Saltar ao contido

Queratina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A queratina é unha proteína da serie das escleroproteínas que sintetizada constitúe os tecidos córneos da epiderme dos vertebrados. É o exemplo tipo de proteína fibrosa.

É unha proteína con estrutura secundaria con forma tridimensional de hélice α (α-queratina) ou de folla-β-pregada (β-queratina), constituídas por cerca de 15 aminoácidos, principalmente dun aminoácido sulfurado denominado cisteína. Esas estruturas aparecen porque os aminoácidos da queratina interactúan entre si a través de pontes de hidróxeno e ligazóns covalentes bisulfuro (-S-S-) denominadas ligazóns cisteínicas ou pontes disulfuro.