Saltar ao contido

Rúa de San Francisco (Santiago de Compostela)

A Facultade de Medicina na rúa de San Francisco.

A rúa de San Francisco é unha rúa do centro histórico de Santiago de Compostela que vai desde a praza do Obradoiro até a igrexa de San Francisco.[1]

Características

[editar | editar a fonte]
Fachada da igrexa de San Francisco. Diante, á esquerda, monumento a San Francisco, obra de Francisco Asorey.

Na beira esquerda da dirección sinalada encóntranse, acaroados, a fachada leste do Hostal dos Reis Católicos (Parador) e a Facultade de Medicina da Universidade da cidade.[1]

Na beira dereita hai bares e moitas tendas de recordos para os turistas.[2]

Trátase dunha rúa tipicamente compostelá, completamente construída en pedra e cun ambiente moi especial onde se mesturan os estudantes que acoden á Facultade e os peregrinos que acceden á Catedral desde a avenida de Xoán XXIII.[1]

Problemas coa peonalización da rúa

[editar | editar a fonte]

O concello de Santiago anuncióu en 2017 a peonalización da rúa de San Francisco, como unha medida provisional. Pero tan só 24 horas despois do anuncio por parte de Raxoi, os comerciantes do centro histórico mostraron a súa descomformidade: «non vai solucionar nada e vai a crear aínda máis problemas», afirmou o presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello, quen indicou, ademais, que o primeiro que tiña que facer Raxoi «é eliminar os coches oficiais».
Desde o luns, 10 de xullo, quedará cortada ao tránsito a avenida de Xoán XXIII no treito comprendido entre o Burgo das Nacións e a confluencia coa rúa Entrerríos. «O obxectivo», indicaron os concelleiroes Jorge Duarte e Xan Duro, «é destinar unicamente ao tránsito peonil o contorno da igrexa de San Francisco, unha área na que se fai moi difícil a convivencia entre os peóns e os vehículos».[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]