepción maioritariamente positiva entre a afección, outros artistas locais adicaron as súas propias cancións ao equipo aproveitando a efeméride, como foi o caso de Xhamain, Ramón Soto, Jairo Daponte ou Dioivo[59].

Artigo principal: Estadio Municipal de Balaídos.
Vista xeral do Estadio de Balaídos
Vista do exterior do Estadio de Balaídos

O Celta xoga os seus partidos como local no Estadio Municipal de Balaídos,[60] situado na avenida do mesmo nome a uns tres quilómetros do centro histórico da cidade. Con 31.800 asentos, é o segundo estadio de Galicia en capacidade, moi preto do Estadio Municipal de Riazor da Coruña (34.600 asentos). As dimensións do campo son de 105 x 69 metros. As bancadas do estadio son Tribuna, Preferencia, Gol, Marcador, Fondo, Río Alto e Río Baixo.

O estadio foi inaugurado o 30 de decembro de 1928,[61] cun partido entre o Celta e a Real Unión, partido no que venceron os celestes por 7-0. Foi deseñado polo enxeñeiro Jenaro de la Fuente debido ó crecente número de socios co que contaba o club. Con todo, o proxecto inicial tivo que ser modificado pola dificultade de conseguir o diñeiro preciso para a súa construción. O estadio puido ser finalmente rematado, contando no momento da fin da súa construción con capacidade para 22.000 espectadores, todos sentados e con localidades numeradas. Na súa inauguración o estadio foi bendicido polo Padre Faustino, quen rematou o seu discurso cun "Viva Galiza, Viva Vigo, Viva o Celta".

Durante os anos 1930 e 1940 sucedéronse as reformas, e en xullo de 1945 o estadio pasou a ser propiedade do club. En 1969 realizouse unha reforma eléctrica, tras decidir o entón alcalde da cidade, Rafael Portanet, que o estadio debería contar cunha boa instalación luminosa para xogar partidos en horario nocturno. Xa dous anos antes, en 1967, comezaran unha serie de obras para reformar en profundidade tódalas bancadas, dándolle a súa configuración actual agás á bancada de Río. As novas instalacións foron inauguradas polo daquela alcalde Antonio Ramilo o 27 de marzo de 1971. A seguinte gran reforma comezou o 5 de decembro de 1980, con motivo do Mundial de 1982. Esta reforma levou á demolición da bancada de Río e á construción dunha máis moderna con maior capacidade. Daquela o estadio tiña capacidade para 38.000 espectadores, pasando aos 31.800 da década dos 1990, debido á obriga de tódalas bancadas teren asentos.

Tamén se fixeron obras no campo en 2004 con motivo da primeira participación do Celta na súa historia na Liga de Campións,[62] e axeitando o estadio á normativa da UEFA. A comezos da tempada 2012-13 acometeuse unha reforma para lavar a cara do vetusto estadio. Tapouse o foxo que circundaba o terreo de xogo e elimináronse algunhas das primeiras filas da bancada para suprimir os obstáculos entre a afección e o terreo de xogo, emulando os campos de xogo ingleses.

Outras instalacións

[editar | editar a fonte]
Afouteza, a Cidade Deportiva do RC Celta

Á parte do Estadio de Balaídos o Celta dispón de máis instalacións. O propio estadio, amais do campo de fútbol,[63] conta cun complexo polideportivo baixo as bancadas de Río Alto e Río Baixo, con dúas pistas polideportivas, unha recta de atletismo, seis pistas de squash e unha sala de halterofilia. Están aí tamén a oficina de aboados e a Tenda Oficial. Dende 2018 o antigo edificio do Mercantil, na Rúa do Príncipe, acolle a sede social do club e outra Tenda Oficial, así como un restaurante cunha Estrella Michelín.

Outras instalacións do club son:

Seareiros

[editar | editar a fonte]
Cartel dos Celtarras.

O Celta de Vigo conta con máis de 22.500 abonados e 14.339 accionistas,[6][65][66] algúns dos cales militan nalgunha das 129 peñas das que dispón o club ó longo do mundo. Destas peñas, cen teñen a súa orixe en Galicia, e o resto están espalladas por lugares como Guipúscoa, Biscaia, Madrid, Barcelona, Caracas, Buenos Aires ou Santo Domingo. Os afeccionados do Celta adóitanse denominar celtistas, celestes, célticos ou olívicos. Outro alcume que reciben os seareiros do Celta é o de portugueses, principalmente por parte dos seguidores do Deportivo da Coruña en resposta ó seu alcume de turcos.[67]

Con todo, o principal grupo de seareiros do Celta son os coñecidos como Celtarras.[68][69] Este grupo, fundado en 1987, é de tendencia política independentista de esquerdas, sendo un dos seus lemas máis repetidos "Por Galiza, polo Celta". Este grupo de seareiros ten unha forte rivalidade cos Riazor Blues, peña ultra do Deportivo, ademais de con outros grupos como os Ultras Sur do Real Madrid. Porén, gardan unha boa relación con outros grupos galegos e os Herri Norte Taldea do Athletic Club.

Os seareiros do Celta festexan as vitorias do equipo na fonte que forma parte do monumento Porta do Atlántico, que se atopa na Praza de América, nas Travesas de Vigo, non lonxe de Balaídos.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Internacionais con Galiza.
Categoría principal: Internacionais con España.
  • Adestrador con máis encontros: Víctor Fernández con 152 entre os anos 1998 e 2002
  • Primeiro gol da historia: Ramiro, sendo o primeiro gol marcado polo Celta en Liga, no partido Celta-Iberia (1-2) que se xogou en febreiro de 1929, en segunda división.

En primeira división

[editar | editar a fonte]
  • Maior número de puntos: 64 puntos (1998-99)
  • Maior número de vitorias: 20 (2005-06)
  • Maior número de goles obtidos: 69 goles (1998-99)
  • Menor número de goles obtidos: 21 goles (1958-59)
  • Mellor media de goles obtida: 2,42 goles por partido (1949-50)
  • Maior número de goles encaixados: 75 goles (1943-44 e 1955-56)
  • Menor número de goles encaixados: 32 goles (1970-71 e 1992-93)
  • Maiores goleadas conseguidas:
  • Maiores goleadas encaixadas:
    • Como local: 0-5 fronte ó Oviedo (1943/44)
    • Como visitante: 10-0 fronte ó Athletic Club (11/01/1942)

Datos do club en competicións europeas

[editar | editar a fonte]

Participacións en competicións europeas: 9

Partidos históricos en Europa

[editar | editar a fonte]
Tempada Local Resultado Visitante Liga Estadio
1998-99 Celta de Vigo Galicia 7-0 Romanía FC Argeș Pitești UEFA Balaídos
1998-99 Aston Villa Inglaterra 1-3 Galicia Celta de Vigo UEFA Villa Park
1998-99 Celta de Vigo Galicia 3-1 Inglaterra Liverpool UEFA Balaídos
1998-99 Liverpool Inglaterra 0-1 Galicia Celta de Vigo UEFA Anfield
1999-00 Celta de Vigo Galicia 4-0 Suíza Lausanne UEFA Balaídos
1999-00 Celta de Vigo Galicia 7-0 Portugal Benfica UEFA Balaídos
1999-00 Celta de Vigo Galicia 4-0 Italia Juventus UEFA Balaídos
2000 Celta de Vigo Galicia 2-1 Zenit San Petersburgo Intertoto Balaídos
2000-01 Celta de Vigo Galicia 5-3 Estrela Vermella UEFA Balaídos
2000-01 Celta de Vigo Galicia 1-0 Ucraína Shakhtar Donetsk UEFA Balaídos
2000-01 Celta de Vigo Galicia 2-1 Alemaña Stuttgart UEFA Balaídos
2000-01 Celta de Vigo Galicia 3-2 Cataluña Barcelona UEFA Balaídos
2001-02 Celta de Vigo Galicia 4-0 República Checa Sigma Olomouc UEFA Balaídos
2002-03 Celta de Vigo Galicia 2-1 Escocia Celtic UEFA Balaídos
2003-04 Celta de Vigo Galicia 3-2 Países Baixos Ajax Liga de Campións Balaídos
2003-04 AC Milan Italia 1-2 Galicia Celta de Vigo Liga de Campións San Siro
2006-07 Celta de Vigo Galicia 3-1 Bélxica Standard de Liexa UEFA Balaídos
2006-07 Celta de Vigo Galicia 1-0 Fenerbahçe UEFA Balaídos
2006-07 Celta de Vigo Galicia 2-1 Spartak de Moscova UEFA Balaídos
2016-17 Shakhtar Donetsk Ucraína 0-2 Galicia Celta de Vigo Liga Europa da UEFA Estadio Metalist, Khárkiv
2016-17 Krasnodar 0-2 Galicia Celta de Vigo Liga Europa da UEFA Krasnodar
2016-17 Celta de Vigo Galicia 3-2 Bélxica KRC Genk Liga Europa da UEFA Balaídos
2016-17 Manchester United Inglaterra 1-1 Galicia Celta de Vigo Liga Europa da UEFA Old Trafford

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Para maior detalle véxase: Traxectoria do Celta de Vigo.
Tempada División Posto Copa do Rei
1929 1/16 de final
1929/30 1/16 de final
1930/31 ascenso 1/16 de final
1931/32 Semifinais
1932/33 1/16 de final
1933/34 1/8 de final
1934/35 / 1/8 de final
1935/36 / ascenso 1/8 de final
1939/40 10º 1/8 de final
1940/41 10º Semifinais
1941/42 1/16 de final
1942/43 1/8 de final
1943/44 14º descenso 1/8 de final
1944/45 ascenso 1/16 de final
1945/46 10º 1/8 de final
1946/47 1/4 de final
1947/48 Subcampión
1948/49 11º 1/8 de final
1949/50 1/8 de final
1950/51 1/8 de final
1951/52 1/8 de final
1952/53 13º
1953/54 10º 1/8 de final
Tempada División Posto Copa do Rei
1954/55 11º 1/8 de final
1955/56 10º 1/8 de final
1956/57 13º 1/4 de final
1957/58 1/8 de final
1958/59 16º descenso 1/8 de final
1959/60 1ª rolda
1960/61 1/16 de final
1961/62 1/16 de final
1962/63 1ª rolda
1963/64 1/8 de final
1964/65 1/16 de final
1965/66 1/16 de final
1966/67 1ª rolda
1967/68 Semifinais
1968/69 ascenso
1969/70 10º 1/8 de final
1970/71 1/8 de final
1971/72 10º 1/4 de final
1972/73 15º 1/8 de final
1973/74 12º 5ª rolda
1974/75 17º descenso 1/8 de final
1975/76 ascenso 1/8 de final
1976/77 17º descenso 1/4 de final
1977/78 ascenso 3ª rolda
Tempada División Posto Copa do Rei
1978/79 16º descenso 1/8 de final
1979/80 17º descenso 1/8 de final
1980/81 2ªB ascenso 3ª rolda
1981/82  1º ascenso 3ª rolda
1982/83 17º descenso 1/8 de final
1983/84 1ª rolda
1984/85 ascenso 3ª rolda
1985/86 18º descenso 1/4 de final
1986/87 ascenso 3ª rolda
1987/88 1/8 de final
1988/89 1/4 de final
1989/90 19º descenso 1/8 de final
1990/91 14º 5ª rolda
1991/92 ascenso 3ª rolda
1992/93 11º 3ª rolda
1993/94 15º Subcampión
1994/95 13º 4ª rolda
1995/96 11º 1/8 de final
1996/97 16º Semifinais
1997/98 1/8 de final
1998/99 1/8 de final
1999/00 1/8 de final
2000/01 Subcampión
2001/02 1/16 de final
Tempada División Posto Copa do Rei
2002/03 1/16 de final
2003/04 19º descenso 1/4 de final
2004/05 ascenso 1/32 de final
2005/06 1/8 de final
2006/07 18º descenso 1/16 de final
2007/08 16º 2ª rolda
2008/09 17º 1/16 de final
2009/10 12º 1/4 de final
2010/11 2ª rolda
2011/12 ascenso 1/16 de final
2012/13 17º 1/8 de final
2013/14 1/16 de final
2014/15 1/8 de final
2015/16 Semifinais
2016/17 13º Semifinais
2017/18 13º 1/16 de final
2018/19 17º 1/32 de final
2019/20 17º 1/32 de final
2020/21 1/32 de final
2021/22 11º 1/16 de final
2022/22 13º 1/16 de final
2023/24 13º 1/4 de final
2024/25 por disputar por disputar

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Xogadores do Celta de Vigo.

Cadro 2024/25

[editar | editar a fonte]
Pablo Durán foi un dos catro xogadores do filial, xunto con Carlos Domínguez, Hugo Álvarez e Damián Rodríguez, que promocionaron ao primeiro equipo procedentes do Celta Fortuna.
Posto País Xogador
1 POR Galicia Iván Villar
2 DEF Carl Starfelt
3 DEF Cataluña Óscar Mingueza
5 DEF Galicia Sergio Carreira
6 MED España Ilaix Moriba
7 DIA Galicia Borja Iglesias
8 MED España Fran Beltrán
9 DIA Grecia Anastasios Douvikas
10 DIA Galicia Iago Aspas
11 MED Franco Cervi
12 DIA España Alfon
13 POR España Vicente Guaita
14 MED Luca de la Torre
Posto País Xogador
15 DEF Joseph Aidoo
16 MED ​Jaílson
17 DIA Costa do Marfil Jonathan Bamba
18 DIA Galicia Pablo Durán
19 MED Williot Swedberg
20 DEF España Marcos Alonso
21 DEF Mihailo Ristic
22 DEF España Javier Manquillo
23 DEF Tadeo Allende
24 DEF Galicia Carlos Domínguez
28 MED Galicia Damián Rodríguez
30 MED Galicia Hugo Álvarez
33 MED Galicia Hugo Sotelo

Altas e baixas 2024/25

[editar | editar a fonte]
Altas
Xogador Nacionalidade Posición Procedencia Tipo Custo
   Emi Rogríguez*
Dianteiro centro
Pachuca
Cesión O/C
   Borja Iglesias
Galicia
Dianteiro
Real Betis
Cesión
   Ilaix Moriba
España
Mediocampista
RB Leipzig
Cesión O/C
   Marcos Alonso
España
Defensa
Libre
Traspaso


Baixas
Xogador Nacionalidade Posición Destino Tipo Ingreso
   Renato Tapia
Mediocampista
Libre
   Jørgen Strand Larsen
Dianteiro
Wolverhampton Wanderers F.C.
Cesión O/C
3M + 27M euros
   José Fontán
Galicia
Defensa
Arouca
Traspaso
   Miguel Rodríguez
Galicia
Dianteiro
FC Utrecht
Cesión O/C
   Miguel Baeza
España
Mediocampista
CD Nacional
Rescisión
   Carlos Dotor
España
Mediocampista
Real Oviedo
Cesión O/C
   Manu Sánchez
España
Lateral
Deportivo Alavés
CesiónO/C
   Carles Pérez
España
Extremo
Xetafe CF
Cesión O/C
   Julen Lobete
España
Dianteiro
Málaga CF
Rescisión
   Gonçalo Paciência
Portugal
Dianteiro
Sanfrecce Hiroshima
Rescisión
   Unai Núñez
España
Defensa Central
Athletic Club
Cesión O/C
   Kevin Vázquez
Galicia
Lateral
Sporting de Xixón
Rescisión

*A incorporación é realmente para o equipo filial, o Celta Fortuna, mais coa idea de alternar primeiro equipo con filial.

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]
Tempada Xogador Goles
1947-48 Galicia Pahiño 23
Tempada Xogador Goles
2016-17 Galicia Iago Aspas 19
2017-18 Galicia Iago Aspas 22
2018-19 Galicia Iago Aspas 20
2021-22 Galicia Iago Aspas 17

Máximos goleadores de segunda división

[editar | editar a fonte]
Tempada Xogador Goles
1934-35 Galicia Nolete 19
1935-36 Galicia Nolete 19
1965-66 España Abel Fernández 26
1967-68 España Abel Fernández 17
Galicia Rivera 17
1981-82 Galicia Pichi Lucas 27
1986-87 Baltazar 34
1991-92 Bosnia e Hercegovina Vladimir Gudelj 26
Tempada Xogador Goles
2011-12 Galicia Iago Aspas 23
Santiago Cañizares.
Tempada Xogador Partidos Goles Media
1992-93 España Santiago Cañizares 36 30 0.83
2002-03 Pablo Oscar Cavallero 36 27 0.75
2005-06 España José Manuel Pinto 37 28 0.75

Máximos goleadores en primeira división

[editar | editar a fonte]
Pos. Xogador Goles
Galicia Iago Aspas 153
Galicia Hermidita 104
Galicia Mauro 69
Bosnia e Hercegovina Vlado Gudelj 68
Galicia Pahiño 57
Alexander Mostovoi 55
España Roig 53
España Nolito 50
España Del Pino 49
10º España Atienza 48
11º España Olmedo 45
12º Galicia Agustín 42
13º Galicia Carlos Torres 41
14º Galicia Aretio 38
15º Catanha 38

Máximos goleadores en encontros oficiais

[editar | editar a fonte]
Pos. Xogador Goles
Galicia Iago Aspas 204
Galicia Ramón Polo 157
Galicia Nolete 140
Galicia Hermidita 113
Bosnia e Hercegovina Vladimir Gudelj 111
Galicia Rogelio Tapia 103
Galicia Pichi Lucas 92
España Abel Fernández 91
Galicia Pahiño 90
10º España Francisco Roig Zamora 73
11º Alexander Mostovoi 72

Xogadores con máis partidos en primeira división

[editar | editar a fonte]
Alexander Mostovoi.
Pos. Xogador Partidos
Galicia Iago Aspas 341
Galicia Hugo Mallo 309
Alexander Mostovoi 235
Galicia Manolo 226
Galicia Juan 220
Galicia Pepe Villar 207
Gustavo López 205
Fernando Cáceres 198
España Fran Beltrán 196
10º Bosnia e Hercegovina Vladimir Gudelj 195
11º Galicia Vicente 194
12º Patxi Salinas 193
13º Cabral 191
14º Galicia Castro 187
15º España Atilano 183
16º Galicia Jonny 183

Xogadores históricos

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Xogadores do Celta de Vigo.

Galicia

Arxentina

Uruguai

España

Paraguay

Brasil

Chile

Ecuador

Dinamarca

Francia

Irlanda do Norte

Israel

Inglaterra

Países Baixos

Bulgaria

Hungría

Serbia

Croacia

Bosnia-Hercegovina

Rusia

Portugal

Exipto

Alxeria

Suráfrica

Corpo técnico

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Adestradores do Celta de Vigo.

Adestradores con máis partidos

[editar | editar a fonte]

Os datos contabilízanse dende a tempada 1939-40 para Primeira, 1970-71 para Segunda e dende a 2001-02 para Segunda División B ata a 2011-12.[71] Non se contabilizan os partidos de copa do rei.

Ricardo Zamora, que dirixiu ó equipo nunha das épocas máis exitosas.
Pos. Nome Encontros
España Víctor Fernández 190
Txetxu Rojo 134
España Ricardo Zamora 126
Galicia Fernando Vázquez 119
Galicia Luís Casas Pasarín 117
España Juan Arza 114
Eduardo Berizzo 114
Cataluña Paco Herrera 86
Carmelo Cedrún 85
10º Maguregui 84
11º Eduardo Coudet 79
12º Baltasar Albéniz 78
13º Galicia Fernando Castro Santos 76
14º Miguel Ángel Lotina 73
15º Milorad Pavić 72

Xunta directiva

[editar | editar a fonte]
  • Presidente: Marián Mouriño
  • Conselleiros: Xisela Aranda, Sergio Álvarez, Carmela Cuevas, Miguel Álvarez, José Manuel Amoedo, Jose Álvarez Dafonte e Antón Álvarez.
  • Director de fútbol: Marco Garcés
  • Coordinador categorías inferiores: Álex Otero e Eduardo Covelo
  • Director de Área de Operacións e Relacións Institucionais: Carlos Cao
  • CEO Corporativo: José Gainzarain
  • Área Social: David González
  • Marketing: Gael García
  • Director de seguridade e instalacións: Enrique García
  • Responsable da fundación: Germán Arteta

Presidentes

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Presidentes do Celta de Vigo.

Lista de presidentes.[72][73]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos estatais

[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos amigables de máis importancia

[editar | editar a fonte]

(Datos actualizados no ano 2020)

Artigo principal: Real Club Celta de Vigo B.

O Real Club Celta de Vigo Fortuna é o equipo filial do Celta. Fundado en 1989, milita no Grupo I da PRIMERA RFEF e o seu adestrador é Fredi Álvarez. Tradicionalmente chámaselle Celta Turista, pois foi o Club Turista (despois Celta Turista) o seu último filial, antes de fusionarse co Celta, pasando a ser o seu equipo dependente. Foi unha canteira prolífera, que deu lugar a grandes xogadores, como Borja Oubiña, Michel Salgado ou Xurxo Otero (os tres internacionais con España), ou Pablo Couñago bota de ouro do mundial sub-20 de 1999 en Nixeria.

Xogou tres veces a liguiña de clasificación para a segunda división.

Historicamente, os clubs filiais que tivo o Celta foron o Berbés, o Gran Peña (despois Gran Peña Celtista), e o Club Turista (despois Celta Turista). Debido a que as SADs non poden ter clubs filiais independentes delas, durante a reconversión dos clubs a SADs os filiais integráronse dentro da estrutura dos clubs "paternais".

Xogadores da canteira

[editar | editar a fonte]

Estes son algúns dos xogadores que saíron da canteira celeste:

Categoría principal: Xogadores do Celta de Vigo B.

Baloncesto

[editar | editar a fonte]
Xogadoras do Celta de baloncesto.
Artigo principal: Real Club Celta Baloncesto.

O Real Club Celta Baloncesto (anteriormente R.C. Celta Banco Simeón, R.C. Celta Vigourban e Real Club Celta Indepo) é un equipo feminino. Entre o seu palmarés están cinco campionatos da Liga española de baloncesto feminino (1977, 1979, 1982, 1999, 2000), catro Copas da Raíña (1974, 1981, 1984, 2001) e doce Copas de Galicia (1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011).

Disputa os seus encontros no Complexo deportivo de Navia, está dirixido por Carlos Colinas e o seu patrocinador é Construcións deportivas Indepo.

Atletismo

[editar | editar a fonte]

Nacemento

[editar | editar a fonte]

O equipo de atletismo do Celta de Vigo xurdiu por iniciativa de Manuel de Castro Handicap, que tras volver dos Xogos Olímpicos de 1924 quixo crear unha sección de atletismo para o club recentemente creado.

O equipo naceu da man do directivo do Celta, irman de Handicap e campión de Galiza en lanzamento de peso e disco en 1921, Fernando de Castro González.

Debutou o 14 de setembro de 1924 nos Campionatos Galegos de Atletismo en Vigo no extinto campo de Coia, obtendo catro vitorias individuais e o cuarto posto por equipos con só catro atletas en competición, ademais do futbolista Pinilla que quedou eliminado nos 100 m.

Tras volver competir nos campionatos galegos de 1925 a actividade foise diluíndo ó non disputarse estes nos anos 1926 e 1927, chegando a desaparecer e integrarse os seus atletas na Sociedade Atlética de Vigo.

Rexurdimento

[editar | editar a fonte]

Na primavera de 1950 o Celta volveu ó atletismo da man de Alfonso Posada como delegado da sección. Debutou nesta segunda etapa nos Campionatos de Vigo de neófitos e debutantes con bastante bo papel, e tamén en Balaídos nos Campionatos Galegos absolutos no que alcanzou a segunda posición.

Nestes anos de historia o Celta foi batendo marcas ata ter atletas campións de España, de Europa ou participando nos Xogos Olímpicos. Rogelio Rivas foi o primeiro céltico en conseguir un récord de España absoluto (nos 100 m lisos) e tamén o primeiro en asistir a uns Xogos Olímpicos (Toquio 1964).

O primeiro estranxeiro que militou nas filas do club foi o finés Jouko Kuha, quen acadou o récord mundial dos 3.000 metros obstáculos en 1968.[83]

Fútbol Indoor

[editar | editar a fonte]

Dende o ano 2011 o Celta tamén compite na Liga española de fútbol indoor. Se ben o ano do seu debut non pasou da fase de grupos, demostrou unha gran progresión nesta competición, ó chegar a semifinais na tempada 2011-2012 onde foi eliminado polo Real Madrid, quen sería o campión[84]. Esta melloría chegou ó apoxeo cando na terceira tempada se declarou campión do torneo gañandolle a final ó Real Valladolid e sendo o celtista Jacobo Campos o mellor xogador da Liga Fertiberia de Fútbol Indoor.

O equipo está adestrado por Moncho Carnero e formado polos seguintes exfutbolistas profesionais:

Posto País Xogador
1 Galicia Adrian Rubio
13 Galicia Emilio
1 España Maté
25 Villanueva
25 España Miguel Solla
5 Galicia Rodolfo Dapena
España Tomás
24 Galicia Nacho Cantero
2 Galicia Michel Salgado
18 Everton Giovanella
3 Galicia Xurxo Otero
35 Patxi Salinas
Posto País Xogador
6 Bajcetic
7 Bosnia e Hercegovina Ratković
8 Galicia Jacobo Campos
14 Mosquera
11 Galicia Vicente Celeiro
Galicia Isaac Fernández
12 Galicia Vicente Fidalgo
15 Galicia Fran Caínzos
16 Galicia Antonio Otero
17 Galicia Manel Fernández
24 Bosnia e Hercegovina Vladimir Gudelj
10 Galicia Quique

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Instalacións". rccelta.es. Consultado o 30 de marzo de 2021. 
  2. Centro de Investigaciones Sociológicas (2007). "Barómetro de mayo" (PDF). Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  3. Villarino, Xulio (22 de agosto de 2017). "El Celta ganaba la Intertoto tal día como hoy". Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  4. Galicia, Xunta de (2024-11-10). "Os Premios da Cultura Galega 2024 recaen en Manuel Lourenzo, Xosé María Pérez Barro, Marta Pazos, Joaquín Martínez, Ficción Producións, Julia Díaz, Xosé Manuel González e o Real Club Celta de Vigo". Xunta de Galicia. Consultado o 2024-10-12. 
  5. R.C. Celta de Vigo. "Nace o Celta de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 R.C. Celta de Vigo. "Real Club Celta de Vigo S.A.D.". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  7. As.com (5 de setembro de 2017). "Diez razones para ser del Celta". AS.com. Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  8. R.C. Celta de Vigo. "1923-1930". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  9. Masià, Vicent (2009). "Historia del Club" (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  10. Schoua, Guillermo Julián. Historia de Boca Juniors, ed. "Real Club Celta de Vigo 1 - Boca Juniors 3" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  11. Schoua, Guillermo Julián. Historia de Boca Juniors, ed. "Real Club Celta de Vigo 3 - Boca Juniors 1" (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  12. Nacional Digital. "Nacional 2 - Celta 2" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  13. Bronca, A. (3 de agosto de 1925). "El Nacional y el Celta empataron ayer a 2 goals". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  14. http://hemeroteca-paginas.mundodeportivo.com/EMD02/HEM/1927/01/24/MD19270124-005.pdf
  15. 15,0 15,1 R.C. Celta de Vigo. "1930-1940". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  16. R.C. Celta de Vigo. "1940-1950". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  17. Subiran, Francisco (5 de xullo de 1948). "Sevilla, 4 - Celta, 1". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  18. R.C. Celta de Vigo. "1950-1960". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  19. R.C. Celta de Vigo. "1960-1970". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  20. R.C. Celta de Vigo. "1970-1980". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  21. 21,0 21,1 21,2 R.C. Celta de Vigo. "1980-1990". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  22. Vázquez (7 de maio de 1982). "El Celta tampoco fue enemigo para Polonia". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  23. R.C. Celta de Vigo. "1990-2000". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2013. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  24. Merino, Juan Manuel (21 de abril de 1994). "Zaragoza campeón". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  25. Axencias (2 de agosto de 1995). "Arden Sevilla y Vigo". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  26. R.C. Celta de Vigo. "2000-2010". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  27. Axencias (10 de xullo de 2007). "El Celta hace públicas las cantidades económicas que recibió Gustavo López". 20 minutos (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  28. Valencia, José (16 de xuño de 2008). "A derrota do Celta en Balaídos devolve ao Racing a Segunda B". La Voz de Galicia. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  29. Marca (6 de xuño de 2009). "El presidente del Racing de Ferrol afirma que el Celta se dejó perder en la pasada Liga". Marca (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  30. Redacción (30 de xuño de 2009). "El Celta culmina el proceso concursal". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  31. 31,0 31,1 R.C. Celta de Vigo. "2010-actualidade". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  32. Marca (8 de xuño de 2011). "Michu salió del banquillo para poner al Celta en el buen camino". Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  33. Marca (11 de xuño de 2011). "A Roberto le toca la lotería". Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  34. Galiciaé LV (3 de xuño de 1912). "O Celta regresa a Primeira logo de 5 anos". El Progreso. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  35. Vigodeportes (15 de agosto de 2012). "Conta con 22.500 socios e non venderá entradas en catro bancadas". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de marzo de 2013. 
  36. MARCA.com. "El Celta percibirá más de nueve millones por Iago Aspas". MARCA (en castelán). Consultado o 2019-01-23. 
  37. "Celta vs Real Madrid: La flor pierde un pétalo". MARCA.com. 2017-01-24. Consultado o 2019-01-23. 
  38. "Shakhtar D. vs Celta: El Celta se hace grande en Europa". MARCA.com. 2017-02-22. Consultado o 2019-01-23. 
  39. Historia do Celta de Vigo. "Un escudo que representa a todo un país". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2013. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  40. Fame Celeste. "Historia del R.C. Celta de Vigo" (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  41. Fernández, Alberto (9 de agosto de 2018). "Tal día como hoy, en 1923, se constituía el Real Club Celta de Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de diciembre de 2022. 
  42. "El “Celta” será el nombre producto de la fusión “Fortuna-Vigo”. Y los gallegos vislumbran para él las mayores glorias, le han dotado del uniforme del once nacional de España". El Mundo Deportivo (en castelán) (952). 17 de agosto de 1923. p. 1. Consultado o 28 de diciembre de 2022. 
  43. "Futbol". Las Provincias: diario de Valencia (en castelán) (17.748). 17 de agosto de 1923. p. 2. Consultado o 28 de diciembre de 2022. 
  44. "Deportes. La fusión de los clubs gallegos está hecha". La Opinión: diario independiente de la mañana (en castelán) (36). 15 de agosto de 1923. p. 6. Consultado o 28 de diciembre de 2022. 
  45. "Futbol. El Club Celta". El Progreso: diario republicano (en castelán) (5.549). 25 de agosto de 1923. p. 2. Consultado o 28 de diciembre de 2022. 
  46. "Sección deportiva. «Club Celta»". La Voz de Asturias (111). 17 de agosto de 1923. p. 3. Consultado o 28 de diciembre de 2022. 
  47. "Los deportes. El Club Celta". La Acción: diario de la noche (en castelán) (2.521). 15 de agosto de 1923. p. 6. Consultado o 28 de diciembre de 2022. 
  48. "Los deportes. Foot-ball. La fusión Vigo—Fortuna se denominará Club Celta". El Imparcial: diario liberal (en castelán) (20.137). 16 de agosto de 1923. p. 2. Consultado o 28 de diciembre de 2022. 
  49. Masía Pous, Vicent. "Historial del Real Club Celta de Vigo, S.A.D. - HISTORIA DEL CLUB: 1923 – 1930". lafutbolteca.com (en castelán). Consultado o 28 de diciembre de 2022. 
  50. Faro de Vigo. 11 de agosto de 1923. p. 2
  51. 51,0 51,1 Historia do Celta de Vigo. "As cores da bandeira galega como uniforme". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2013. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  52. Redacción (14 de novembro de 2012). "El Celta firma con Adidas por cuatro temporadas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  53. R.C. Celta de Vigo. "O Celta ultima os detalles da camiseta de adidas que lucirá en Copa". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  54. Conde, J. (23 de marzo de 2010). "El Celta contempla otros patrocinios para su equipaje tras dos décadas con Umbro". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  55. La Voz (20 de decembro de 2012). "Adidas vestirá ao Celta as catro próximas tempadas". La Voz de Galicia. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  56. Historia do Celta de Vigo. "Un himno de procedencia popular". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  57. Tomás R. "A Foliada do Celta: sus orígenes y alguna anécdota". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  58. Historia do Celta de Vigo. "Cánticos". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  59. "El Centenario más musical: así son las canciones que celebran los 100 años del Celta". Treintayseis (en castelán). 2023-09-23. Consultado o 2023-09-28. 
  60. The Stadium Guide. "Estadio Municipal de Balaídos" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  61. Historia do Celta de Vigo. "De Coia a Balaídos. Catedral do Fútbol Galego". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  62. Álvarez, Armando (11 de agosto de 2012). "Balaídos estrena maquillaje en el partido contra el Wigan". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  63. Hoxe Vigo. "Complexo Deportivo Balaídos". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2009. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  64. R.C. Celta de Vigo. "Instalacións". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2013. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  65. Federación de Peñas do R.C. Celta de Vigo S.A.D. "Nosas Peñas". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2013. Consultado o 27 de marzo de 2013. 
  66. Bacariza, Marcos L. "Portugal invade Turquía" (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2013. 
  67. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome abc.es
  68. de Sousa, Xosé Hadrián. "Non concebimos a defensa do Celta sen Galiza". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 27 de marzo de 2013. 
  69. ABC. "Y alguien para odiar". Consultado o 27 de marzo de 2013. 
  70. Crónica da final no partido de ida https://elpais.com/diario/2000/08/09/deportes/965772004_850215.html
  71. "Entrenadores Celta de Vigo". www.bdfutbol.com. Consultado o 2019-01-23. 
  72. "Lista de presidentes na páxina do Celta". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2011. Consultado o 25 de decembro de 2011. 
  73. "ABC (Madrid) - 27/07/1927, p. 20 - ABC.es Hemeroteca". hemeroteca.abc.es. Consultado o 2019-01-23. 
  74. Gallego Arzuaga, F. (1997): R.C. Celta 1923-1998. 75 años de historia. Faro de Vigo. Páx. 356.
  75. Y.C.M. (10 de novembro de 2023). "Marián Mouriño xa é presidenta do Celta". Nós Diario. 
  76. Campións do Campionato de Galicia en The Rec.Sport.Soccer Statistics Foundation (en inglés)
  77. "PALMARÉS - Los blancos alcanzan su 20º entorchado copero". RFEF.es (Web oficial da RFEF) (en castelán). 6 de maio de 2023. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2023. Consultado o 21 de maio de 2023. PALMARÉS DEL CAMPEONATO DE ESPAÑA - COPA DE SM EL REY 
  78. Real Federación Española de Fútbol (Marzo de 2011). "Historial" (PDF). Revista Oficial de la R.F.E.F. p. 70. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 18 de xullo de 2012. Consultado o 21 de maio de 2023. 
  79. Resultados das finais da Copa Intertoto na tempada 2000 na web oficial da UEFA (en castelán)
  80. El Celta se lleva la Copa Galicia en los penaltis en Marca (en castelán)
  81. "O Celta alza a Copa Xunta" en Faro de Vigo Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
  82. "El Celta barre al Real Madrid en el Trofeo Xacobeo". www.elmundo.es. Consultado o 2019-01-23. 
  83. "El Club". Real Club Celta de Vigo de Atletismo (en castelán). 2007-02-05. Consultado o 2019-01-23. 
  84. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2013. Consultado o 23 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]