Saltar ao contido

Río Om

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Om
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaÓblast de Novosibirsk, Rusia e Óblast de Omsk, Rusia Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaKhantia-Mansia, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Irtysh Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 56°12′05″N 81°23′16″L / 56.201405, 81.387772
54°58′54″N 73°22′10″L / 54.9817, 73.3694
Afluentes
Tartas (en) Traducir, Icha (en) Traducir, Achairka (en) Traducir, Q4064108 Traducir, Yelanka (en) Traducir, Icha (en) Traducir, Q4208477 Traducir, Kondusla (en) Traducir, Q4246034 Traducir, Lyacha (en) Traducir, Musikha (en) Traducir, Ryabkovka (en) Traducir, Sencha (en) Traducir, Tarbuga (en) Traducir, Ubinka (en) Traducir, Ugurmanka (en) Traducir, Uzakla (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaOb Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1.091 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica52.600 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal64 m³/s Editar o valor en Wikidata
Localización do río Om

O río Om (en ruso Река Омь) é un longo río siberiano, un afluente á marxe esquerda do río Irtysh. O seu curso ten unha lonxitude de 1.091 km e drena unha conca de 52.600 km² (maior en extensión que Costa Rica ou Eslovaquia).

Administrativamente, o río discorre polo oblast de Omsk e o oblast de Novosibirsk da Federación Rusa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O río Om nace na rexión dos pantanos de Vasiugán, no límite dos oblast de Novossibirsk e Omsk. Discorre en dirección oeste, desaugando pola dereita no río Irtych, na capital siberiana de Omsk.

Os seus principais afluentes son os ríos Icha (Ича) (240 km de lonxitude e unha conca de 3.300 km²), Ougourmanka, Ouzakla, Kama (Кама) e o máis largo de todos, o río Tartas (Тартас) (566 km de lonxitude e unha conca de 16.200 km²).

O río Om baña as localidades de Barabinsk (30.700 hab. en 2007), Kalatchinsk (23.607 hab. en 2008), Kouïbychev (48.200 hab. en 2007) e a capital, Omsk (1.131.100 hab. en 2008).

Ao igual que todos os ríos siberianos, sofre grandes períodos de xeadas (seis meses ao ano, desde finais de outubro-novembro até finais de abril-principios de maio) e amplas extensións de chan permanecen permanentemente conxeladas en profundidade (permafrost). Ao chegar a época do desxeo, inunda amplas zonas que se converten en terreos pantanosos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]